Cassiopeia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Casiopea (homónimos).
Cassiopeia | |
---|---|
Nome Latino | Casiopea |
Abreviatura | Cas |
Xenitivo | Cassiopeiae |
Simboloxía | A Raiña |
Ascensión Recta | 1 h |
Declinación | +60° |
Área | 598 graos cadrados
Rango 25º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
4 |
Estrela máis brillante | α Cas (Schedar)
(magnitude ap. 2.23) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
colindantes |
|
Visible en latitudes entre +90° e −20°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro |
|
Esta constelación do norte ten coma característica inconfundible a súa forma de M ou W. Ó ser tan dóado o recoñecela é moi usada para busca-lo Norte cando a Osa Maior non é visible.
Índice |
[editar] Estrelas principais
- α Cassiopeiae (Schedar ou Schedir), estrela xigante laranxa, a máis brillante da constelación con magnitude aparente 2,24.
- β Cassiopeiae (Caph), segunda estrela máis brillante de magnitude 2,28, unha xigante amarela.
- γ Cassiopeiae (Tsih), localizada no centro da W da constelación, é unha estrela variable eruptiva, prototipo das variables Gamma Cassiopeiae. Na súa intensidade máxima supera en brillo a Schedar.
- δ Cassiopeiae (Ksora ou Ruchbah), estrela branca e binaria eclipsante de magnitude 2,66.
- η Cassiopeiae (Achird), estrela binaria formada por unha anana amarela e unha anana laranxa, a só 19 anos luz da Terra.
- θ Cassiopeiae, tamén coñecida como Marfak, estrela branca a 137 anos luz.
- ι Cassiopeiae, un sistema estelar triple cando se observa cun pequeno telescopio.
- κ Cassiopeiae, superxigante azul ó norleste de Caph a uns 4100 anos luz.
- λ Cassiopeiae, estrela binaria coas súas dúas compoñentes moi semellantes entre si.
- μ Cassiopeiae, estrela binaria subanana a só 24,6 anos luz da Terra. Comparte o nome de Marfak con θ Cassiopeiae.
- ο Cassiopeiae, dúas estrelas separadas 33,6 segundos de arco, unha das cales é unha binaria espectroscópica.
- ρ Cassiopeiae é V509 Cassiopeiae, estrelas hiperxigantes amarelas, das máis luminosas da nosa galaxia.
- σ Cassiopeiae, sistema dobre cunha separación de 3,1 segundos de arco.
- φ Cassiopeiae, estrela que aparece xunto ó cúmulo NGC 457 aínda que non forma parte del.
- 6 Cassiopeiae, estrela superxigante branca moi luminosa de magnitude 5,43.
- AO Cassiopeiae, binaria eclipsante de magnitude 6,10, cunhas compoñentes que están tan cerca que intercambian materia entre si.
- HD 17156, estrela subxigante amarela cun planeta.
- Gliese 22 (V547 Cassiopeiae), estrela múltiple a 33 anos luz composta por tres ananas vermellas, onde se descobreu a existencia dun planeta extrasolar orbitando ó redor da compoñente máis alonxada do sistema.
- Gliese 892, anana laranxa de magnitude 5,57, a 21,25 anos luz da Terra.
- 3C 58, unha estrela de neutróns, candidata a ser estrela de quarks.
- 4U 0142+61, unha estrela magnetar cun disco circumestelar ó seu redor.
[editar] Obxectos Notables do espazo profundo
- NGC 457, cúmulo aberto ó suroeste de Ksora (δ Cas) na M. AR: 01h 19m 06.0s Dec: +58°20'00" (Época 2000).
- NGC 436, cerca do anterior, é mellor observarlo con telescopios grandes. AR: 01h 15m 36.0s Dec: +58°49'00" (Época 2000).
- M103 (NGC 581), cúmulo de magnitude 7 localizado ó norleste de Ksora (δ Cas). AR: 01h 33m 12.0s Dec: +60°42'00" (Época 2000).
- M52 (NGC 7654), cúmulo aberto a 5º ó noroeste de Caph (β Cas). AR: 23h 24m 12.0s Dec: +61°35'00" (Época 2000).
- NGC 7635, nebulosa de emisión con forma de burbulla. AR: 23h 20m 42.0s Dec: +61°12'00" (Época 2000).
- NGC 7789, cúmulo aberto. AR: 23h 57m 00.0s Dec: +56°44'00" (Época 2000).
- NGC 147 e NGC 185, galaxias ananas que forman parte do Grupo Local. Ambas son satélites da Galaxia de Andrómeda.
- Dwingeloo 1 e Dwingeloo 2, galaxias relativamente próximas pero descobertas só recentemente ó estar visualmente cerca do plano da Vía Láctea.
- IC 10 galaxia anana cun burato negro denominado IC 10 X-1 (desc. 2007)
[editar] Mitoloxía
Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. A raíña Casiopea facía fachenda da beleza da súa filla e comparabáa coas Nereidas, fillas do deus do mar Nereo. Éstas, indignadas por tal atrevemento, pidironlle a Poseidón vinganza e el coma resposta enviou ó monstro mariño (Cetus) ás costas do país causando grandes males.
Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consulta ó oráculo de Amón, quen aconsellou sacrificar a Andrómeda colocandoa atada a unha rocha nun acantilado para que fora víctima do monstro.
Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou á víctima e no acto namorouse dela. Propusolle ó rei liberala, a cambio de que se lle concedese a súa man; Perseo mata monstro e posteriormente casáse con Andrómeda.
[editar] Vésase tamén
[editar] Ligazóns externas
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Cassiopeia (en inglés)
- The clickable Cassiopeia (en inglés)
- Traditional astrological talisman of Cassiopeia (en inglés)
- Star Tales – Cassiopeia (en inglés)
As 88 constelacións modernas |
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hidra | Hidrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |