Verdadeira Igrexa de Xesús
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Verdadeira Igrexa de Xesús é unha igrexa independente protestante pentecostal, que se estableceu en Beijing, China en 1917. O actual presidente, elixido pola asemblea internacional desta igrexa é o predicador Yung-Ji Lin. Ten entre 800.000 e 1.500.000 seguidores, o 90% na República Popular China[[cómpre referencia}}. A igrexa abscríbese á teoloxía do pentecostalismo unicitario (só Xesús).
[editar] Doutrina
O credo da autodenominada Verdadeira Igrexa de Xesús baséase nun decálogo propio. Nese decálogo recóllense os principais elementos da doutrina, como os papeis preponderantes de Xesucristo e do Espírito Santo, que é o que supostamente evidencia o vencello do ser humano coa divinidade, e os sacramentos que recoñecen. Entre os sacramentos está o do bautismo, que se debe realizar en auga corrente natural (ríos, mar, etc.), o lavado de pés e a comuñón. Ademais, respectan o sábado como día santo.
Tamén cren na que chaman Segunda chegada, é dicir, a fin do mundo, cando Xesucristo regresaría á terra para xulgar e repartir entre os seres humanos salvación eterna ou condenación eterna.