See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Sarria - Wikipedia

Sarria

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Se esta é a páxina dun concello:

  • Completa o apartado "Política" actualizado cos datos de 2007 (partidos co número de concelleiros e nome do alcalde ou alcaldesa) e borra {{Eleccións en progreso-concellos}}.
  • Fai clic en Eleccións municipais en: CONCELLO e completa os datos que falten nesa páxina.

Se esta páxina se chama Eleccións municipais en CONCELLO:

  • Crea a gráfica coa evolución política (Podes seguir este exemplo).
  • Completa os nomes dos alcaldes e os partidos gobernantes.
  • Cando estea rematado borra {{Eleccións en progreso-concellos}}.

Se esta páxina se chama Eleccións Municipais ANO en Galicia:

  • Fai clic nas ligazóns do tipo Modelo:CONCELLO ANO e crea as gráficas correspondentes (Podes seguir este exemplo).
Sarria
Situación
Xentilicio 1: Sarriao
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Sarria
Área: 184,6 km²
Entidades de poboación: 241
Capital do concello: Sarria
Latitude e lonxitude:
Altitude máxima: - 800 m.
Altitude mínima: - 400 m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2007)
Poboación: 13.422 hab.
Densidade: 72,71 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 96,56 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 64,36 %
Ás veces: 29,27 %
Nunca: 6,36 %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG 6 (votos - %)
BNG 1 (votos - %)
PSdeG-PSOE 7 (votos - %)
Outros: 3 - (- %)
Alcalde: José Antonio García López (IG)
Eleccións municipais en: Sarria

{{{eleccións}}}

Censo electoral (2003)
Total electores: - 100 %
Votantes: - %
Abstencións: - %
Votos en branco: - %
Votos nulos: - %
Orzamentos (2000)
Enderezos
Enderezo físico: Rúa Maior nº 14
Teléfono: 982 53 50 00
Fax: 982 53 09 16
Código postal: 27600
Correo electrónico: concellodesarria@concellodesarria.net
www.concellodesarria.net

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

Sarria é un concello da Provincia de Lugo, en Galicia, pertencente á Comarca de Sarria.

Poboación no 2007: 13.422 habitantes segundo o INE (13.352 no 2006, 13.155 no 2005, 13.132 no 2004, 13.142 no 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Sarriao

Índice

[editar] Xeografía

No territorio do concello de Sarria pódense distinguir tres zonas xeográficas: unha chaira situada no centro e oeste, entre 500 e 700 de altitude, unha zona montañosa ao oeste, que chega aos 800 metros no Monte Páramo ou no Monte de Santa Icia, e o val ou "Veiga de Sarria", a 400 m. Abundan os terreos de labradío, especialmente lameiros, e os bosques son reducidos e sitúanse á beira dos ríos.

O río Río Sarria, que nace nas montañas de Triacastela, é o curso fluvial máis importante do concello. Nel verten o río Celeiro e o Ferreiros.

As precipitacións son abondosas e rondan os 1.500 mm. anuais. Os invernos son frescos e os veráns suaves.

[editar] Historia

[editar] Prehistoria e historia antiga

A zona onde mais tarde estaría localizada Sarria e a súa comarca xa estaba habitada no Neolítico. Daquela época quedan numerosos restos arqueolóxicos como poden ser as mámoas e as posteriores insculturas (ou gravados en pedras ou rochas) nas parroquias de Maside e Barbadelo. Destacan os castros de San Cosme da Pena, Outeiro de Goián, Teilonxe, Santa Icía en terras de Froián, San Miguel de Vilapedre, Tremeado, Padriñán, Betote e Tosal. Algúns estiveron ocupados até a romanización.

A presenza romana en Sarria vén ligada a Lucus Augusti e Castro Dactonio (Monforte de Lemos). As escavacións arqueolóxicas revelaron a presenza de dúas vilas romanas localizadas en Vilar de Sarria e en Santo Antolín. Tamén se achou unha estela funeraria procedente de Vilar de Sarria que agora está exposta no Museo de Pontevedra.

No período Suevo localizouse o condado Sarriense na zona que vai dende o río Neira ata o río Sil, abarcando as terras de O Cebreiro, Valcarce e O Courel. O resto da comarca Sarriana pertenceu ó condado paramense.

A conquista musulmana foi escasa e non deixou case rastros arquitectónicos ou toponímicos. O único sinalado desta época foi que houbo unha repoboación da comarca de Sarria a que non foi allea ao mosteiro de Samos.

[editar] Idade Media

A Torre conservada do Castelo de Sarria
A Torre conservada do Castelo de Sarria

A fundación do mosteiro de Santo Estevo de Calvor in villa Astórica está datada do ano 785. No primeiro período medieval hai que destacar que se consolida o Condado de Sarria, no que os seus tenentes levaban xa a partir do Século X o nome de “Comes in Sarria” ou “Comes in Elarín”, xa que en Larín (Láncara) estaba a “Vila Real” onde residían os meiriños e xuíces reais que tiñan xurisdición entre o Miño e o Sil, e nalgúns casos “ata a beira do mar”.

Ademais do condado sarriense, normalmente vinculado ó Condado de Lemos e a familia real, houbo outras tenenzas en Louseiro e Froián, así como unha “mandatio” en Barbadelo, xunto con posesións ligadas ós reis en Louseiro e en San Cosmede.

Deste tempo queda a referencia a diferentes mosteiros, xeralmente de tipo familiar, que acabaron baixo a tutela do mosteiro de Samos: San Mateu de Vilapedre, Santo Antoniño de Sarria, Santa María de Corvelle, Santo Estevo de Calvor, San Paio de Cesar, San Paio e San Miguel de Piñeira, San Salvador de Rosende, Santiago e San Martíño de Barbadelo, Santiago de Mortoláns en Froián, San Salvador de Barxa, Santo Adriao de Monte Páramo..., que deron lugar a unha intensa colonización das terras e a renovación das técnicas de cultivo.

O Camiño de Santiago foi o motor da creación de novos hospitais, ermidas, pontes e mesóns. Atraendo a institucións asistenciais (“Os Madalenos” en Sarria, con varias bulas papais, os Templarios en Santo Estevo de Barbadelo,... ).

No século XII Gutierre Ruiz de Castro adquiriu o señorío de Lemos e Samos co seu casamento con Elvira Osorio, momento no que probabelmente se fundou a fortaleza de Sarria (destruída polos irmandiños en 1467). A finais deste século fundouse Vilanova de Sarria, da man do rei Afonso IX, asignándolle o foro co que iría rexerse coma vila real. O rei morrería na mesma vila o día 24 de setembro de 1230.

Igrexa de Barbadelo, Igrexa románica do século XII
Igrexa de Barbadelo, Igrexa románica do século XII

No ano 1280 xa estaba completada a estrutura da vila (camiño francés, Rúa de Queiroga e Rúa do Pombal), e xa contaba con dúas igrexas (San Salvador e Santa Mariña), un mosteiro (A Madalena) e dúas ermidas (Santiago de Mercado e Santa María de Barbadelo).

A vila convertiuse en feudo cando o rei Pedro I lle concedeu a don Fernando de Castro as Pobras de Sarria, San Xulián e Outeiro de Rei en 1360. No ano 1366 vinculouse co condado de Lemos, pasando a ter carácter herditario.

A influencia do Condado medrou ó ter xurisdición sobre as “Cinco Pobras” (A Pobra de Sarria, San Xulián da Pobra, A Pobra de Adai, Santo Estevo da Pobra de Neira de Susao e Pobra de Triacastela). Para gobernalas creouse en Sarria un “meiriño maior” e “meiriños subalternos” en cada unha das ditas pobras.

A fortaleza política de Sarria tiña correspondencia na multitude de fortalezas (Fortaleza de Sarria) e castelos documentados (Castelo de Loureiro de Froián, Castelo de Louseiro, Castelo dos Infantes, Castelo de Meixente e Torre de Domiz) desde as cales gobernaban familias fidalgas, donas de pequenas xurisdicións.

Mosteiro da Madalena
Mosteiro da Madalena

A revolta irmandiña tivo incidencia nestas terras, tanto polo que se refire ó primeiro momento de triunfo do campesiñado (a fortaleza de Sarria foi derrubada) como na represión que veu despois, coa vitoria dos nobres (reconstrución de castelos e fortalezas).

En 1543 este señorío convertiuse en marquesado dos Castro, que o mantiveron até 1777, cando pasou á casa de Alba.

[editar] Idade Moderna

No ano 1503 don Fernando de Castro foi nomeado Marqués de Sarria por Carlos I.

Don Dinís de Castro fundou a finais do Século XVI o Hospital de Santo Antón, para a atención dos peregrinos que volvían de Santiago, e en 1568 o mosteiro de Madalena integrouse na Orde Agostiña, desaparecendo así a Orde dos Benaventurados Mártires de Cristo (“Orde dos Madalenos”), que o gobernaran nos tres séculos anteriores.

O descenso das peregrinacións a Compostela trouxo un longo período de decadencia para a vila. No século XIII, contaba só con setenta casas na vila e uns poucos comercios (taberna, obradoiro de velas de sebo, unha carnicería e un alabacería). A suma de todas as parroquias non xuntaba mais de 350 persoas.

En 1794 creouse a Escola de primeiras Letras con cargo ás rendas do Hospital de Santo Antón. Ampliouse a xurisdición de Sarria, abarcando os Partidos de Andaduría, A Veiga, Ferreiros, Sobre da Riba, Froián e Lobataira.

[editar] Idade Contemporánea

Plano de Sarria no 1860
Plano de Sarria no 1860
Antiga casa de D. Jesús Perez-Batallón
Antiga casa de D. Jesús Perez-Batallón

No Século XIX durante a invasión francesa produciuse un saqueo de igrexas (aínda que os invasores tamén esixían grán e diñeiro).

A creación do Concello Constitucional e o Partido Xudicial de Sarria en 1820 supuxo unha grande modificación do réxime administrativo. En 1840 formouse de modo definitivo o concello composto por 51 parroquias, que proviñan das antigas xurisdicións do Marquesado de Sarria, Castelo dos Infantes, Vilapedre, Goián, Vilar, Torre de Domiz, A Pinza e outras procedentes de Samos.

A Desamortización trouxo como consecuencia a desaparición da vida comunitaria no mosteiro da Madalena. A subasta de rendas e terras dos mosteiros, que foron adquiridas maioritariamente pola burguesía emerxente.

As guerras carlistas tiveran en Sarria certa importancia, xa que esta zona foi unha das que tivo presenza de partidas, en especial a do chamado “Souto de Remesar”, chegando a declararse o estado de guerra en 1939.

A apertura da estrada de Lugo a Valdeorras (cara 1850) e do ferrocarril (1880) supuxeron un grande impulso para o desenvolvemento da comarca, potenciando o comercio e a saída dos produtos naturais. A vila expandiuse pola veiga e naceron novos barrios (San Lázaro, A Estación, As Casetas..,) Nos que se asentaou preferentemente xente foránea que estableceron almacéns e pequenas industrias.

Hotel Villa Aurelia
Hotel Villa Aurelia

En 1885 inaugurouse a nova igrexa de Santa Mariña. En 1896 instaláronse en Sarria os Padres Mercedarios e inauguráronse as Escolas Publicas, doazón do filántropo sarriano Don Matías López. A súa viúva, Marquesa de Casa López, creou o Hospital Municipal, no campo de outeiro, inaugurado en 1909.

A actividade comercial e industrial da vila foi en aumento e a principios do século XX xa alcanzaba unha poboación de 1500 habitantes. Abríronse novas rúas e iniciáronse actividades orientadas a exportación (gando, cereais, castañas, patacas, xamóns e chourizos), que fixeron que a riqueza fose en aumento. En 1915 chegou a electricidade e pouco mais tarde a traída de augas.

Os períodos da ditadura franquista e a Segunda República trouxeron un aumento do número de estradas, escolas e a urbanización das principias rúas da vila.

A factoría de cementos de Oural sinalou a partir dos anos 1960 o comezo dun proceso de industrialización apoiado na construción e na industria do moble, que xunto co regreso de emigrados en América e Europa, marcaron o despegue económico cun proceso parello de modernización do sector agrícola-gandeiro.

A posta en funcionamento de novos centros de ensino (Colexios Públicos en Sarria e Oural, Colexio da Asunción, Colexio da Mercede, Institutos de Bacharelato e FP), así como da Residencia de anciáns e centros de Diminuídos Psíquicos, xunto cun equipamento deportivo e de ocio, fan que a vila de Sarria se converta nun núcleo que irradia influencia sobre unha ampla e rica comarca, constituíndo un centro de servicios dinámico e con oferta moi diversificada.

[editar] Economía

Concello de Sarria
Concello de Sarria

Sarria é a cabeceira dunha comarca extensa. Débelle grande parte da súa relevancia á chegada do camiño de ferro a finais do século XIX e á súa relación co sector gandeiro. O sector primario ocupa o 35% da poboación, a industria o 30% (un terzo na construción) e outro 35% o sector terciario. Industrialmente, prodúcense chourizos e xamóns, así como pensos. Mais de Sarria o que destaca é a fabricación de mobles. hai unha fábrica de cementos en Oural.

[editar] Fillos Predilectos e adoptivos de Sarria

[editar] Patrimonio histórico e artístico

Igrexa de Santa Marina, ao pé do Camiño de Santiago
Igrexa de Santa Marina, ao pé do Camiño de Santiago
  • Castelo de Sarria, fortaleza medieval da que só seconserva unha torre redondeada, dúns 14 metros de altura e cuberta con bóveda de canón apuntado.

[editar] As Pontes do Río Sarria

  • Ponte de Pedra.- En Triacastela. Era unha ponte de orixe medieval no Camiño Francés, na saída cara A Balsa. Desapareceu cando se acondicionou a pista de Triacastela a San Xil.
  • Ponte Nova de Triacastela.- Construída en 1992 para a circunvalación da Vila de Triacastela. É de formigón.
  • Ponte de Triacastela.- Substituíu a un antigo pontón, cando se fixo a estrada de Samos a Triacastela. É de pedra.
  • Ponte de Almirón.- Substituíu a unha antiga ponte madeirada, cando se abriu a estrada de Samos a Triacastela.
  • Ponte Nova de Almirón.- Construída con ocasión do acondicionamento da estrada paralela ó Camiño de Santiago
  • Pontigo de San Cristovo.- Paso de comunicación particular entre dúas fincas. E de formigón ,cunha cancela de peche, que impide o paso dos pescantíns.
  • Ponte de San Cristovo.- Serve de paso e comunicación dos dous barretes de San Cristovo. Sustitue a outro anterior de piares de pedra e través de madeira.
  • Ponte de Lusío.- Está documentada a existencia no século XVIII dun pontón riba do Río Sarria, que poñía en comunicación dúas fincas dos señores da Casa Forte de Lusío.
  • Ponte de Lastres.- Substituíu a un pontón de madeira. Hoxe, feita en formigón, permite o paso de vehículos.
  • Ponte de Freituxe.- Houbo un pontón anterior. Acondicionada para o paso de vehículos.
O río Sarria á saída da vila
O río Sarria á saída da vila
  • Pontón da Área da Capela do Ciprés.- Para comunicación no paseo fluvial.
  • Ponte do Río.- Construída cando se acondicionou a estrada paralela ó Camiño de Santiago.
  • Ponte de Samos.- Construída cando se fixo a estrada de Samos a Pedrafita do Cebreiro.
  • Ponte do Mosteiro.- En realidade é un resto do antigo acueduto que subministraba auga ó mosteiro.
  • Ponte da Botica.- A carón da Casa do Concello e da Botica, estaba no Camiño Francés de Triacastela a Samos.
  • Pontóns de A Veiga.- Forman parte do Paseo Fluvial.
  • Ponte da Ferraría.- Daba acceso á antiga ferrería. Hoxe permite o paso de autos.
  • Ponte de Teiguín.- Serve de acceso ó Refuxio de Pesca.
  • Ponte do Muíño de Teiguín.- Acceso para o muíño e para o Camiño de Formigueiros por Sancobade.
  • Ponte Nova (II).- Construída con ocasión das obras de acondicionamento da estrada paralela ó Camiño de Santiago. Está feita en formigón.
  • Ponte Nova ( I ).- Construída en pedra cando se fixo a estrada de Sárria a Samos (derredor de 1890).
  • Ponte do Bao.- No antigo camiño de Sarria a Samos.
  • Ponte de Reiriz.- Tamén chamada Ponte da Veiga de Reiriz. Ten un peto cunha capeliña con santo de pedra.
  • Ponte de Riba do Pazo.- Comunica fincas.
  • Ponte de Perros.- A carón do Muíño de Perros.
  • Ponte de Barxa.- Dá acceso a este lugar da parroquia de Calvor.
  • Ponte de Lier.- Sustitue a un pontón anterior. Hoxe permite o paso da pista de Camiño a Lier.
  • Ponte de Barxelas.- No camiño de Castelo dos Infantes a Lier.
Lavadoiro "Ponte Ribeira"
Lavadoiro "Ponte Ribeira"
  • Ponte de Frollais.- Na estrada de Sárria a Samos.
  • Ponte de Pedrachantada.- Para dar acceso desde a estrada de Pedrafita ó lugar de O Carballal ou Pedrachantada.
  • Pontes de Fafián.- A carón do Muíño do Conde. Na rota de sendeirismo de As Aceas. O pontón de madeira desapareceu na chea do 2002.
  • Ponte da Acea de Arriba.- Serve de acceso ó Muíño da Acea de Riba. A carón do Muíño da Acea de San Fiz de Reimóndez. Servía de acceso ó muíño e para as parroquias de Reimóndez e Fafián.
  • Ponte da Acea de Abaixo.- A carón do muíño da Acea de Farbán. Comunicaba as parroquias de Farbán e Fafián. Era un pontón de madeira, sobre piares pizarrosos, ó que se lle substituíu o entallamento por unha prancha de formigón.
  • Ponte de Ribela.- A carón do Campo de Deportes. Comunicaba o lugar de Ribela ( Farbán) co resto da súa parroquia. Substituída logo por outra con prancha de formigón, desapareceu na chea de 2002. Nos vindeiros anos sufrirá unha nova transformación, como consecuencia de darlle acceso ó estadio municipal.
  • (Ponte do Lago.- en proxecto).- Permitirá enlazar a estrada de Monforte coa estrada de Samos.
  • Ponte Castelao.- Construída entre a Ribeira dos Cucos e a paraxe do Lago, para dar acceso á Zona Escolar. É unha ponte baixa, en formigón armado, e dun só oco.
  • Ponte do Chanto.- Dentro do núcleo da vila de Sárria, é unha ponte peatonal, de moderna traza, con escaleiras de acceso dunha e outra banda do río. Construída en formigón armado, é dun só tramo, apoiado en dous piares, e con varanda de ferro.
Ponte Ribeira en 1932
Ponte Ribeira en 1932
  • Ponte Ribeira.- É unha das pontes históricas do Camiño de Santiago. De orixe medieval, Sufriu grandes transformacións no século XVIII. Deveu ter cando menos seis arcos. Está feita en pedra de pizarra, e conta con tallamares. O arco principal caeu no 1871, e primeiramente foi substituído por vigas de madeira, e logo, na década dos anos 193O, refíxose con colocación de vigas de formigón. Ata o século XIX había que pagar portaxe para pasar por ela. Cara 1983 endosóuselle á ponte obra de fábrica en formigón, tamén con tallamares, para ancheala, perdendo así o seu carácter xenuíno.
  • Ponte de Alfonso IX.- E unha ponte construída en 1992 en formigón armado para darlle acceso peatonal a un hotel abicado na Agra da Ponte Ribeira.
  • Ponte do Toleiro.- Foi primeiramente un pontón para entrada e saída ó Muíño do Toleiro (Vilar de Sarria), e polo tanto tiña carácter privado, aínda que fose utilizado para atallar na saída do camiño de Pintín. Urbanizada a zona, aproveitando os piares, instalouse prancha de formigón, con enbelecementos de ferro, e varanda con cables. Riba do rairo do Muíño había un pontón de madeira, que se substituíu tamén por nova obra en formigón armado.
  • Ponte de Ferro ou Ponte Nova de Sárria (Ponte do Areal).- Construíuse para dar paso á estrada de Sarria a Samos, na década final do século XIX, as vigas orixinarias e o seu entresixado eran de ferro. Tiña un só van riba do río, e dous pasos laterais, un para o camiño do Campo do Río ou do Areal, e outro para o rairo do Toleiro. Sufriu dous ancheamentos, desaparecendo a estrutura metálica, substituída por vigas e prancha de formigón, amais de dotala dun piar central.
  • (Ponte de Riosol.- En proxecto).- Para comunicar a zona da Agra do Caneiro con As Ameneirizas.
Ponte Vella.
Ponte Vella.
  • Ponte de Vilar de Sárria ou Ponte Vella.- É obra de fábrica do século XVIII, substituíndo a outra medieval. Indebidamente chamada "Ponte Romana", é coloquialmente coñecida como Ponte Vella.

A carón da Ponte había unha taberna da parroquia, que perdurou ata o século XIX e estaba, en tempo de baixa nas augas, prohibido que os carros pasasen por ela, xa que tiñan que pasar polo vao. Os usuarios tiñan quen pagar pontaxe.

  • Ponte das Sete Vigas.- Queda lembranza de que, augas abaixo do Muíño da Nogueira, houbo unha ponte con esta denominación.
  • Pontes da Illa da Veiguiña.- No brazo esquerdo da illa hai un pontigo de madeira, e no brazo dereito unha ponte de piares de pedra e prancha de formigón.
  • Ponte do Muíño de Betote.- É un pontón de madeira, sobre piares de pedra.
  • Ponte de Manan.- Augas abaixo do Muíño. Substituíu a un pontón de madeira peatonal que había entre Lezoce e Manan, cando se fixo a estrada de O Montés a Céltigos. Recentemente foi ancheada.
  • Ponte da Veiga.- Comunica O Feal con Fonteabuín (Santiago da Veiga); foi construída como consecuencia dos traballos de concentración parcelaria.
  • Ponte da Reza.- Na estrada que comunica Céltigos con Carracedo ( Láncara).
Ponte da  aspera que cruza o río Celeiro
Ponte da aspera que cruza o río Celeiro
  • Ponte de Vilambrán.- Na estrada de Céltigos -A Pobra de San Xulián.
  • Piares de Vilambrán.- Permitían o paso, en tempo de augas non moi altas entre a zona de Céltigos e Vilambrán.
  • Ponte de Ronfe.- A carón da igrexa e do muíño do pazo dos Camba.
  • Ponte de Supena.- Comunica a estrada de Vilapedre co lugar de Supena.
  • Ponte da Veiga de Vilapedre ( Sárria).- Ponte do ferrocarril.
  • Ponte de Penaboa.- Na parroquia de Vilafiz, do Concello de O Páramo.
  • Ponte da Vía.- En A Pobra de San Xulián, fronte a Agreimonde. Entre os concellos de O Páramo e Láncara.
  • Pontes de Agreimonde- A Pobra de San Xulián.- Hai documentada unha antiga ponte de acceso a A Pobra de San Xulián. Hoxe, con modificacións, conservase a primeira ponte da estrada de Valdeorras (1850-1855), e a máis recente é a da estrada de Lugo a Monforte.
  • Ponte de Moscán.- Comunica A Pobra de San Xulián con Moscán (O Pàramo).

[editar] Os Muiños

Muíño no río Sarria
Muíño no río Sarria

O grande aproveitamento que as augas do río Sárria tivo ó longo dos séculos, para mover muiños e relos, queda patente na relación que se fai a continuación:

  • Pena Partida
  • Renche
  • Samos
  • Teiguín
  • Perros
  • Pedrachantada
  • Regueiro
  • Fafián
  • Acea de riba
  • Acea de Abaixo
  • Ponte Ribeira
  • O Toleiro
  • A Nogueira
  • Betote de Abaixo
  • Manán
  • Rubín
  • A Reza
  • Ronfe
  • Vilafiz
  • Moscán

[editar] Aproveitamentos do Río

  • Ferrería de Lusio.- Habería que destacar a Ferraría de Lusío ( no rego do Castelo) en Renche , de moita sona ata o século XIX, e situada cerca do río Sárria.
  • Ferrería de Samos.- Augas abaixo do barrio da Veiga, fronte a Foxos.

[editar] Producción de Electricidade

Muíño da Nogueira en Vilar de Sarria
Muíño da Nogueira en Vilar de Sarria

Hai que citar as seguintes pontes:

  • TRIACASTELA.- " Eléctrica de Triacastela", cun centro de produción hidráulica , e un ambicioso proxecto de maior envergadura que quedou inacabado.
  • VILA DE TRES.- Central eléctrica que promoveron os monxes de Samos, e está aínda en produción.
  • SAMOS.- MUIÑO DE BIZARRO.- A familia Valdés, ata non hai moitos anos produciu electricidade, facendo o subministro do alumeado público.
  • O TOLEIRO.- A "Eléctrica do Toleiro", promovida polos Irmáns Martínez, estivo en funcionamento a partir do verán de 1915, subministrando en parte á vila, desaparecendo por virtude de acordo comercial con "Electra Sarriana" de José Antonio Gayoso "Marzán".
  • A REZA.- "Eléctrica de la Reza", produciu electricidade desde os anos 1920 para a zona de Oleiros-Céltigos. Hoxe é só distribuidora por cesar na produción.

[editar] Presas

Moitas das presas serviron para encorar a auga destinada ós muiños, outras serviron para os caneiros e pesqueiras ( suprimidos a primeiros do século XX ) ,e para as regas.

As regas máis destacadas son as de Renche, Viladetrés, Reiriz-Sivil, Perros-Barxa, Ribela desde a Presa do Peago, Sarria: Presa do Caneiro- Pradeda, Presa da Nogueira- A Ribeira, Presa dos Escallos- A Veiguiña, San Xulián da Veiga.

[editar] Outras actividades

[editar] Áreas recreativas
  • Área de Pena Partida
  • Área da Ponte de Almirón
  • Capela do Ciprés en Samos
  • Área da Veiga de Samos
  • Teiguín, con Refuxio de Pescadores.
  • Área da Ponte Nova de Pascais
  • Praia Fluvial de O Chanto.
  • Malecón do Río Sárria

[editar] Estación Potabilizadoras de Augas
  • Teiguín: Para o Concello de Samos
  • Acea de Riba: Para O Oural ( factoría de cementos e núcleo, parroquias de Froián ).
  • Acea de Baixo: Para Sárria, Farbán, Vilar de Sárria, Requeixo e San Xulián da Veiga.

[editar] Coutos de Pesca

Entre a Ponte Castelao e a Ponte de Ferro, ou do Areal, está prohibida a práctica da pesca.

  • Couto de Samos
  • Couto de Ronfe

[editar] Valores Paisaxísticos

Paraxes de interese:

  • A Boca da Reigosa
  • Pena Partida
  • O núcleo de San Cristovo do Real
  • A Veiga de Renche
  • O núcleo de Samos co Mosteiro e Capela do Ciprés.
  • O núcleo de Teiguín-Monte do Carballal
  • A Veiga de Reiriz.
  • O conxunto de Perros (pazo, muíño, capela, souto..)
  • As Aceas (Fafián, Cesar, Reimóndez, Farbán)
  • A illa da Veiguiña

[editar] Estacións Medidoras de Caudal
  • Na Ponte de Frollais (Samos).
  • Entre Agreimonde e A Pobra de San Xulián

[editar] Criadeiro de troitas
  • No muíño da familia Pumares en Pedrachantada.

[editar] Matadoiro (Desaparecido)
  • A partir de 1860, e beira do río, estivo a Casa Matadoiro , macelo da vila de Sárria.

[editar] Depuradoras de augas residuais
  • Na Volta do Mosquito-Samos.
  • Na Veiguiña, a EDAR de Sárria
  • En San Xulián da Veiga a EDAR do Parque Empresarial.

[editar] Festas e celebracións

Entroido especialmente o domingo.
Feiras 6, 20 e 27 de cada mes.
Semana Santa Procesión de Ramos, Via Crucis e Santo Enterro.
San Xoán (patrón) 23 e 27 de xuño.
Entroido de Verán agosto.
Os Remedios Inicios de setembro. Romaría campestre no Alto de Cesar.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Sarria

[editar] Galería de fotos antigas de Sarria

[editar] Fotos de Sarria

[editar] Lugares de Sarria

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sarria vexa: Lugares de Sarria.


[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sarria

Albán (Santa María) | Barbadelo (Santiago) | Belante (Santa María) | Betote (San Vicenzo) | Biville (San Miguel) | Calvor (Santo Estevo) | O Camiño (San Mamede) | Castelo dos Infantes (Santiago) | Cesar (San Salvador) | A Chanca (San Mamede) | Chorente (San Xulián) | Corvelle (Santa María) | Fafián (San Xoán) | Farbán (Santiago) | Ferreiros (San Sadurniño) | Fontao (San Martiño) | Frades (San Xulián) | Goián (San Miguel) | Lier (Santa María) | Loureiro (San Martiño) | Lousadela (Santo Estevo) | Louseiro (San Martiño) | Maside (San Pedro) | O Mato (San Salvador) | Meixente (San Xulián) | Nespereira (Santiago) | Ortoá (Santa María) | A Pena (Santa María) | Piñeira (San Miguel) | A Pinza (San Salvador) | Requeixo (San Martiño) | Rubín (Santa Mariña) | San Fiz de Reimóndez (San Pedro Fiz) | San Fiz de Vilapedre (San Fiz) | San Miguel de Vilapedre (San Miguel) | San Pedro de Froián (San Pedro) | San Sadurniño de Froián (San Sadurniño) | San Salvador da Pena (San Salvador) | San Vicenzo de Froián (San Vicenzo) | San Xulián da Veiga (San Xulián) | Santalla de Arxemil (Santalla) | Santo André de Paradela (Santo André) | Santo Antolín (Santa Eufemia) | Santo Estevo do Mato (Santo Estevo) | Sarria (San Salvador, Santa Mariña, Nosa Señora do Rosario) | Seteventos (San Pedro) | A Veiga (Santiago) | Vilamaior (Santa María) | Vilar (Santa María) | Vilar de Sarria (San Salvador)

[editar] Ligazóns externas

[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -