See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Liguria - Wikipedia

Liguria

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cinque Terre (Liguria)
Cinque Terre (Liguria)

A Liguria é unha rexión de Italia de 1.607.878 habitantes, situada no noroeste da península itálica e que ten como capital a cidade de Xénova. Limita ao sur co Mar de Liguria, ao oeste con Francia (rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, ao norte co Piemonte e coa Emilia-Romagna e ao leste coa Toscana. Inserta entre as cadeas montañosas dos Alpes e os Apeninos e o mar, a rexión subdivídese habitualmente en dúas partes delimitadas á altura da capital: a Ribeira de Poñente (en italiano Riviera di Poniente) e a Ribeira de Levante (en italiano Riviera di Levante).


Índice

[editar] Xeografía

Cos seus 5.410 km², a Liguria é unha das rexións máis pequenas de Italia, despois do Val de Aosta e Molise, pero é unha das máis densamente poboadas, vivindo nela más de 1,5 millóns de habitantes, cunha densidade de 292 hab/km², moi por encima da media italiana, sendo a terceira en densidade despois da Campania e a Lombardía. A rexión comprende o territorio entre os Alpes marítimos e os Apeninos ao norte, e o Mar da Liguria ao sur, cunha cadea ininterrumpida que constitúe unha auténtica dorsal que se presenta contínua no seu desenvolvimento (orientado segundo dúas ás: SW/NE e NW/SE que se encontran a algúns quilómetros ao oeste do centro de Xénova), pero discontínua na súa morfoloxía, con treitos nos que a dorsal alpino/apenina se presenta estreitamente compacta e elevada aliñando grupos montañosos de grande altura, metres noutros treitos a barreira montañosa é pouco elevada e profundamente incisa por breves vales trasversais . O mar da Liguria, fronte á Liguria, é un brazo do mar Mediterráneo e o Golfo de Xénova constitúe unha parte importante del, mentres o segundo golfo máis grande é o da Spezia. Entre os dous grandes golfos, encóntrase o Golfo do Tigullio, que vai de Portofino a Sestri Levante. As costas son en xeral altas e rochosas, sobretodo na Ribeira de Levanta, mentres a poñente son normalmente máis baixas e areosas. As costas están interrompidas por esteiros de pequenos ríos, moitas veces de carácter torrencial, que surcan perpendicularmente o territorio desde o fondo dos vales á costa.

[editar] Territorios

Val de Magra (no Golfo da Spezia)
Val de Magra (no Golfo da Spezia)

No ámbito da subdivisión administrativa provincial, encontramos unha serie de ámbitos xeográficos de forte connotación ambiental e paisaxística

Provincia de Xénova Provincia de Imperia Provincia da Spezia Provincia de Savona
  • Golfo Paradiso
  • Tigullio
  • Val Bisagno
  • Val de Aveto
  • Val de Orba
  • Val Fontanabuona
  • Val Graveglia
  • Val Lerone
  • Val Petronio
  • Val Polcevera
  • Val Trebbia
  • Val Argentea
  • Val Scrivia
  • Val Stura
  • Val Sturla
  • Val Argentina
  • Val Armea
  • Val Intemelia
  • Cinque Terre
  • Golfo dei Poeti
  • Val de Magra
  • Val de Vara
  • Altoplano de Mànie
  • Val Bormida
  • Val Lerrone
  • Val Merula
  • Val Neva
  • Val Arroscia
  • Val Pennavaira
  • Alto Val de Orba
Provincias da Liguria

[editar] División administrativa

A Liguria divídese en catro provincias:

[editar] Demografía

As principais cidades da Liguria son as seguintes:

Sanremo (provincia de Impera, Liguria)
Sanremo (provincia de Impera, Liguria)
Concello Provincia Poboación (hab.)
Xénova Provincia de Xénova 618.438
La Spezia Provincia da Spezia 94.263
Savona Provincia de Savona 61.766
Sanremo Provincia de Imperia 57.120
Imperia Provincia de Imperia 40.900
Rapallo Provincia de Xénova 30.224
Chiavari Provincia de Xénova 27.844
Ventimiglia Provincia de Imperia 25.509
Albenga Provincia de Savona 23.588
Sarzana Provincia da Spezia 20.405

[editar] Economía

Porto de Xénova
Porto de Xénova

A economía da Liguria ten a súa base na forte actividade dos seus portos, especialmente nos de Xénova, La Spezia e Savona, que impulsaron o comercio marítimo, a actividade naval e o turismo. A importación de materias primas a través dos porto tamén favoreceu o desenvolvimento da industria siderúrxica, petroquímica, química e mecánica.




Rexións de Italia Bandeira de Italia

Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -