Leifr Eiríksson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Leif Eriksson ou Leifr Eiríksson (en nórdico antigo), O afortunado (nado en 970 e morto en 1020), explorador vikingo, soado pola súa viaxe a América.
Naceu en Islandia. Fillo do explorador noruegués Erik o Vermello, continuou a tarefa de colonización cara ao oeste iniciada polo seu pai. Arredor do ano 1000, guiado polos relatos do comerciante Bjarni Herjólfsson, dirixiuse cara ao oeste e pasou un inverno nunha terra á que nomeou Vinlandia e que describiu como abundante en salmóns e pasteiros. O campamento constituiría o primeiro asentamento europeo en América, cincocentos anos antes de que Cristovo Colón chagase. O seu irmán Thorvald Eriksson foi o primeiro europeo en ter contacto con amerindios, e tamén a súa primeira vítima. O campamento, Leifbundir, estaba situado no estremo norde da illa de Terranova, no lugar coñecido actualmente como L'Anse aux Meadows e durou só unhas décadas antes de ser abandonado, por mor da agresividade dos indíxenas e pola continua fustrigación que sufrían os colonizadores.
[editar] Vexa tamén
- Descubrimento de América
- Colonización vikinga en América