Biella
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Biella (en piemontés Bièla) é un concello de 45.822 habitantes, capital da provincia homónima, na rexión do Piemonte (Italia).
[editar] Xeografía
Biella está situada aos pés dos prealpes bielleses. A conexión ás grandes vías de comunicación do norte de Italia está garantida grazas á estrada estatal 142 Biellese e as autoestradas A4 Torino-Milán, A5 Torino-Aosta e A26 Xénova-Gravellona Toce. No concello limítrofe de Cerrione está localizado un pequeno pero ben equipado aeroporto turístico.
[editar] Economía
A economía de Biella está tradicionalmente ligada ao sector textil, e en particular a lá. A elaboración da lá ten orixes antigas e o seu desenvolvimento determinou o tecido económico da área, con grandes e importantes empresas do sector, entre as que cabe lembrar, pola importancia que aínda manteñen, o grupo Ermenegildo Zegna ou o grupo Cerruti 1881.