Heráldica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A heráldica é unha das ciencias auxiliares da historia e da arte. Ocúpase do estudo da composición e do significado dos escudos de armas ou brasóns.
A disciplina nace arredor do século XII e ten nos seus comezos unha aplicación práctica: permite identificar por debaixo da súa armadura ó guerreiro que porta un determinado escudo e adscribilo a algún dos bandos enfrontados nun lance. Co tempo, a heráldica foi extendedo o seu ámbito para abranguer a identificación non só de persoas, mais de corporacións, poboacións, entidades públicas, etc.
Fronte a outras simboloxías, a heráldica caracterízase pola asunción dun conxunto de normas ríxidas para a composición dos escudos de armas e a transmisión das armarías a través de xeracións como elemento identificador da liñaxe. En efecto, a heráldica posúe as súas propias leis, como a da prohibición de que nun escudo figure metal sobre metal ou cor sobre cor. Ó longo da historia, estas leis fixéronse tan complexas que nin os señores que detentaban un escudo determinado podían interpretalo correctamente, polo que se crea a figura do rei de armas, un funcionario que se encarga de deseñar e interpretar os escudos heráldicos.
Os escudos de armas constan das seguintes compoñentes:
- Campo: é a superficie do escudo no seu interior, que dará ó brasón a súa forma redonda, ovalada, apuntada, etc. O campo pódese dividir en partes iguais ou desiguais.
- Figuras: son os obxectos ou seres representados no campo. Poden ser naturais (seres que existen no mundo real ou a representación dalgunha das súas partes) ou artificiais (seres fantásticos, obxectos comúns ou específicos da simboloxía da heráldica)
- Esmaltes: son as cores ou os metais que cobren o campo, as figuras e calquera adorno do escudo. As cores só poden ser cinco: sable (negro), gules (vermello), azur (azul), sinople (verde) e púrpura. Os metais poden ser ouro ou prata.
Os escudos de armas poden ter adornos arredor, denomínanse timbres e son de diferentes tipos:
- Os elmos e as coroas representan diferentes graos de nobreza, desde o fidalgo ata o rei.
- Os tenantes son figuras que se sitúan ós lados do escudo, como sosténdoo.
- Mantos e insignias
- Lambrequíns (especie de choreirras que caen desde a parte superior do escudo por ambos lados)
- Motes e lemas.
O lado esquerdo da composición heráldica denomínase "sinistra" e o dereito "destra". O escudo descríbese coma se mirásemos un espello; isto é, a esquerda é a dereita do observador.
Por exemplo, un escudo que levase pintado un carballo de cor verde, nun fondo branco cunha banda vermella desde unha punta a outra do campo, e que estivese sostido por un unicornio branco encabritado á esquerda do observador e por un grifo verde á dereita, descibiríase así:
"En campo de prata, unha banda de gules. En abismo, un carballo de sinople. Teñen o escudo a destra un grifo de sinople e a sinistra un unicornio rampante de prata".
1. Heráldica | |
---|---|
heráldica - terminoloxía da heráldica - escudo - brasón - brasonaxe - armorial | |
2. Divisións do escudo | |
puntos, lugares ou ubicacións no campo: xefe - cantón - abismo - punta - pao - barra - banda - faixa | particións do campo | |
2.1. Fondos | |
fondo - cor - esmalte - metal - estaño | ouro - prata | sabre - azur - gules - sinople | aceiro - alaranxado - aurora - encarnado - púrpura - sanguíneo - taníneo | |
2.2. Forros | |
forro | armiño - vair - potent | |
3. Figuras, cargas ou carganzas | |
pezas e mobles (mobles) / sotuer - chevrón | águia - león - lobo - oso: rampante - parlante - pasmado |