Nevill Francis Mott
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nevill Francis Mott (Leeds, Inglaterra 30 de setembro 1905 - Milton Keynes 8 de agosto 1996) foi un físico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1977.
[editar] Biografía
Mott naceu o 30 de setembro de 1905 na cidade inglesa de Leeds, e creceu en Giggleswick, na área do West Riding de Yorkshire, onde o seu pai era Profesor Senior de Ciencias na escola local. En xeral, a súa nenez foi secular. Debido aos traballos do pai, a familia mudouse a Staffodshire, despois a Chester e finalmente a Liverpool, onde o seu pai fora nomeado Director de Educación. Ao principio, Mott foi educado na casa pola súa nai, que era licenciada en Matemáticas na Universidade de Cambridge. Os seus pais coñecéronse no Laboratorio Cavendish mentres ambos facían investigacións de Física.
Aos dez anos empezou a súa educación formal no Clifton College de Bristol; máis tarde estudou no "St John's College" da Universidade de Cambridge.
Iniciou a súa tarefa docente na Universidade de Manchester, posteriormente pasou por Cambridge en 1930 como conferenciante da "Escola Gonville e Caius" e finalmente rematou en Bristol como profesor de física teórica. En 1954 ingresou no Laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge, onde estaría ata 1971.
En 1936 foi nobrado membro da Royal Society, e en 1962 a raíña Isabel II concedeulle o título de cabaleiro do Imperio Británico (sir). Na década de 1960 foi nomeado presidente do grupo británico presente nas Conferencias Pugwash de Ciencia e Asuntos Mundiais.
[editar] Investigacións científicas
Mott iniciou as súas investigacións científicas en Cambridge baixo as ordes de R. H. Fowler, para posteriormente ampliar os seus coñecementos en Copenhague (Dinamarca) baixo a dirección de Niels Bohr e finalmente en Göttingen (Alemaña) á beira de Max Born.
Inicialmente centrouse en explicar teoricamente o efecto da luz nunha emulsión fotográfica e contornear a transición de substancias metálicas aos estados non-metálicos, o que se coñece como a transición de Mott.
En 1965 iniciou as súas investigacións sobre o ferromagnetismo e a supercondutividade, investigacións polas cales foi galardoado en 1977 co Premio Nobel de Física xunto a Philip Warren Anderson e a John Hasbrouck van Vleck.
[editar] Ligazóns externas
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |