Bautismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O bautismo é un rito polo cal unha persoa se inicia nunha relixión.
[editar] O bautismo na relixión católica
No catolicismo, o bautismo é o sacramento de iniciación na relixión, volvéndose os individuos que son bautizados membros da comunidade católica. Este sacramento adoita ser dado a nenos acabados de nacer, pero tamén a adultos que se converten ó catolicismo. Consiste en verter auga bendita na cabeza de quen se vai a bautizar sobre unha pila bautismal.
Tódolos membros da comunidade cristiá deben ser bautizados para selo, ata o mesmo Xesucristo foi bautizado por Xoan o Bautista, quen dicía non ser o verdadeiro profeta a quen bautizaba: eu bautizareivos con auga, El bautizaravos con Espírito Santo.
Así, nos inicios do cristianismo houbo unha gran cantidade de bautizados, nos que os xefes dos pobos bautizaban xunta a eles á súa xente. Houbo tamén monarcas coma Carlomagno que fixeron converterse ó catolicismo ós seus vencidos.
Este sacramento é establecido pola seguinte cita da Biblia:
Xoan 3:5-6: Xesús contestou: En verdade, en verdade dígovos que a menos que un home naza de novo en auga e no Espíritu Santo, non poderá entrar no Reino dos ceos. O que nace da carne é carne, o que nace do Espíritu é espíritu.
[editar] O bautismo noutras relixións
O bautismo non é soamente propio da relixión católica, senón que é un rito bastante común nunha gran cantidade de relixións.