See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pedro Martínez de la Rosa - Wikipedia

Pedro Martínez de la Rosa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pedro Martínez de la Rosa
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Español
Monopraza número 4
Escudería actual McLaren
Escudería no 2009 {{{EscuderíaVindeira}}}
Grandes Premios disputados 71
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 1
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 1999
Posición no 2008 11º (19 pts)
editar

Pedro Martínez de la Rosa (Barcelona, 24 de febreiro de 1971) é un piloto oficial de Fórmula 1 na escudería McLaren-Mercedes. Participou en 67 Grandes Premios, debutando o 7 de marzo de 1999.

Índice

[editar] Inicios

Tivo que conformarse con pilotar coches radiocontrol desde os 12 ata os 16 anos, e non se lle deu mal xa que chegou a ser subcampión do mundo de radiocontrol dúas veces campión de Europa na especialidade de todo terreo.

En 1988 o su pai comproulle un kart e empezou a competir con el gañando campionatos locais e finalmente o de Cataluña. En 1987 preséntase en España unha nova categoría de iniciación nos monoprazas, a Formula Fiat. Aproveitando o certame, a Real Federación Española de Automovilismo promoveu a formación de xoves pilotos no mundo do motor. O obxectivo era establecer unha ponte entre o karting e as categorías superiores. A tutela da Federación e o soporte duns cantos patrocinadores fixeron posible o proxecto e Pedro Martínez de la Rosa foi escollido naquel programa de formación de pilotos chamado "Ofensiva Uno / Racing for Spain" proclamándose un ano máis tarde campión de España coa escudería Meycom, logrando 2 vitorias e tres podiums en 7 carreiras con monoprazas Fiat.

[editar] O proxecto "Racing for Spain"

Nos seguintes anos participou co Racing for Spain en máis campionatos nacionais, sendo campión en 1990 da Fórmula Ford 1600 coa escudería "Minister International", logrando 8 vitorias e un podio en 10 carreiras. Tamén corre nesta mesma categoría, pero na edición inglesa, na cal logra 2 podios en 6 carreras. A súa vez, é finalista no Formula Ford Festival (Brands Hatch) equivalente a Copa do Mundo de Fórmula Ford.

En 1991 compite no Campionato de España - fórmula Renault, outra vez baixo a plataforma Racing for Spain da Real Federación Española de Automovilismo - Minister International. Logra 3 podios en 10 carreras e a cuarta posición final do campionato.

En 1992, Martínez de la Rosa trasládase a Gran Bretaña para competir na Fórmula Renault Británica, repetindo a mesma escudería que en anos anteriores. Neste caso logra 3 vitorias e 4 podios en 14 carreiras, co que logra a clasificación xeral. A súa vez compite na European Formula Renault Series, logrando 2 vitorias de 3 carreiras, e o campionato; finalmente álzase co "Privilege Formula 3 Festival".

En 1993 pasa á Fórmula 3 Británica, outra vez baixo a plataforma Racing for Spain, pero coa escudería "West Surrey Racing". Logra 3 podios sobre 17 carreras, e un sexto lugar na clasificación final. En 1994 continúa na Fórmula 3 Británica, e coa mesma escudería, pero non logra ningún resultado no campionato a excepción dunha pole no circuíto de Donington. Ó mesmo tempo, traballa no programa oficial de desenvolvemento de motores Renault.

[editar] A aventura xaponesa

En 1995 abandona a plataforma "Racing for Spain" e viaxa a Xapón competindo na All-Japan Formula 3 Championship, co equipo Toyota Team Tom´s. Logra 8 carreiras e un segundo posto de 9 carreiras, proclamándose campión absoluto a falta dun 40% das carreiras. Tamén compite na FIA F-3000 World Cup en Macao conseguindo un terceiro posto nesta, a súa primeira participación.

En 1996 entra na Fórmula Nippon F-3000, coa escudería Shionogi-Nova, logrando unha segunda praza e 6 puntuacións (entre os 6 primeiros), quedando oitavo no campionato. Á súa vez compite no All-Japan GT Championship, con Toyota Teram Tom´s, logrando 2 terceiros e un oitavo final que lle significaron un oitavo na xeral (sobre 6 carreiras + testing). Volve a competir na FIA F-3 World Cup de Macao con un 7º puesto, esta vez con Paul Stewart Racing.

En 1997 afiánzase coa vitoria na Fórmula Nippon F-3000, a pesar de repetir escudería. Logra 4 poles, 3 vueltas rápidas, 6 vitorias, 3 segundos postos e un terceiro en 10 carreiras; logrando a vitoria final a falta de 3 carreiras. Tamén gaña a All-Japan GT Championship, con Toyota Team Tom´s, logrando 2 poles, unha volta rápida, 2 vitorias, un segundo posto e outro terceiro sobre 6 carreiras + testing. É aquí onde empeza a xurdir a súa rivalidade con Ralf Schumacher, o cal recibía un trato preferente dada a exitosa carreira do seu irmán o campionísimo Michael Schumacher.

[editar] Inicios na Fórmula 1

En 1998 entra na Fórmula 1 como probador do equipo Benson & Hedges Jordan, no cal realiza máis de 4.500 Km. e traballa dentro do programa de desenvolvemento dos motores Honda.

Ó ano seguinte logra entrar nas parrillas da Fórmula Un coa escudería Arrows, e grazas ao patrocinio de Repsol; o seu compañero de escudería foi o xaponés Tora Takagi. O mundial non puido empezar mellor tralo primero punto o día do seu debut en Australia o 7 de Marzo. Igualando así o record que mantiñan pilotos como Alain Prost, e que agora lograron outros pilotos como Mark Webber, Nico Rosberg ou Timo Glock, coa dificultade engadida de que, cando Pedro o conseguiu, só puntuaban seis, mentres que estes últimos pilotos puideron conseguir puntos entrando entre os oito primeiros. O resto da temporada foi para esquecer. Os recortes de orzamento deixáronos como a escudería máis feble da grella. Ao final da temporada quedou no puesto 18º.

En 2000 segue coa escudería Orange Arrows, co coche algo máis competitivo, e en especial para os circuitos de máis velocidade, non para os máis ratoneiros, esta vez o seu compañeiro de equipo foi o holandés Jos Verstappen. Logra 2 sextos postos no Gran Premio de Europa (Nürburgring, 21/5/2000), y Alemaña (Hockenheim, 30/7/2000). Ademais do esperpéntico GP de España en Montmeló onde non puido salir nunha 6ª praza tras un error na composición dos carburantes, ou o abandono no GP de Austria trala rotura dun manguito cuando levaba 32 vueltas en praza de podio. Logrou un 15º final.

[editar] O paso por Jaguar

Así a todo, o ano 2001 foi moi difícil para Pedro, Arrows comunicalle a súa decisión de prescindir dos seus servizos trala ruptura da escudería con Repsol, e nun momento en que tódolos asentos xa estaban collidos. Finalmente toma a decisión de fichar como piloto de probas de Prost Grand Prix, coa premisa de que pasará en seguida a ser piloto oficial, sendo susbtituído o arxentino Gastón Mazzacane. Finalmente Niki Lauda entrométese e ficha a Pedro para Jaguar, pasando a ser piloto titular nun intercambio co brasileiro Luciano Burti; o seu novo compañeiro de equipo pasou a ser Eddie Irvine. Ese mesmo ano logra un quinto no GP de Italia (Monza, 16/9/2001), e un sexto en Canadá (10/5/2001). Pedro pasaba a non depender de patrocinadores chegando a un equipo oficial.

En 2002 segue como piloto de Jaguar Racing, aínda que nesta difícil temporada non logra puntuar, ao final da temporada os 2 pilotos son cesados.

[editar] Probador en McLaren

Pedro no British Grand Prix de 2005
Pedro no British Grand Prix de 2005

En 2003, tralo inicio da eclosión de Fernando Alonso, De la Rosa é contratado como piloto de probas de McLaren-Mercedes, cargo que non abandonou ata a actualidade, e compartendo esta tarefa co austríaco Alexander Wurz. En 2005 tivo más relevancia ao instaurarse a sesión de entrenamentos do venres coa posibilidade de aportar un terceiro piloto, Pedro foi o principal líder nestas probas. Aínda que o seu momento foi durante o GP de Bahrein ao substituír ao colombiano Juan Pablo Montoya e lograr una quinta posición, sumando 4 puntos a escudería de Woking. A súa vez logrou a única volta rápida da súa carreira, e fixo un gran "show" de adiantamentos dos que nunca se esquecen, e complementaría coa fácil vitoria que a súa vez logrou Fernando Alonso.

En 2006 prosegue coa cuarta temporada como probador, aínda que manifestou a idea de que esta sería a súa última temporada como tal, polo que o seu obxectivo é o de lograr coche para o ano que vén. Hai rumores de que trala salida de Fernando Alonso de Renault, Telefónica pediu a presenza de Pedro para poder seguir co seu patrocinio á casa francesa, polo que podería haber un intercambio de cromos españois.

[editar] Piloto oficial en McLaren

Debido a retirada de Juan Pablo Montoya da Fórmula 1 (volveu a Estados Unidos, para participar con Chip-Ganassi no Campeonato NASCAR a partir de 2007), McLaren confirmou a De la Rosa como piloto titular ata o final de la Temporada 2006.

No seu debut en dita temporada, no G.P de Francia, logrou clasificarse no 8º lugar, terminando a carrera no 7º puesto. Na súa segunda carreira no Gran Premio de Alemaña, logrou clasificarse en 9º lugar, e tras 2 voltas o seu McLaren tivo un problema coa bomba da gasolina e tivo que retirarse. No G.P de Hungría consegue a súa mellor clasificación; sae 4º desde a grella de saida e finaliza a carreira en segunda posición, co que consegue o primer podio da súa carreira deportiva na máxima categoría.

[editar] Ligazóns externos

Páxina de Pedro de la Rosa Proxecto onde Pedro de la Rosa traballa como asesor en "La Ciudad del Motor de Aragón S.A." WEB da "Real Federación Española de Automovilismo"


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -