Ralf Schumacher
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ralf Schumacher naceu en Hürth-Hermülheim en Alemaña o 30 de xuño de 1975. É piloto de Fórmula 1 e é o irmán pequeno de Michael Schumacher, o sete veces campeón do mundo deste deporte.
[editar] Carreira deportiva
Igual que Michael comezou a correr en kart dende moi pequeno en Kerpen, no kart-club onde o seu pai Rolf Schumacher traballaba no seu tempo libre e a súa nai Elisabeth estaba a cargo da cantina do kart-club. En 1992 participou no German Kart Championship e tamén participa na súa primeira carreira en monopraza.
A pertir de 1997 comeza a súa andaina na Fórmula 1, no equipo Jordan. Logo pasaría por Williams e actualmente participa na escudaría Toyota.