See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Andrómeda - Wikipedia

Andrómeda

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esta páxina refírese á mitoloxía grega. Para outros significados de Andrómeda ver Andrómeda (homónimos)

Andrómeda por Gustave Doré (1832-1883).
Andrómeda por Gustave Doré (1832-1883).

Na mitoloxía grega Andrómeda (en grego antigo Ἀνδρομέδα, 'gobernante dos homes') era filla de Cefeo e de Casiopea, reis de Etiopía.

Casiopea, habendo presumido ser tan bela como as Nereidas, provocou a furia de Poseidón, quen enviou unha inundación sobre a terra e un monstro mariño, Ceto, para que acabase con homes e gando. Sabendo polo oráculo de Amón que non poderían atopar unha solución ata casar á súa filla Andrómeda co monstro, o rei Cefeo deixouna encadeada a unha rocha, espida e con xoias.

Perseo, cabalgando polo aire co seu cabalo alado Pegaso de volta tras matar á Gorgona, viu a Andrómeda e namorouse dela. Baixou á praia a falar con Cefeo e Casiopea para pedir a súa man se a libraba do monstro mariño. Os pais aceptaron de mala gana. Perseo con Pegaso loitou co monstro mariño, matouno e usou a cabeza da Medusa (que convertía en pedra a quen a miraba e que conseguira cortar Perseo anteriormente) para petrificar ao animal e convertelo en coral. Despois desatou a Andrómeda e, cando se querian casar, Casiopea negouse porque xa lle prometera a man de Andrómeda ao príncipe Agenor. Perseo loitou contra Agenor e o seu séquito e logo de matar a moitos viuse obrigado a usar a cabeza da Medusa e petrificó aos que quedaban. Andrómeda casou felizmente con Perseo.

Andrómeda marchou tras o seu marido a Tirinto en Argos, e converteuse na nai de seis fillos (os Perseides): Perses, Alceo, Méstor, Heleo, Electrión e Esténelo, e unha filla, Gorgófene. Os seus descendentes gobernaron Micenas desde Electrión ata Euristeo, tras quen Atreo obtivo a coroa, e inclúe ao gran heroe Heracles. Segundo esta mitoloxía, Perses é o devanceiro dos persas.

Tras a súa morte, Andrómeda foi situada por Atenea entre as constelacións do ceo do norte, preto de Perseo e Casiopea. Sófocles e Eurípides (e en época máis recente Pierre Corneille) escribiron varias traxedias a partir da historia, e os seus incidentes foron representados en numerosas obras de arte antigas.

Andrómeda é representada no ceo do hemisferio norte pola constelación Andrómeda, que contén a galaxia de Andrómeda.

Este mito foi representado nunha versión modificada da película de 1981 Furia de Titáns.

[editar] Fontes


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -