Parque natural
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os parques naturais son áreas naturais, pouco transformadas pola explotación ou pola ocupación humana que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polos que a súa conservación merece unha atención preferente.
Galiza conta na actualidade con seis parques naturais (en cada caso indícase a data na que foron declarados parques naturais):
- Monte Aloia, con 746,29 ha (4.12.1978).
- Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, 996,25 ha (5.06.1992).
- Baixa Limia-Serra do Xurés, 20.920 ha (11.03.1993).
- O Invernadeiro, 5.722 ha (5.06.1997).
- Fragas do Eume, 9.125,65 ha (11.08.1997).
- Serra da Enciña da Lastra, 3.151,67 ha (2001).
Parques naturais da Galiza | ||
---|---|---|
O Invernadeiro | Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán | Serra da Enciña da Lastra | Fragas do Eume | Monte Aloia | Baixa Limia-Serra do Xurés |