See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Aves - Wikipedia

Aves

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Aves

Parus major

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Subclases
  • Subclase Paleognathae
  • Subclase Neognathae

Este artigo fala de aves animais, para outros significados vexa Aves (homónimos)


As aves son animais vertebrados endotérmicos, ovíparos, caracterizados principalmente por posuíren plumas, apéndices locomotores anteriores modificados en ás, bico córneo e ósos pneumáticos. Son recoñecidas aproximadamente 9.000 especies de aves no mundo.

Índice

[editar] Introdución

As aves varían moito no seu tamaño, dos minúsculos carrizos a especies de gran porte como o avestruz e o emu. Note que todos os páxaros son aves, mais non todas as aves son páxaros. Os páxaros están incluidos na Orde Paseriformes, constituíndo a Orde máis rica, ou sexa, con maior número de especies dentro do grupo das aves.

En canto a maioría das aves se caracterizan polo voo, a orde das struthioniformes non poden voar ou presentan voo limitado, unha característica considerada secundaria, ou sexa, adquirida por especies "novas" a partir de ancestrais que conseguian voar. Moitas outras especies, particularmente as insulares, tamén perderon esa habilidade. As especies non voadoras inclúen os pingüíns, avestruz, Kiwi, e o extinto dodo. As aves non voadoras son especialmente vulnerábeis á extinción por conta da acción antrópica directa (destrución e fragmentación do hábitat, polución, etc) ou indirecta (introdución de animais/plantas exóticas, mamíferos en particular).

[editar] Adaptacións ao Voo

No seu camiño evolutivo, as aves adquiriron varias características esenciais que permitiron o voo ao animal. Entre estas podemos citar:

1- Endotermia;
2- Desenvolvemento das penas;
3- Adquisición de ósos pneumáticos;
4- Perda, atrofia ou fusión de ósos e órganos;
5- Adquisición dun sistema de sacos aéreos;
6- Postura de ovos.

As penas, considerada como diagnóstico das aves actuais, están presentes noutros grupos de dinosauros, entre eles o propio Tyrannosaurus rex. Estudos apuntan que a orixe das plumas se deu a partir de modificacións das escamas dos réptiles, tornándose cada vez máis diferenciadas, complexas e, posteriormente, viñeron a posibilitar os voos planado e batido. Acredítase que as penas terían sido preservadas na evolución polo seu valor adaptativo ao auxiliar no control térmico dos dinosauros - unha hipótese que apunta para o surximento da endotermia xa en grupos máis basais de Dinosauria (con relación ás aves) e paralelamente coa adquisición da mesma característica por répteis Sinapsida, que deron orixe aos mamíferos.

Os osos pneumáticos tamén se atopan noutros grupos de réptiles. A pesar de seren ocos (un termo mellor sería "non-macizos"), os ósos das aves son moi resistentes, pois preservan un sistema de trabéculas óseas arranxadas piramidalmente no seu interior. Con relación a características óseas relacionadas á adaptación ao voo, podemos citar:

- Diminución do cranio, sendo este composto por ósos completamente fusionados no estadio adulto;
- Rostrum (mandíbula + maxila) leve, podendo ser "oco" (p. ex. en tucanos, Ramphastidae) e cuberto por unha capa córnea, a ranfoteca;
- Forame magno direccionado posteriormente, facilitando a posición "horizontal" da ave (cando en voo);
- Diminución do número de vértebras, en especial no sinsacrum (fusión de vértebras e outros osos da cintura pélvica) e pigóstilo (vértebras caudais fusionadas);
- Tarsos (mans) con gran fusión de ósos, sendo que actualmente só se observan tres dedos;
- Fusión das clavículas formando a fúrcula (coñecido popularmente como "óso da sorte"), como adaptación ao peche dos órganos dentro dunha caixa ósea;
- Costelas dotadas dun proceso uncinar (proxección ósea posteriormente direccionada de modo a fixar unha costela coa costela inmediatamente atrás), tamén unha adaptación ao peche;
- Prolongamento do óso esterno e desenvolvemento da carena ou quilla esternal, sendo que o primeiro tamén é unha adaptación á formación da caixa ósea e o segundo unha adaptación para a implantación dos músculos do voo, necesariamente fortes.
- Fusión de ósos nas pernas (apéndices locomotores posteriores) formando a tibíatarso e tarso-metatarso.

Canto a outros órganos, as aves perderon os dentes (redución do peso total do animal), as bexigas e a gran maioría dos grupos de aves perderon o ovario dereito. O sistema sacos aéreos funciona en conxunto co sistema respiratorio (por iso a respiración das aves é diferente dos outros grupos de tetrapodes). Ainda ten función de diminuír a densidade do animal, facilitando o voo e a natación (no caso de aves que mergullan).

Todas esas características xa se observan noutros grupos de réptiles, en especial nos Dinosauria, o que levou especialistas a clasificar as aves non como un grupo á parte (Clase Aves, como era coñecida antigamente), e si como un grupo especializado de dinosauros (vexa Ascendencia das Aves).

[editar] Morfoloxía

Do punto de vista morfolóxico, as aves constitúen un grupo un tanto particular e uniforme dentro dos tetrapodes (Tetrapoda) actuais. Particular porque se distiguen facilmente doutros grupos de animais vivos e uniformes porque, a pesar do gran número de especies e adaptacións das máis variadas para diferentes nichos ecolóxicos, o grupo como un todo mantén a súa morfoloxía bastante semellante (diferentemente, p. ex., dos mamíferos).

Entre as características morfolóxicas de grande importancia ecolóxica e evolutiva están o formato do bico e dos pés e a proporción área alar/tamaño corporal. Do punto de vista sistemático a estrutura da sirinxe é de particular interese, sendo de fundamental importancia na división da Orde Paseriformes en Tyranni (Suboscines, ou "aves gritadoras") e Paseri (Oscines, ou "aves canoras, que cantan"). Máis recentemente, a estrutura da sirinxe tamén ten sido usada para estudos filoxenéticos en grupos de aves non-Paseriformes (p. ex. os Falconiformes).

[editar] Ordes das Aves

Subclase dos Neognathae
Orde dos Anseriformes (pato, ganso)
Orde dos Apodiformes (andoriña e colibrí)
Orde dos Caprimulgiformes (curiango, bacurau)
Orde dos Charadriiformes (gaivota, quero-quero, batuíra)
Orde dos Ciconiiformes (garza, cegoña, guara)
Orde dos Coliiformes (rabo de xunco)
Orde dos Columbiformes (rola, pombo)
Orde dos Coraciiformes (Picapeixe, rolieiro, bico-de-corno)
Orde dos Cuculiformes (cuco, álmade-gato)
Orde dos Falconiformes (falcón, aguia)
Orde dos Galliformes (galo, perdiz, faisán, xacú)
Orde dos Gaviiformes (mobella)
Orde dos Gruiformes (grou)
Orde dos Musophagiformes
Orde dos Paseriformes (paxaros)
Orde dos Pelecaniformes (pelícano, mascato e corvo mariño)
Orde dos Phoenicopteriformes (flamengos)
Orde dos Piciformes (pícapau e tucano)
Orde dos Podicipediformes (mergullón)
Orde dos Procellariiformes (pardela, petrel e albatros)
Orde dos Psittaciformes (papagaio, cacatúa e arara)
Orde dos Pteroclidiformes (cortizol)
Orde dos Sphenisciformes (pingüín)
Orde dos Strigiformes (curuxa)
Orde dos Trochiliformes
Orde dos Trogoniformes (surucuá)
Orde dos Turniciformes
Subclase dos Paleognathae
Orde dos Ambiortiformes† 
Orde dos Palaeocursornithiformes† 
Orde dos Gansuiformes† 
Orde dos Casuariiformes
Orde dos Dinornithiformes† 
Orde dos Apterygiformes
Orde dos Rheiformes
Orde dos Lithornithiformes† 
Orde dos Aepyornithiformes† 
Orde dos Struthioniformes (avestruz, casuar, ñandú e kiwi)
Orde dos Tinamiformes (macuco, iñambú)


A subclase Enantiornithes e a orde Hesperornithiformes extinguíronse durante a extinción KT.

[editar] Ascendencia das Aves

Así como os mamíferos, as aves son descendentes dos réptiles. Son, no entanto, descendentes de liñaxes distintas. As aves descenden de réptiles Diapsida, ao paso que os mamíferos descenden da liñaxe Sinapsida. O Archaeopteryx é o máis antigo fósil coñecido de ave e data de aproximadamente 140 millóns de anos atrás, do período Xurásico. O arqueopterix era un pouco maior que unha pomba e posuía rabo longo, percorrido pola columna vertebral, como os réptiles, alén de dentes, dedos individualizados con garras e, como característica máis marcante, penas do corpo e penas de voo asimétricas (indicios de que ese animal era capaz de voar). As aves pertencen ao mesmo grupo dos dinosauros, sendo que xa foron descubertas penas (ou estruturas semellantes, máis primitivas) noutros grupos de Dinosauria. Por tanto, actualmente acéptase o grupo aves non como Clase (a exemplo de Mammalia), mais un grupo bastante diversificado e actual de Dinosauria. Hai cerca de 65 millóns de anos, coa extinción da maioría dos grandes grupos de réptiles, ocorreu unha gran radiación adaptativa e consecuente diversificación das aves, que pasaron a poboar practicamente todos os ambientes terrestres. A filoxenia dos grupos actuais de aves aínda está pouco claro, sendo difícil afirmar cales son os grupos ancestrais e cales os máis derivados e de quen descenden. Actualmente acéptanse dous grandes grupos de aves: Paleornithes (ratitas) e Neornithes (carinatas).

[editar] Artigos relacionados

[editar] Links Relacionados


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -