See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ano luz - Wikipedia

Ano luz

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano (Ano Gregoriano Medio) e a unha velocidade de 299.792.458 m/s.

Para calcular o valor en quilómetros de 1 ano luz, utilizando a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un Ano Gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días. Así temos que o ano luz mede 9.460.536.207.068,016 km (aproximadamente 9,46 billóns de quilómetros); ou tamén 63.241 unidades astronómicas (UA).

Outras unidades empregadas para medir distancias espaciais son o Parsec (equivalente a 3,26 anos luz) e mais o Segundo luz.

[editar] Feitos Varios

  • A luz bota case 8,3 minutos en chegar do Sol á Terra.
  • A sonda espacial máis distante, Voyager 1 estaba a 12,5 horas luz de distancia da Terra en xaneiro de 2004.
  • A estrela máis próxima coñecida, Proxima Centauri está a 4,22 anos luz de distancia.
  • Plutón está a 4 horas luz.
  • Alpha Centauri atópase a 4,3 anos luz.
  • Vega está a 26 anos luz.
  • A nosa galaxia, a Via Láctea, ten case 100.000 anos luz de diámetro.
  • O universo observable ten un radio de case 13.700 millóns de anos luz. Isto é porque o Big Bang ocorreu hai arredor de 13.700 millóns de anos (cunha incertidume de +/- 200 millóns de anos) e é imposible ver máis alén dese tempo. Ese radio expándese en todas as direccións á medida que pasa o tempo, é dicir, á velocidade de un segundo luz por segundo.

Como a nosa galaxia ten 100.000 anos luz de diámetro, unha nave espacial hipotética, viaxando próxima á velocidade da luz, precisaría de pouco máis de 100.000 anos para cruzala. Mentres que, iso só é verdade para un observador en repouso con relación á galaxia; a tripulación da nave espacial faría esa viaxe en apenas algúns minutos. Iso por causa da dilatación temporal dos reloxos en movemento explicada pola teoría da relatividade espacial. Por outro lado, a tripulación vería unha contracción da distancia da galaxia: do punto de vista deles, a galaxia aparentaría moi curta.

[editar] Vexa Tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -