See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xílgaro - Wikipedia

Xílgaro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xilgaro
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Carduelis
Nome científico
Carduelis carduelis
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O Xílgaro (Carduelis carduelis) é un paxaro pequeno da familia dos frinxílidos (Fringillidae).

Índice

[editar] Descrición

Son de aspecto delgado, co pescozo curto e pes finos. Miden 12 ou 13 cm. de lonxitude, e teñen unha envergadura de alas de entre 21 e 25 cm. O peso vai dos 14 ós 19 gramos. Caracterízanse pola mascara facial de cor vermella, a cabeza branca coa parte superior e a caluga negras. Os laterais do colo son brancos. O lombo é castaño, a cola negra con manchas blancas termimais. A parte inferior á branca co peito e os lados acastañados. As alas son negras cunha faixa amarela. O peteiro é longo e aguzado, de cor branca pura na época de cría é da cor do marfil cunha mancha negra na punta o resto do ano. Amosan dimorfismo sexual: a máscara facial vermella do macho é meirande e máis escura cá da femia, acadando ás veces o canto traseiro dos ollos, mentres cá desta non pasa da metade dos mesmos. O bico dos macho é aproximadamente un 9% máis longo có das femias, que teñen a cabeza algo máis arredondada. Os exemplares xoves teñen a cabeza castaña, sen o deseño de cores dos adultos. A súa parte dorsal vai do gris o castaño agrisado, con raias e manchas e unha lista amarela característica nas alas. A cola ten xeito de forca. Os exemplares de Asia central (clasifiacdos como grupo caniceps) non teñen o deseño branco e negro na cabeza das variedades europeas e do oeste de Asia: a máscara vermella destáca nunha cabeza completamente gris. Poden vivir ata uns 12 anos, cun máximo de 14.

Area orixinaria de distribución do Xílgaro. Carduelis carduelis carduelis: 1 No verán 2 Sedentario. Carduelis carduelis caniceps: 3 No verán 4 Sedentario

[editar] Distribución e hábitat

A área de distribución do xílgaro vai do oeste de Europa á Siberia central, o norte de África e o leste e centro de Asia. Non está presente nin en Islandia nin no norte da zona Fenoescandinava. Foi introducido polo home no Brasil, en Uruguai, en Nova Zelandia e Australia a nas illas dos Azores. Ocasionalmente foi observado en Arxentina, o Xapón e Omán. É unmigrador parcial: os exemplares das zonas máis frías emigran no inverno cara á areas máis cálidas, mentres que os que habitan zonas de clima temperado son sedentarios.

É unha ave de espazos abertos que dispoñan de boa cantidade de árbores: beiras dos bosques, cultivos de frutais, zonas con sebes e parques. Se non atopa sitios de cría axeitados pode procuralos en zona máis elevadas con zonas forestais máis fechadas.de bidueiros ou piñeiros. No outono e o inverno buscan abrigo en zonas abertas con vexetación, como beiras de estradas e camiños.

[editar] Reprodución

Maduran sexualmente á fin do primeiro ano de vida. Forman parellas monógamas. Fan habitualmente dúas postas por temporada, a primeira delas en maio.

[editar] Cortexo e emparellamento

Os machos comezan a cantar, dependendo do clima, en febreiro ou marzo. Despois dalgunhas semanas as femias amosanse atentas os reclamos do cortexo. Son elas quen conducen en xeral a cerimonia, achegandose ós machos con oscilacións do corpo e acenos do bico e ourizando as plumas para ocultar as listas amarelas das alas. O macho, por contra, axeita as súas alas para amosar as bandas amarelas. Durante o cortexo o macho canta coas alas caídas e a cola estalicada, sacudindo o corpo dun lado ó outro. Posteriormente alimenta á femia. Esta amosa a súa disposición para a cópula facendo vibrar as alas e ergendo a cola. As cópulas duran ata que a posta está completa.

[editar] O niño e a incubación

Posta dun xílgaro
Posta dun xílgaro

Fan a miúdo os niños nas pólas máis altas das árbores. A femia construe unha estrutura de paredes grosas con raices, herbas, follas, musgo e liques. Poñen os ovos pola maña cedo. Non é raro que o niño non estea acabado de todo cando comezan a poñer. A posta habitual é de cinco ovos, máis raras veces de catro ou seis. Os ovos son abrancazados con pencas finas acastañadas negras e vermellas. En ocasións son completamente brancos. A femia comeza a chocar despois de poñer o terceiro ovo. Durante os 12 a 14 días que permanece incubando é alimentada polo macho.

Polos no niño
Polos no niño

[editar] Desenvolvemento das crías

Os pitos nacen espidos e cegos. En xeral, parte dos polos saen do ovo un día e o resto fano un día despois. Pasan os primeiros días coas cabezas moi xuntas para manterse quentes. Os pais comen parte das cascas e botan o resto fora do niño. Os primeiros seis días a femia alimenta os polos con alimento aportado polo macho. Os excrementos producidos polas crías ata o sexto día de vida son engulidos pola femia. Os paxariños abren os ollos e comezan a pedir comida ós pais entre os cinco e sete días de vida. Cando teñen entre 12 e 14 días poden xa escapar do niño en caso de perigo. cando poden empezar os primeiros voos pousanse nunha pola preto do niño e cantan para chama-la atención dos pais e pedirlles alimentos. Nesa época a femia esta xa a construir un novo niño para comanzar unha nova posta. Entre os 21 e os 25 días os polos son xa capaces de comezar a alimentarse sos e entre os 28 e os 30 son xa independentes.

[editar] Conduta

Os xílgaros agatuñan con habilidade, pero saltan torpemente. O su voo é ondeante e lixeiro. Alimentanse de sementes pequenas, coma as do cardo, (de onde lle ven o seu nome latino ‘’Carduelis’’). Na época de cría captura tamén insectos. No inverno forman grupos de ata 40 ou máis exemplares. O seu canto é un trino moi agradable O costume de conservalo en xaulas facilitou que os exemplares fuxidos, xunto cos procedentes de soltas deliberadas colonizaran Nova Zelandia e o sueste de Australia.

[editar] O xílgaro e o home

Pintura de Carel Fabritius
Pintura de Carel Fabritius

[editar] Arte, simboloxía e mitoloxía

O xílgaro aparece frecuentemente en pinturas da época medieval e inicios da época moderna: acompañando á virxe María, en escenas da paixón de Cristo, en retratos de nenos, etc. A súa plumaxe rechamante e o seu canto fixeron os xilgaros unha ave de xaula habitual dende tempos antigos, polo que os pintores tiñan facilidade para observalo ó natural. Por outra parte o costume dos xílagros de pousarse nunha planta con espiñas como o cardo, daballe un caracter simbólico relacionado coa coroa de espiñas que levaba Xesús Cristo e coa Paixón. Así, a súa aparición en pinturas da virxe co Xesús neno representaría o coñecemento premonitorio que ambolos dous tiñan da crucifixion. Na “Sagrada Familia” de Federico Barocci, Xoan o Baptista sostén un xílgaro na man fora do alcance dun gato. En “Virxe co menino” de Cima da Conegliano un xílgaro axita as alas na man do Cristo neno. Por simbolizar a Paixón, o xílgaro éra considerado unha ave salvadora e pode ser representado canda a mosca, símbolo do pecado e a enfermidade das que, segundo as crenzas dos cristiáns, Cristo salvará os homes. Durante a Idade Media o paxaro foi usado tamén por algúns como amuleto contra as plagas.

Segundo unha lenda as cores do xílgaro explícanse polo feito que, cando Deus deu as cores a tódolas aves, o xílgaro ficou último. Perante a falta de cores Deus aproveitou os restos que lle quedaban en cada bote para pintalo, o que deu como resultado a variada coloración do xílgaro.

[editar] O xílgaro en cautividade

Os machos de xílgaro crúzanse a miúdo con femias de canario para obter exemplares macho cun canto considerado mais melodioso.

[editar] Nomes noutras linguas

  • Alemán: Stieglitz
  • Catalán: Cadernera
  • Danés: Stillits
  • Español: Jilguero
  • Inglés: (European) Goldfinch
  • Francés: :Chardonneret élégant
  • Neerlandés: Putter
  • Noruegués: Stillits
  • Polonés: Szczygieł
  • Portugués: Pintassilgo-comum
  • Ruso: Chernogolovyi shchegol (Черноголовый щегол)
  • Sueco: Steglits

[editar] Literatura

  • Einhard Bezzel: BLV Handbuch Vögel. BLV Buchverlag GmbH & Co. KG, München, 2006, ISBN 3-8354-0022-3
  • Horst Bielfeld: Zeisige, Girlitze, Gimpel und Kernbeißer. Herkunft, Pflege, Arten. Ulmer Verlag, 2003, ISBN 3-8001-3675-9
  • Claus-Peter Lieckfeld, Veronika Straaß: Mythos Vogel. BLV Buchverlag GmbH & Co. KG, München, 2002, ISBN 3-405-16108-8
  • D. W. Snow, C. M. Perrins: The Birds of the Western Palearctic concise ed. Oxford University Press, 1998, ISBN 0-19-854099-X

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -