Dennis Gabor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dennis Gabor (en húngaro: Gábor Dénes) ( Budapest, Hungría 1900 - Londres, Reino Unido 1979 ) foi un profesor universitario e físico húngaro galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1971 polo descubrimento da holografía.
[editar] Biografía
Naceu o 5 de xuño de 1900 na cidade de Budapest, naqueles momentos formando parte do Imperio austrohúngaro e que hoxe en día é a capital de Hungría. Estudou física entre as universidades de Budapest e Berlín, doutorándose no ano 1927 cunha tese doutoral sobre os raios catódicos.
En 1933 fuxiu da Alemaña nazi establecéndose no Reino Unido, onde traballou no departamento de desenvolvemento da British Thomson-Houston Company en Rugby, situada no condado de Warwickshire. En 1948 ingresou no Imperial College de Londres e no 1958 accedeu a unha praza de profesor de física aplicada, que ocupou ata a súa xubilación no ano 1967.
Gabor morreu o 9 de febreiro de 1979 na cidade de Londres, cidade onde fixara a súa residencia.
[editar] Investigacións científicas
Tras iniciar as súas investigacións no mundo da óptica con traballos sobre o osciloscopio e o tubo de raios catódicos, en1947 inventou un sistema fotpgráfico denominado holografía. Este sistema consistía en crear imaxes sobre apoio plano que por ilusión óptica parecen ser tridimensionais, pero a súa comercialización e éxito non foi efectivo ata a invención no ano 1962 do láser, e a creación do primeiro holograma no ano seguinte. Pola invención da holografía, un gran avance tecnolóxico no mundo da fotografía, no 1971 foi galardoado co Premio Nobel de Física.
Gabor tamén investigou o xeito no cal se comunican e escoitan os seres humanos. O resultado destes traballos foi a primeira teoría da síntese granular, termo creado polo músico grego Iannis Xenakis. Foi o introductor do denominado concepto de Filtro de Gabor, unha variante local da Transformada de Fourier, moi utilizada hoxe en día no mundo das telecomunicacións e procesamiento de imaxes.
[editar] Ligazóns externas
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |