Virxe María
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Virxe María, Santa María ou simplemente María, é considerada, segundo a tradición cristiá, a nai de Xesucristo e, polo tanto, para a meirande parte dos cristiáns, a nai de Deus.
Segundo os Evanxeos, a Virxe concebiu ó seu fillo Xesús sen intervención de ningún home (de aí o título de "Virxe"); dogmas posteriores da igrexa (Inmaculada Concepción) definiron que María nacera, a diferenza de tódolos demais humanos, sen o pecado orixinal. Estivo casada, segundo estas mesmas fontes, con Xosé de Nazaret.
É unha das santas da Igrexa máis veneradas; ten numerosas advocacións (Virxe de Fátima, de Lourdes, etc.). Segundo a Igrexa Católica, ascendeu ó ceo de forma directa ó morrer (Ascensión da Virxe)