See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xabaril - Wikipedia

Xabaril

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xabaril
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Suidae
Xénero: Sus
Nome científico
Sus scrofa
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: xabarín.

O xabaril (tamén chamado xabarín, cocho bravo ou porco bravo, Sus scrofa) é un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado como o antepasado a partir do cal evoluiu o actual porco doméstico (Sus domesticus ou Sus scrofa domesticus). O xabarín ten ampla distribución xeográfica, desde a Europa, zona do Mar Mediterráneo até a Asia e Indonesia.

O xabaril ten unha cabeza relativamente grande, triangular e boca provista de caninos grandes. A pelaxe é rixa e é de cor acastañada. É un animal omnívoro, con preferencia por vexetais. Pesa entre 130 e 200 kg e mide entre 125 e 180 cm de cumprimento, e cerca de 100 cm de altura. O tempo de vida medio é de cerca de 20 anos. Os xabarís son animais gregarios que viven en grupos familiares de cerca de 20 individuos de algunhas femias e as súas crías. Os machos viven isolados e xúntanse ao grupo só na época de reprodución que decorre no Outono.

Desde a Antigüidade Clásica á Idade Media, o xabaril foi sempre considerado como especie cinexética de prestixio, especialmente os machos adultos que eran vistos como o paradigma da coraxe e bravura. Antes do advento das armas de fogo, o xabaril era cazado usualmente cun tipo de lanza específico para o obxectivo. A caza ao xabaril é aínda hoxe en día moi popular.

En Galicia debido á súa caza masiva quedou reducido á zona oriental ata que a partir de 1960, por mor do abandono do monte polo home e a diminución doutras especies, comezou de novo a esparexirse de novo por case todo o país.

[editar] Os xabarís na cultura e mitoloxía

As referencias culturais ao xabaril son abundantes desde polo menos a Grecia Antiga:

  • A caza do xabaril é unha escena que aparece con frecuencia na mitoloxia céltica irlandesa.
  • Un dos Doce Traballos de Hércules foi cazar o xabaril de Eurimanto
  • O xabaril foi o símbolo das lexións XX Valeria Victrix e X Fretensis
  • Era o prato preferido na aldea gaulesa de Asterix e Obelix
  • É un animal común na heráldica medieval europea
  • Foi o símbolo persoal do rei Ricardo III de Inglaterra


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -