Wolfgang Pauli
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Wolfgang Ernst Pauli | |
---|---|
Nacemento: | 25 de abril de 1900 Viena, Austria |
Falecemento: | 15 de decembro de 1958 Zurich, Suiza |
Wolfgang Ernest Pauli (Viena, 25 de abril de 1900 - Zurich, 15 de decembro de 1958) foi un físico austríaco, nacionalizado suizo e logo estadounidense. Cóntase entre os pais fundadores da mecánica cuántica, en particular polo seu principio de exclusión, que ten como consecuencia que sexa imposible que dous electróns -nun átomo- poidan ter a mesma enerxía, o mesmo lugar, e idénticos números cuánticos.
Índice |
[editar] Biografía
Pauli naceu en Viena fillo de Wolfgang Joseph Pauli e Berta Camilla Schütz. O seu segundo nome Ernst lle foi dado en honrra ao seu patriño, o físico Ernst Mach. O pai de Wolfgang, Wolfgang Joseph Pauli (orixinalmente Wolf Pascheles), cuxos pais proviñan de importantes familias de orixe xudía de Praga, convertiuse do xudaísmo ao catolicismo pouco antes do seu casamento en 1899. A súa nai Bertha Schütz filla do escritor xudeu Friedrich Schütz criouse na relixión católica materna. A pesares de criarse no catolicismo, Pauli e a súa familia acabaron por deixar a relixión[1]
Estudou no Döblinger Gymnasium de Viena, onde se licenciou en física en 1918. Logo de tan só dous meses publicou o seu primeiro artigo sobre a Teoría da Relatividade Xeral de Albert Einstein. En xullo de 1921 logrou o seu doctorado en física, tutelado por Arnold Sommerfeld, na Universidade Ludovico-Maximiliano de Mónaco.
Sommerfeld, o seu padriño de tese doctoral, suxeriulle realizar un artigo sobre a relatividade para a "Enciclopedia de ciencias matemáticas", unha obra alemá. Dous meses logo de doctorarse Pauli concluíu o artigo, de 237 páxinas, recibindo eloxios de Einstein: publicado como monografía, é aínda hoxe unha das referencias básicas sobre o tema.
Foi nomeado profesor da Universidade de Hamburgo en 1923. Ó ano seguinte propuxo un cuarto número cuántico, necesario para poder especificar os estados enerxéticos do electrón, que pode adoitar os valores numéricos de ½ ou -½. A existencia destes números cuánticos, denominados de espín, foi verificada máis tarde. Son representativos das dúas direccións de xiro posibles sobre o eixe de rotación dos fermións, máis non representan na realidade un tal xiro, senón unha propiedade estrutural.
Pasou un ano na Universidade de Gotinga como asistente de Max Born, e ó ano seguinte trasladouse ó Instituto Niehls Bohr de Física Teórica en Copenhague.
En maio de 1929 Pauli abandona a Igrexa Católica e en decembro cásase con Katy Margarita Dëpner, da cal se divorcia en 1930, tras pouco menos dun ano de matrimonio.
En 1928 é nomeado profesor de Física Teórica na Escola Politécnica Federal de Zúrich, en Suiza. Baixo a súa dirección, esta institución converteuse nun importante centro de investigación nos anos precedentes á Segunda Guerra Mundial. Dicta despois algúns seminarios na Universidade de Michigan en 1931 e no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton en 1935.
En 1931 Pauli propuxo a existencia dunha partícula electricamente neutra e de masa nula, denominada con posterioridade neutrino por Enrico Fermi. En 1934 cásase con Francisca Bertram, xunto a quen permanecerá ligado ata a súa morte. A anexión de Austria por alemaña baixo o mando de Adolf Hitler en 1938 convérteo en cidadán alemán. En 1940, pola Segunda Guerra Mundial, trasladouse a Estados Unidos para facerse cargo da cátedra de física en Princeton.
En 1945 recibe o Premio Nobel de Física polo seu descubrimento do Principio de exclusión, obtendo a nacionalidade estadounidense en 1946. Finalizado o conflito mundial, regresa a Zurich. Alí morre un 15 de decembro ós 58 anos de idade.
[editar] Traballos científicos
Pauli fixo moitas contribucións importantes no seu traballo como físico, en particular na mecánica cuántica. Raramente publicou comunicacións científicas, preferindo a correspondencia con compañeiros (como Bohr e Heisenberg, con que tivo moita amizade.) Moitas das súas ideas e resultados nunca foron publicados, aparecendo só nas súas cartas, feitas copiar e reenviadas polos seus sorrespondentes. Aparantemente, a Pauli non lle preocupaba que moito do seu traballo quedara non acreditado. A continuación, preséntanse os máis importantes resultados acreditados:
No 1924, Pauli propuxo un novo grao de liberdade cuántica para resolver inconsistencias entre o espectro molecular observado e a teoría en desenvolvemento da mecánica cuántica. A raíz dese grao de liberdade, formulou o Principio de exclusión de Pauli, pode que o seu traballo máis mportante, que establece que dúas partículas non poden existir no mesmo estado cuántico (vg, dous electróns nun átomo). A idea de spin foi orixinal de Ralph Kronig. Uhlenbeck e Goudsmit identificaron, un ano despois, o grao de liberdade como o spin do electrón.
No 1926, pouco despois de que Heisenberg publicara a formulación matricial da mecánica cuántica, Pauli usouna pata derivar dela o espectro do átomo de hidróxeno, un resultado importante para afianzar a nova teoría.
No 1927, introduciu as matrices de Pauli como base para os operadores de spin, solución da tería de spin non relativista. Este traballo influenciou a Dirac de cara ó seu descubrimento da ecuación de Dirac para o electrón na relatividade.
No 1930, Pauli observou ó decaimento radioactivo do núcleo atómico. Nunha carta do 4 de dembro ás "Queridas radiactivas señoriñas e cabaleiros" (Lise Meitner et al.)], propuxo a existencia dunha inobservado ata aquel entón partícula neutra cunha pequena masa (non maior que o 1% da masa do protón), para explicar o espectro contínuo da radiación beta. No 1934, Fermi incorporou a partícula, á que chamou neutrino, na súa teoría do decaemento radiactivo. O neutrino foi observado experimentalmente no 1959.
No 1940, probou o teorema da estatística do spin, resultado crítico en teoría cuántica de campos que establece que as partículas con spin semi enteiro son fermións, mentras as partículas con spín enteiro son bosóns.
[editar] Referencias
[editar] Véxase tamén
- Principio de exclusión de Pauli
- Matrices de Pauli
[editar] Ligazóns externas
- Biografía de Wolfgang Pauli
- Páxina web do premio Nobel de Pauli (en inglés)
- Arquivos Pauli no servidor de documentación do CERN
- Exhibición virtual na ETH-Bibliothek, Zürich
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |