Meiriño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un meiriño (do latín maiorinus) era un cargo da administración de xustiza durante a Idade Media e a Idade Moderna que se podía referir a dúas funcións ben distintas:
Meiriño ou oficial de xustiza (tamén chamado sagio ou saión -en castelán sayón): tiña atribucións diversas; entre outras, era o encargado de prender, citar, peñorar e cumprir calquera mandado xudicial. A figura corresponde ao actual "oficial de xustiza" do direito español, denominación que tamén se dá no direito portugués (aínda se utiliza no Brasil), que conserva a denominación tradicional común ao galego. [1]
Meiriño mor (en castelán Merino-mayor) referíase aos correxedores ou adiantados que eran os delegados do rei nun territorio (e nomeados por el), na que fiscalizaban a administración da xustiza.
Segundo a Historia do Direito Portugués:
De três categorias eram os meirinhos: O meirinho-mor, o meirinho que andava na côrte em lugar do
meirinho-mor e o meirinho das cadeias. O meirinho- mor era homem de grande sangue e muito principal,
fazia as coisas de muita importância quando lhe por El-Rei fossem mandadas ou por sua justiça
requeridas. A seu ofício pertencia prender pessoas de Estado, quando por El-Rei mandado; e assim
grandes fidalgos e tais que as outras justiças não pudessem bem prender"
A diferenza entre os dous postos vén de antigo, pois xa está presente nas Partidas de Afonso X:
Merino es nombre antiguo de España: que quiere tanto decir, como hombre que tiene mayoria para facer justicia sobre algun lugar señalado, asi como villa, o tierra . E estos son en dos maneras. Ca unos hay que pone el Rey de su mano, en lugar de adelantado, a que llaman merino mayor. E este tiene tan gran poder como el adelantado: e otros hay que son puestos por mano del adelandado o de los merinos mayores. Pero estos tales no puden facer justicia, sino sobre cosas señaladas”.
Partidas, 2 , 9, 23.
Como se ve, o Meiriño-mor '"fai xustiza", isto é, xulga. O meiriño-saión só fai que se cumpran estas decisións (aínda que non só ás ordes dun meiriño-mor, se non de calquer administrador de xustiza: xuíces, ouvidores, vigarios..)
[editar] Referencias
- ↑ Segundo o Indice Fundamental do Direito: Não se confundia com o meirinho-mor, funcionário de alto nível nomeado pelo rei, com atribuições de importância maior, sendo dotado de jurisdição, exercida no seu meirinhado.[1]