Ría de Pontevedra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Ría de Pontevedra está situada na provincia de Pontevedra, en Galiza.
É unha das 3 principais entradas de mar das Rías Baixas galegas, a zona máis turística da comunidade. Ademais tamén é a máis regular delas e terceira máis grande, de todas as de Galicia, con 145 quilómetros cadrados de superficie.
Na ria hai unha illa, a de Tambo e na saída xa da ria, están as Illas Ons Esta ría conta cun volume aproximado de 3.937 hm3.
Unha das principais características da ría é a cantidade de Bateas que existen.
Índice |
[editar] Situación
Está situada na provincia de Pontevedra, nas Rías Baixas, que están bañadas polo Océano Atlántico. Está na comunidade de Galiza, ao noroeste da Península Ibérica.
É a segunda ría das tres deste conxunto, ao final da ría está situada a capital provincial, Pontevedra. Ao sur da ría está a comarca de Morrazo; ao norte a comarca do Salnés; ao oeste o Océano Atlántico e as famosas Illas Ons; e ao leste o interior de Galicia, a cidade de Pontevedra.
O curso fluvial que máis auga verte a esta ría é o Río Lérez, cunha media anual de 432 hm3. A media de precipitacións anuais son 1.500 mm.
[editar] Turismo
Esta ría é moi turística, unha das zonas máis turísticas de Galiza, e nela están os municipios de Marín, coa súa Escola Naval Militar, a moi turística Sanxenxo, Bueu, Pontevedra ou Poio, e localidades como Portonovo ou Combarro, cos seus típicos hórreos (canastros).
Nas súas augas pódese practicar a vela e a navegación con seguridade, destacando entre as instalacións destinadas ao efecto o Real Club Náutico de Sanxenxo. Desde aquí partiu a última Volvo Ocean's Race.
Ademais hai unha impresionante cantidade de praias tanto na súa zona norte, como na sur, algunhas son:
- Praia de Bueu
- Praia de Aguete
- Praia de Silgar
- Praia de Mogor
- Praia de Lourido
- Praia de Maxor
Outro punto de atracción é a presenza das Illas Ons, pertencentes a Bueu e integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas, ao que se pode acceder en ferrys que parten de Sanxenxo, Marín e Bueu, e cuxas praias son óptimas, ademais de ter unhas atalaias privilexiadas sobre a Ría, desde O Grove ata Cabo Home, en Cangas do Morrazo.
A Praia da Lanzada non está situada dentro da ría, pero si nas proximidades. É un importante foco turístico.
A media anual das temperaturas das súas augas son 14º, aínda que en agosto é duns 20ºC.
[editar] Poboación
Nos municipios que rodean a Ría habitan máis de 150.000 persoas, no verán debido ao turismo pode chegarse ás 200.000.
O municipio máis poboado é a capital da provincia, Pontevedra, con máis de 80.000 habitantes, séguelle Marín con máis de 26.000 habitantes.
[editar] Fauna
A fauna da Ría de Pontevedra é moi rica. Hai moitas especies de interese gastronómico, como o marisco, grazas a elas traballan algúns dos habitantes da ría.