Val de Aosta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Capital | Aosta / Aoste |
Presidente | Luciano Caveri (Union Valdôtaine) |
Provincias | Non hai |
Concellos | 79 |
Superficie | 3.263km² |
- Ranking | 20º (1,1 %) |
Poboación (2001) - Total - Ranking |
120.909 20º (0,w %) 37/km² |
O Val de Aosta (en italiano Valle d'Aosta, en francés Vallée d'Aoste e en francoprovenzal Val d'Oûta) é unha rexión autónoma con estatuto especial da Italia noroccidental. Ten perto de 120.000 habitantes e a capital é Aosta.
Limita ao norte con Suíza (Cantón Valais (en italiano Valese)), ao oeste con Francia (departamentos da Alta Savoia e de Savoia, na rexión de Rhône Alpes), ao sur e ao leste co Piemonte (provincias de Torino, Biella e Vercelli).
Índice |
[editar] Etimoloxía do nome
O nome de Val de Aosta ten unha derivación histórico-xeográfica clara. Val como nome do territorio que caracteriza a rexión e Aosta como derivación do nome do acampamento romano Augusta Praetoria, chamado así en honor ao Emperador Octavio Augusto.
[editar] Xeografía
O territorio do Val de Aosta, situado no extremo noroccidental de Italia, é totalmente montañoso. Altas montañas circundan a rexión: o Mont Blanc (Monte Bianco) acada os 4810 metros de altitude e é cota máis elevada de Europa. O Mont Blanc sitúase na fronteira con Francia; un amplo complexo de autoestradas asegura a fluidez nas conexións terrestres. A parte meridional do territorio está ocupada polo Parque Nacional do Gran Paradiso (Parco Nazionale del Gran Paradiso/Parc National du Grand-Paradis) instaurado no 1922 para salvagardar árbores e algunhas especies animais en vía de estinción. A poboación concéntrase ao longo no percorso do río Dora Baltea (en francés Doire Baltée) e nos vales menores. Os vales xurdiron como excavacións do xeo en movimento que nun tempo recobrían toda a rexión. Agora os xeos só ocupan os cumios das montañas máis altas.
[editar] Clima
O clima é típicamente alpino, con invernos fortes e veráns frescos. Só no val que percorre o río Dora Baltea desfrutan de condicións climáticas máis suaves. Durante o inverno caen abondosas nevaradas.
[editar] Historia
Habitada dende o século V a.C. pola poboación dos Salassi, no 25 a.C. foi conquistada polos romanos, que fundaron Augusta Praetoria, a actual Aosta. Importante, dende o punto de vista militar e estratéxico para o control dos vales alpinos desta zona fronteiriza coas actuais Francia e Italia, no Medievo foi obxecto de desputa e conquista por parte de numerosos pobos e reinos. Inserta no Reino de Borgoña no 904, en 1032 convértese en condado baixo o mando de Umberto Biancamano. Dende entón o seu destino estivo ligado á dinastia dos Savoia, que no 1302 o convertiría en ducado e lle concedeu ampla autonomía. Dadas as características naturais da rexión, a nobreza feudal sempre tivo un peso preponderante na súa historia política e social, sendo construidos numerosas fortalezas e castelos, que se convertiron en importantescentros de vida política, económica e cultural, ademáis de militar.
A Igrexa, presente con numerosos mosteiros, tivo notable influencia sobre a poboación do val, o que fixo que nos tempos da Revolución Francesa (no fin do século XVIII) e nas décadas posteriores fsei un reducto das ideas máis tradicionais e reaccionarias. A partir da unificación de Italia (1861) o Val de Aosta tentou sempre conservar as tradicións propias e a especificidade lingüística e cultural.
O fascismo de benito Mussolini tentou italianizar o Val de Aosta, suprimindo numerosas escolas locais, instaurando o uso exclusivo do italiano nos xuízos, suspendendo o ensino do francés, italianizando os topónimos e eliminando os xornais francófonos Le Duché d'Aoste, Le Pays d'Aoste, La Patrie valdôtaine e prohibindo o francés na prensa escrita. Economicamente, durante séculos o Val de Aosta viviu só da agricultura e da gandeiría, o que provocaría que a poboación emigrase temporalmente a Francia ou Suíza na busca de traballos temporais ou a emigrar definitivamente.
Convertida en rexión autónoma en 1945, con Federico Chabod como primeiro presidente, obtivo da República Italiana a concesión do Estatuto Especial no 1948. A tendencia demográfica e económica só mudou despois da Segunda Guerra Mundial (1939-1945), cun desenvolvimente turístico e industrial que produciu un fenómeno inmigratorio. Actualmente a rexión, que ten unha poboación de pouco máis de 120.000 habitantes, ten unha renda per cápita entre as máis altas de Italia, grazas ao importante benestar do industrioso norte italiano que transformou o Val de Aosta nun dos destinos turísticos favoritos.
[editar] Linguas faladas no Val de Aosta
Aínda que o francés ten estatus de cooficialidade na rexión, tamén se fala o francoprovenzal ou arpitano e outros dialectos de orixe latina, coa única excepción do Walser (alemán falado no Cantón de Valais, Suíza).
- Italiano: 71,5%
- Francoprovenzal: 16,2%
- Calabrés: 1,1%
- Piemontés: 1%
- Francés: 0,99%
- Veneto: 0,4%
- Sardo, walser e outros: 8,81%
[editar] Principais concellos do Val de Aosta
- Aosta: 34.270 habitantes
- Châtillon: 4.846 habitantes
- Pont-Saint-Martin: 3.957 habitantes
- Quart: 3.318 habitantes
- Saint-Vincent: 4.833 habitantes
- Sarre - 4.434 habitantes
Rexións de Italia | ||
Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto |