Max Born
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Max Borne ( Wrocław, Polonia 1882 - Göttingen, Alemaña 1970 ) foi un matemático e físico británico, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1954 pola súas investigacións en mecánica cuántica.
[editar] Biografía
Naceu a 11 de decembro de 1882 na cidade de Wrocław, hoxe en día sita en Polonia pero que naqueles momentos formaba parte do Imperio Alemán. estudou bacharelato ao König-Wilhelm-Gymnasium e posteriormente matemáticas e física na Universidade de Wrocław, Heidelberg e Zúric, doutorándose o ano 1906 en Göttingen. Profesor nas universidades de Berlín, Frankfurt-am-Main, Göttingen, Cambridge e Edimburgo, en 1939 foi admitido membro da Royal Society británica.
Born morreu o 5 de xaneiro de 1970 na cidade de Göttingen.
[editar] Investigacións científicas
Entre 1915 e 1919 foi profesor de física teórica na Universidade de Berlín, onde coñeceu e relacionouse con Albert Einstein.
A partir de 1921 na Universidade de Göttingen iniciou as súas investigacións científicas, xunto ao seu asistente Werner Heisenberg, e relacionándose tamén con Wolfgang Pauli. Ambos os dous físicos formularon a representación mecánica da matriz do quanto a partir dun primeiro borrador de Heisenberg no cal formulaba a teoría do quanto evitando as representacións concretas pero inobservables da órbita do electrón usando parámetros como a probabilidade da transición. Diante deste feito Born recoñeceu que a formulación podía ser transcrita na lingua das matrices, que aprendera xunto a David Hilbert.
En 1933 Born abandonou Alemaña para refuxiarse na Universidade de Cambridge pola súa orixe xudea, aínda cando el profesaba a relixión luterana así como pola seu pacifismo. En 1936 foi nomeado profesor de Filosofía Natural na Universidade de Edimburgo, cargo que desenvolveu ata o 1953.
En 1954 voltou ao seu país e foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Walther Bothe, polas súas investigacións na mecánica cuántica, especialmente no estudo da función das ondas. En 1955 foi un dos 11 científicos e intelectuais que asinaron o Manifesto Russell-Einstein.
[editar] Ligazóns externas
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |