See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Conversa Usuario:Servando2 - Wikipedia

Conversa Usuario:Servando2

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ola Servando, benvido á Galipedia. Se tes algunha dúbida contacta con calquera de nosoutros (Adalbertofrenesi) ou pregunta na Taberna (axuda). --Adalbertofrenesi(talk) 15:17, 15 Abr 2005 (UTC)

  • benvid@, contigo este proxecto vai crecer coma se naaa, tes que crear a tua páxina de usuario nas que nos referencies mais ou menos que tes pensador facer para colaborar na galipedia. un saudo --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 20:50, 15 Abr 2005 (UTC)
  • Sei que chego con algo de retraso pero aínda así quero darche a benvida ;) --Alyssalover(fálame) 20:55, 19 Abr 2005 (UTC)
  • Únome ao saúdo de benvida Servando, grazas por unirte a nós. Calquera contribución que poidas facer á Galipedia será moi valiosa para a mellora deste proxecto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:53, 20 Abr 2005 (UTC)

Índice

[editar] Páxinas en tradución

Hai dous tipos de marcadores (con avisos de tradución) para as páxinas noutras linguas que se importan a esta wikipedia: {{Nongalego}} e {{Entradución}}. O primeiro úsase cando a axuda doutros usuarios é benvida, mentres o segundo é para indicar que se está procedendo á tradución por un mesmo. Debe incluirse un deles sempre, basta con copialo e pegalo. En Alfabeto armenio habería que incluílo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:44, 1 maio 2005 (UTC)

  • Non quero darche "a lata" pero é mellor que o aviso estea no comezo do artigo para que sexa máis visible. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:05, 1 maio 2005 (UTC)

[editar] Alfabeto fenicio

Ola Servando, vexo que retiraches entradución do artigo de alfabeto fenicio, non sei se o sabes, as imaxes das letras están en Commons, se non tes pensado cargalas dimo, cargareinas eu.--Rocastelo 14:46, 7 maio 2005 (UTC)

Se fixeses tal, agradeceríacho, eu aínda non son demasiado experto nisto, vou pouco e pouco; tede algo de paciencia comigo ;) Servando

[editar] 11 de novembro

Xa existe unha páxina que é 11 de novembro, é mellor que engadas a entrada que púxeches en 11 novembro alí para que apareza a túa edición no historial da páxina, porque 11 novembro ten que borrarse. Aproveito a ocasión para felicitarte polo traballo que estás facendo coas páxinas relacionadas coa lingüística, permiten mellorar considerablemente o contido deste wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:32, 1 agosto 2005 (UTC)

[editar] escritura

Ola, Servando. como aínda non te din a benvida, benvido a este proxecto que como ti dis, é moi itneresante e pagas a pena perder algo de tempo con el. Vexo que estás traducindo 'escritura' e que é un tema 'teu'; por eso creo que deberas engadirlle alomenos os autores que están en citas, ou ligar en Literatura e Lista de autores para facelo. Graciñas. --Agremon(contacto) 11:26, 13 agosto 2005 (UTC)

[editar] Traducións

Ola, tan só era para che recordar que metiches moitas páxinas para traducir, algunhas están alí dende agosto, de non teres tempo para traducilas dimo para proceder ao seu borrado, se precisas máis tempo para traducilas entón non hai presa e faino cando poidas, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:55, 17 outubro 2005 (UTC)

  • Non te preocupes, as páxinas seguirán estando aí, faino ao teu ritmo. Tes razón ás veces é difícil atopar o tempo preciso para colaborar como quixeramos aquí, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 17:36, 18 outubro 2005 (UTC)


[editar] Sobre o artigo Falsos amigos

Ola, Servando. Que tal todo? O artigo que estás traducindo xa existe co nome falso amigo, así que prégoche que non traballes sobre o xa feito. O que si podes facer é revisar (e/ou ampliar) o que existe, pois sempre veñen ben as revisións. Un saúdo, amigo Servando.--Xoán Carlos Fraga 18:01, 29 outubro 2005 (UTC)

  • Movido, sempre se pode reverte-los cambios. Que tal se oe?--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 11:59, 27 novembro 2005 (UTC)
  • Grazas, xa me parecía estrano que fuse Anastacio na vez de Anastasio; de feito estou a poñer templates de circulación entre os papas, polo que debese de corrixir na fonte de orixe (ademáis das templates -que se poden editar dende o mesmo artigo-).--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 15:54, 1 marzo 2006 (UTC)

[editar] Ola e pregunta

Ola Servando. Son --Sobreira 16:31, 1 abril 2006 (UTC), ante todo un saúdo. Reformei un pouco o contido de metaplasmo, pero cheguei ó final e non entendín o de locus-tola. Podes verme ti se me trabuquei ou por explicar mellor o de cambio de número? ou é o mesmo que votum-voda?

[editar] Reis de Esparta

  • Ola, vexo que traduciches algúns artigos dos reis de Esparta da wiki francesa, non obstante estou observando que as datas que aparecen nos artigos de fr.wiki, por exemplo fr:Cléombrote II non se corresponden cos que aparecen en Reis de Esparta, mirei nalgún lugar de internet e parece que a lista está ben, polo se vas traducir máis artigos sobre reis de Esparta debes ter en conta que as datas poderían estar erradas (e mesmo os feitos), polo que é mellor asegurarse nalgunha fonte externa de confianza, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 17:20, 5 abril 2006 (UTC)

[editar] Imaxes

Ola Servando, estamos revisando as imaxes da Galipedia para poñerlle a licenza e a información de orixe, quería preguntarche se lembras de que Wikipedia ou Wikipedias colleches as imaxes. Tamén se ao cargalas na Galipedia mantiveches o nome orixinal ou nalgún caso cambiaches o nome. Co esa información poderemos ir as Wikipedias orixinais e incluir a información precisa. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:45, 23 maio 2006 (UTC)

Acabo de ver que algunhas xa o poñen no resumo, pero outras non. Como as que comezan por Aramaic, vese aquí. --Prevert(talk) 18:04, 23 maio 2006 (UTC)
Grazas pola resposta. Xa fun atopando e marcando algunhas das imaxes, nun par delas non atopei a imaxe de orixe. Cando remate digoche que imaxes non atopo para poder localizalas. A túa axuda é moi valiosa, así que contamos contigo para medrar no futuro próximo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:40, 26 maio 2006 (UTC)

[editar] San Paulo?

¿Estás seguro de que San Pablo se di en galego San Paulo? Dígoo pola edición que fixeches ó artigo Gálata. É que en castelán hai tanto Pablo como Paulo como nome propio, e en galego debe ser igual. --O Tin 10:24, 28 maio 2006 (UTC)

[editar] Desculpas

Quizais fun demasiado rápido coa corrección de Septimio Severo. Non foi por mal, desculpas, estou empezando aínda. --Xabier Cid

[editar] Focas

Por respecto a ti e ó teu traballo, que me parece excelente, non procedín a actuar unilaterlamente e borrar a entrada Focas sen consultarte. Rógoche que leas Talk:Focas. Se non estás de acordo comigo, queda así: non pasa nada, non é importante (case é unha tontería que me dirixa a ti por isto).

O que si quero é agradecerche os teus esforzos na Galipedia e dicirche que estaría encantado de que contases comigo para o que quixeses. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:58, 20 xullo 2006 (UTC)

[editar] Image:800px-Carte-empire de basile II.png

Ola Servando2. Borrei a imaxe do título que ti subiches porque estaba sen licenza e encontreina en Commons con outro nome e un pouco maior tamaño: Image:Carte-Empire de Basile II.svg. Fixen o cambio dunha por outra no artigo Imperio bizantino sen que se perciba variación. Espero que teña eu feito ben as cousas. En caso de que observes algún problema coméntamo e procurarei arranxalo. Un cordial saúdo, --Lmbuga Commons - Galipedia 14:57, 22 xullo 2006 (UTC)

[editar] Wikipedia:Xornal da Galipedia

Ola Servando2!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

[editar] Khildeberto I

Boas compañeiro, quixera saber o teu punto de vista que te invitou a creares o artigo Khildeberto I, sendo que existe unha normativa na wiki.gl que permite a seguinte licenza "só se galeguizan os papas, santos, monarcas e membros de casas soberanas, ademáis dos persoaxes galegos falecidos cuio nome en vida xa era recoñecido no mesmo galego". Polo que penso que na prol de "K". ista deberáse transmutar nunha "C"; máis que nada; xa que a K espregase en poucas palabras galegas. Un saúdo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 17:29, 30 setembro 2006 (UTC)

[editar] Moitas grazas

O traballo que levas feito como Servando e Servando2 é impresionante, en particular quero agradecerche todas as edicións que fixeches este verán, un período no que moitos colaboradores reducen as súas aportacións. A calidade das túas edicións vese en artigos como Imperio Bizantino e Hitita que son os artigos destacados en portada de outubro e novembro. Moitas grazas por contribuir a que este proxecto comece a consolidarse. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:57, 3 outubro 2006 (UTC)

Sigo pensando que fixeches e estás a facer un gran traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:06, 5 outubro 2006 (UTC)

[editar] Concordo

Coincido plenamente con Prevert. O esforzo que estás facendo cos hititas é enorme. Grazas en nome de todos. Xa me gustaría a min ter feito tantos artigos dun mesmo tema... sobre todo dalgúns que me interesan. Se non coñeces o tradutor automático Apertium ou o Alén, que poden aforrarche algo de tempo, avísame. Un detalle: tén coidado cos nomes das categorías. Consignaches category:Reis dos hititas e category:Reis dos Hititas. A R inicial non importa, pero o "h" de "hititas" debería ser igual. Eu non sei do tema, ti proporás se debe ser H ou h (penso que "h", como se fose "Reis dos romanos"), pero usa só un. Trala decisión hai que modificar os que non coincidan co acordo. Metín as dúas en category:Hititas, dentro de category:civilizacións. --Sobreira (parlez) 01:36, 28 novembro 2006 (UTC)

[editar] 20.000 artigos

Ola Servando2. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:23, 6 decembro 2006 (UTC)

[editar] Licia

Ola Servando. Estoy tabajando en el artículo es:Licia de la wikipedia en castellano, y noté que la versión gallega tiene secciones que nos vendrían muy bien allá. Pero como mi artículo es candidato a destacado no me gustaría que le falten referencias. ¿Qué bibliografía utilizó para las secciones de geografía, dominio macedonio, confederación licia y dominación romana? Un saludo, gracias, Amizzoni

Ah, gracias, ya le pregunté al catalán. Y lo mismo digo, si puedo ayudarte en algo, no dudes en escribirme. (PD: por si te interesa para traducirla, la parte de dominación persa me quedó bastante bien en la versión castellana) Saludos, --Alejandro 21:49, 16 febreiro 2007 (UTC)

[editar] Grazas do IES Pazo da Mercé

Moitas grazas por botarlle unha ollada aos nosos artigos. Están feitos polo alumnado (e algún que outro profe de ciencias) e ás veces temos erros na linguaxe escrita. Estamos a traballar na temática "drogas", e cando os artigos estén rematados tíñamos pensado que os corrixira a profe de Galego do noso centro, pero a túa axuda nos parace marabillosa.

Un saúdo--IES Pazo da Mercé Aquí estamos 16:21, 13 marzo 2007 (UTC)

[editar] "Das" Familia

Si señor, erro evidente e o meu agradecemento por detectalo. É bo que esteades tan ó loro para corrixir estas chapuzas. Grazas. --Lameiro 01:48, 27 maio 2007 (UTC)

[editar] Outra vez grazas

Moitas grazas por continuar traballando para que a Galipedia mellore en calidade e contidos. Contribucións como as túas son imprescindibles para que o proxecto avance e animannos a todos a seguir esforzandonos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:40, 6 xuño 2007 (UTC)

[editar] Parabéns

Douche a noraboa polo artigo dos vándalos, moi bó, moi enciclopédico, na túa liña. Por certo, poderías poñer unha lista na túa páxina de usuario cos artigos que fixeches?

[editar] Diacríticos do alfabeto árabe

  • Ola, Servando. Este artigo leva ano e pico proposto para traducir e está en fase embrionaria, era ben traducilo, pois pode correr o perigo de ser borrado. Como tu sabes francés, e igual xa non te lembrabas do artigo, igual podías traducir algo. Eu axudaría dentro das miñas limitadas posibilidades. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 17:38, 15 setembro 2007 (UTC)

[editar] Eleccións de administradores

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:11, 3 outubro 2007 (UTC)

[editar] Eleccións de administradores

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:27, 3 outubro 2007 (UTC)

[editar] Pandulfo III de Benevento

Boas Servando, non sei se estas cousas se falan aquí (eu son novo engadindo artigos na wikipedia) De calquera xeito, puxéllare un aviso a ese artigo pra que algué puxese algunha imaxe e crease un pouco unha estructtura en apartados, mais seguramente hai cousas máis importantes que facer. Disculpas se foi un erro de novato e non se marca así cando se pensa que falta algo ou fose moi estricto niso. De calquera xeito fixeches un bo traballo.

Saudos dende A Coruña

[editar] Papas e máis

Ola, Servando2. Si, tes razón co dos papas, pero non dou feito a todo. Sobre os papas está agora traballando o bot de Xosé, e en canto eu remate cunha encarga que me fixo Estevoaei póñome con iso. Con respecto ao das minúsculas e as maiúsculas, hai que unificalo bastante, porque hai casos dunha e doutra forma. Pero a correcta, ao ser un nome común, é que sexa con minúscula, non con maiúscula. Quizais, se estamos facendo referencia a unha serie concreta e manexable, se poida soltar un bot a pacer pra que mude esas maiúsculas todas dunha tacada. En todo caso, moitísimas grazas por lembrarme o de que hai que corrixir os modelos cos nomes dos Paios (e tamén as páxinas que fagan referencia a eles, se é que hai algunha). --Xabier Cid 00:24, 14 novembro 2007 (UTC)

Paios corrixidos. --Xabier Cid 01:00, 14 novembro 2007 (UTC)

[editar] Tipografía

Boas!! O artigo este engadíchelo hai ano e medio, co marcador de "en tradución", pero non tivo cambio ningún e segue en francés. Xa que sabes francés e engadiches o artigo, poderías revisalo e traducilo? En teoría debería estar eliminado xa hai ano e medio, pero aguantou, e mellor traducilo que borralo.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 15:45, 21 novembro 2007 (UTC)

[editar] Grazas

Moitas grazas Servando. Heiche coller o brazo, ;) --Xabier Cid 00:15, 29 novembro 2007 (UTC)

[editar] Anos

Parabéns por teres rematado os anos desde o 1 ata a actualidade. Agora será máis doado o completalos. Algunhas veces es máis rápido cun bot :). Bo traballo e saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 18:10, 7 decembro 2007 (UTC)

[editar] xuntanza-ceanza

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:01, 30 xaneiro 2008 (UTC)

[editar] Aniversario

Ola Servando. Non estiven moi atento e pasouseme que se cumprira o teu segundo aniversario no wiki. Bueno en realidade non sei se felicitarte con retraso polo segundo aniversario de Servando2 do 10.12.2005 ou facelo por adiantado do terceiro aniversario de Servando do 15.04.2005. Vaia esta mensaxe polo dous. Moitas grazas polo teu traballo e por seguir aí tanto tempo axudando desinteresadamente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 00:31, 17 febreiro 2008 (UTC)

  • Noraboa tamén, inda que o motivo para me achegar a túa páxina de conversa non era este. Vin que creaches moitos anos, -912 por exemplo. Supoño que non compartimos, inda que quizais só nalgúns aspectos, unha mesma idea do que é preferible para a Galipedia. Se cando menos puxeses un acontecemento, un só, nos anos que creaches, calaría a boca; pero baleiros... A min xa me doía cando premía na ligazón "Páxina aleatoria" e aparecían artigos como moitos que hai sobre papas (Dionisio, papa), pero cando menos tiña a información do papa seguinte e do anterior, inda que me parece triste e paréceme que di pouco da seriedade do noso quefacer.

Non teño ganas de tomar unha determinación conforme ó que considero: Eu proporía para borrar os artigos baleiros dos anos (ou a propor para elimininación rápida os artigos baleiros coma eses), pero xa estou demasiado metido en lerias (pensareino, pensarei en facelo proximamente). Supoño que ti non considerarás o mesmo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:09, 21 abril 2008 (UTC)

Boas de novo. Comprendo o que dis. Non se trata de que quizais non sexa o método máis razoable ou o máis práctico ou mesmo oportuno, trátase de que usuarios coma ti, coa experiencia que ti tes e a relevancia do teu traballo, son unha referencia na Galipedia (cando menos para min), e eu estou a chamar a atención a usuarios novos por facer artigos escasos. Comprende que che teña que dicir algo, pois acabo encontrándome entre a espada e a parede se non o fago.
Eu non considero adecuado crear artigos sen datos por moita importancia estrutural que teñan, pero é só a miña opinión persoal, inda que tamén é o que eu aprendín no tempo que levo na Galipedia. Non hai políticas que de xeito tallante falen diso: Pódense borrar artigos baleiros, pero algúns dos dos anos -aqueles ós que me refiro-, baleiros baleiros, non están, inda que non digan nada xa que de contido non formal non teñen nada.
Non me vou inmiscuír no traballo que fixeches. Polo de agora só tiña intención de pedirche que reconsideres o xeito de traballar. Quizais sexa preferible ter a man, nun arquivo txt (por exemplo) a estrutura dos arquivos dos anos e, cando haxa algo que poñer, se non existe ese ano, crealo.
Sexa como sexa, a miña é unha opinión: Creo que xamais entraría a borrar esas páxinas (inda que considero que podería estar xustificado desde unha determinada lectura das políticas de borrado rápido: a miña), pero si podería propolas para borrar en espera de que a comunidade opine que é o máis adecuado. Se reconsideras o xeito de actuar, podemos evitar que me vexa obrigado por convincións a tomar medidas; se vas seguir creando artigos sen máis contido có formal (o relativo á forma),...
Non quero que isto che soe a ameaza: Tes todo o meu respecto, pero eu debo comportarme desde o que entendo o que é o meu labor (moitas veces pouco agradable).
Grazas por esta frase Ante todo un saúdo. Fai que me lembre do importante que son as formas e a cordialidade na Galipedia. En consoancia con esas formas e de xeito moi moi sincero, dicirche que me encanta verche editando e que que eu estea de acordo ou non non é precisamente o máis importante. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:26, 23 abril 2008 (UTC)
Acabo de facer unha comprobación. Non é preciso crear un artigo para comprobar as páxinas que ligan con el. Antes de gardar o artigo pode facerse click en "Páxinas que ligan con esta" (no lateral esquerdo da pantalla). Se fas iso previamente a gardar, saberás se hai algo que poñer ou non. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:36, 23 abril 2008 (UTC)
Ola de novo. Creo -estou convencido- que me entendes, pero que ou non me expresei correctamente, ou lle dás demasiada importancia ó que dixen ou puiden dicir. Quero dicir con isto que, se fixeches algo mal, o esquezas (xa virán outros que o corrixan). Creo que esa é unha norma básica no wiki. O que a min me importa non é que corrixas o que poidan ser erros (quizais non o sexan, quen sabe), o que me importa é axudar a reflexionar e a que os usuarios -entre eles eu- sexan produtivos dentro da comunidade.
En conclusión, tanto esteas de acordo co que fixeches ou non, dá igual, esquece o que fixeches, xa virán outros que o solucionen. Non te preocupes polos erros que poidas cometer, cometémolos todos. Preocúpate por aportar. Non marques nada para borrar, tampouco creaches tantos artigos como para que sexa especialmente relevante (se creases mil, podería selo). Se podes encher algún dos artigos baleiros, moi ben. Se non podes, déixaos; esperemos que alguen poida.
Creo que xa nas miñas últimas palabras entendiches que a miña reflexión non ía dirixida contra ti: Estamos no mesmo barco. As miñas palabras procuraban fundamentalmente a túa reflexión, as miñas palabras obedecen máis ca nada ó papel que me toca xogar na Galipedia (tócame inda que non me guste sempre xogalo): ¿Que ocorrería se un usuario decidise crear os -esaxero- 50.000 anos antes de Cristo un a un? Eu persoalmente non o permitiría. Con que o consideres -para min- abonda. Dado que ademais dis que o consideras, non perdas o tempo mirando para o pasado: Avanza. Que as dificultades e as críticas (especialmente as que eu puidese facer) non te deteñan. A min tesme aquí para colaborar no posible contigo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:23, 24 abril 2008 (UTC)

Por certo -dáme un pouco de corte dicircho, pois entendo que xa o saberás- se queres facer un busca sobre un ano na Galipedia, por exemplo 56 a.C., utiliza o buscador de google: http://www.google.gl/advanced_search?q=+%2256+aC%22+site:http://gl.wikipedia.org/&hl=es&lr=&rlz=1B3GZFB_esES260&as_qdr=all Se segues esa ligazón (esa ligazón busca só na Galipedia), con variar o ano (por exemplo "50 a.C." en vez de "56 a.C."), podes encontrar o que precisas. Apesar de todo, non teño claro que che sexa de axuda, eu tampouco son un experto en informática.--Lmbuga Commons - Galipedia 01:02, 24 abril 2008 (UTC)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -