Xunta de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galiza. Está composta polo Presidente, Vicepresidentes e conselleiros. Os Vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galiza exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi.
A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galiza. Tamén tén competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galiza; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museus, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre protección do medio ambiente.
Índice |
[editar] Historia
A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galiza creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.
Durante a Guerra da Independencia Española, en 1808, crease a Xunta Suprema de Galicia para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais ata a creación da Xunta Central Española.
En 1843 constituise unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé Maria Suances oposta á rexencia de Espartero.
En 1846 prodúcese o levantamento do comandante Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Diputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pio Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.
Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 establecen a Xunta de Galicia como goberno galego.
[editar] Presidentes da Xunta de Galicia
- 1978-1979 - Antonio Rosón Pérez (UCD) (preautonómico)
- 1979-1982 - Xosé Quiroga Suárez (UCD) (preautonómico ata 28 abril 1981)
- 1982-1987 - Xerardo Fernández Albor (AP)
- 1987-1990 - Fernando Ignacio González Laxe (PSOE)
- 1990-2005 - Manuel Fraga Iribarne (PP)
- 2005- - Emilio Pérez Touriño (PSOE)
[editar] Consellarías
- Vicepresidencia para a Igualdade e o Benestar
- Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- Consellería de Economía e Facenda
- Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes
- Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
- Consellería de Sanidade
- Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
- Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
- Consellería de Traballo
- Consellería de Innovación e Industria
- Consellería de Cultura e Deporte
- Consellería do Medio Rural
- Consellería de Vivenda e Solo
[editar] Cargos
- Presidente: Emilio Pérez Touriño (PSdeG)
- Vicepresidente: Anxo Quintana (BNG)
- Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: José Luis Méndez Romeu (PSdeG)
- Conselleiro de Economía e Facenda: Xosé Ramón Fernández Antonio (PSdeG)
- Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes: María Xosé Caride (PSdeG)
- Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria: Laura Sánchez Piñón (PSdeG)
- Conselleiro de Sanidade: María Xosé Rubio Vidal (PSdeG)
- Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos: Carmen Gallego (PSdeG)
- Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: Manuel Vázquez Fernández (PSdeG)
- Conselleiro de Traballo: Ricardo Varela (PSdeG)
- Conselleiro de innovación e Industria: Fernando Blanco Álvarez (BNG)
- Conselleira de Cultura e Deporte: Ánxela Bugallo (BNG)
- Conselleiro do Medio Rural: Alfredo Suárez Canal (BNG)
- Conselleira de Vivenda e Solo: Teresa Táboas Veleiro (BNG)
[editar] Ubicación
- Edificios Administrativos San Caetano
San Caetano s/n
15704 Santiago de Compostela- A Coruña - Pazo de Raxoi
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela- A Coruña
[editar] Véxase tamén
- Parlamento galego
- Emilio Pérez Touriño
- Anxo Quintana
- Partido Socialista de Galicia
- Bloque Nacionalista Galego
- Partido Popular de Galicia
[editar] Ligazóns externas
- Xunta de Galicia páxina oficial.
- As orixes medievais da Xunta de Galicia Historia da Xunta de Galicia.