Xenitivo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
CASOS |
LATINOS |
Nominativo |
Vocativo |
Acusativo |
Xenitivo |
Dativo |
Ablativo |
Outros casos |
[editar] Concepto
Nome dun caso que nas linguas flexivas é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento do Nome ou Modificador, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de complemento dun verbo, Complemento Circunstancial, etc: polaco "dobrej szafy" ("de bo armario")
Proceden do xenitivo frases pettrificadas que na nosa lingua xeraron un vocábulo: FIL(IU) ECCLESIAE> fregués, AURI FRESU> ourive, COMITE STABU(LI> condestable, os días da semana: DIES MARTIS, DIES IOVIS, VENERIS, DIES LUNAE (+s), DIES MERCURII (+s)
[editar] Xenitivo Saxón
Unha das poucas pegadas "flexivas" que permanecen no inglés actual: "Antonio?s brother came yesterday"
Hoxe en día, moitos lingüistas negan que o xenitivo saxón sexa un caso. Arguméntano dicindo que se converteu nunha partícula clítica que, aínda que sempre aparece xunto a un nome, está claramente separada del: "The ambassador of Iceland`s wife was very welcome". Se o `s que aparece detrás de Iceland fose un caso do nome, entón a muller seríao do país Islandia. Así a todo, a muller éo de todo o sintagma nominal "The ambassador of Iceland".
Leonard Bloomfield no seu libro Language (1935, pp.203-6), clasificou o xenitivo saxón como un determinante máis. Da mesma forma cós outros posesivos "my, your, his,...".