See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Parque Nacional das Illas Atlánticas - Wikipedia

Parque Nacional das Illas Atlánticas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Extensión do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Extensión do Parque Nacional das Illas Atlánticas

As chamadas Illas Atlánticas convertéronse o 13 de xuño do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza (décimo terceiro de España), cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas. Recibe a denominación de Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. No ano 2007 o parque recibiu 238.939 visitas[1].

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que están situadas nas Rías Baixas, están declaradas zonas de interese xeral pola singularidade da súa flora, fauna, xeomorfoloxía e paisaxe que as converten en Patrimonio Natural e Cultural de indubidable valor científico, recreativo e educativo.

A delimitación territorial deste parque nacional realizouse en función da singularidade e riqueza faunística que alberga, a variedade das súas formacións vexetais e a súa espectacularidade paisaxística.

Quedaron fóra do Parque Nacional das Illas Atlánticas as de Lobeiras, Sisargas, San Simón e Tambo e as franxas terrestres da Costa da Morte, Cabo Udra, San Adrián, Costa da Vela e o complexo dunar de Corrubedo, entre outras, aínda que non se descarta unha posible ampliación.

Índice

[editar] Arquipélagos e illas integrantes

  • Archipélago de Ons: As Illas Ons forman un arquipélago situado na boca da Ría de Pontevedra nas coordenadas: 42°22′50″N, 8°56′00″O. Compóñese da Illa de Ons, a única illa do parque nacional habitada durante todo o ano, a Illa de Onza ou Onzeta, e outros pequenos illotes entre os que destacan O Corveiro. Na estación estival realízanse viaxes marítimas a diario dende os portes de Marín, Cangas, Bueu, Sanxenxo e Portonovo.




  • Illa de Sálvora: A Illa de Sálvora atópase na boca da entrada da Ría de Arousa, separada da terra firme por unha distancia duns 3 qm polo norte. Sálvora pertence ao concello de Ribeira (provincia da Coruña). Posúe unha extensión de preto de 190 Ha, e ten unha altitude máxima de 71 metros. Case todo o perímetro da illa é zona rochosa, agás tres pequenas praias de area milla e branca.



[editar] Arquipélagos e illas aspirantes

Arquipélago das Illas Sisargas
Arquipélago das Illas Sisargas

Aparte das illas que pertencen ao conxunto do parque nacional, existen outras illas que atópanse en proceso ou aspiran a integra-lo ou.

  • Illa de Tambo: Atópase no medio da Ría de Pontevedra, xa na súa parte final, fronte á vila de Marín aínda que pertence ao concello de Poio. Ten unha superficie de 28 hectáreas e alcanza os 80 metros de altitude. A illa ten unha forma ovalada e ten unha típica forma piramidal completamente cuberta de árbores, especialmente eucaliptos. Polo sur ten unha pequena península que semella case unha illa vista dende terra e que conta cun vello faro. Tambo conta con dúas praias unidas en na parte norte da illa e con tres pequenos embarcadoiros. O principal problema para a inclusión da illa no parque nacional é a relativa sucidade das augas no interior da ría producida, principalmente. pola fábrica de celulosas de Marín. A isto hai que engadir a ocupación militar que a illa tivo dende fai décadas ata a súa recente desocupación.
  • Illas Sisargas: Estas illas pertencen ao concello de Malpica de Bergantiños e do mesmo xeito que Tambo a súa adesión ao parque nacional depende principalmente da compra por parte do Goberno ou da Xunta de Galicia aos seus donos e facela, así, pública. A diferenza de todas as demais illas estas atópanse fóra das Rías Baixas, na zona da Costa da Morte. O arquipélago está formado por tres illas, chamadas Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica, e unha serie de illotes circundantes. As illas son na súa maioría de natureza rochosa, o que propicia que na Sisarga Grande haxa numerosos cantís. Con todo, nesta mesma illa podemos atopar un embarcadoiro e unha pequena praia no sur.

O primeiro faro do arquipélago foi construído en 1853 e na antigüidade dise que houbo algún tipo de fortificación relixiosa derruida polo tempo e polos ataques normandos á illa. A riqueza ortinolóxica das illas queda patente nas numerosas colonias de aves endémicas destas paraxes ou que están en perigo de extinción como a gaivota escura, o arao dos cons ou a gaivota tridáctila.

[editar] Referencias

  1. http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/org_auto/visitas/generalidades.htm Datos de visitas aos parques nacionais (2002-2007)
  2. Top 10 beaches of the world | Travel | guardian.co.uk
  3. http://www.galeon.com/arousa/contido.htm O maior bosque de loureiros de Europa

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -