See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Parador de turismo - Wikipedia

Parador de turismo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Emblema de Paradores de Turismo
Emblema de Paradores de Turismo
Fachada do parador dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.
Fachada do parador dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.
Parador de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín.
Parador de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín.
A torre da homenaxe do Castelo dos Andrade, no parador de Vilalba.
A torre da homenaxe do Castelo dos Andrade, no parador de Vilalba.

Os Paradores Nacionais de Turismo son un conxunto de hoteis de alta categoría situados en España e operados por Paradores de Turismo de España, S.A., unha empresa estatal que xurdiu en 1928 baixo o patrocinio do rei Afonso XIII. O Parador de Gredos, na provincia de Ávila foi o primeiro parador da rede. Os seguintes en abrir as súas portas foron os de Oropesa (Toledo) e Úbeda (Xaén) en 1930, Cidade Rodrigo (Salamanca) en 1931 e Mérida (Badaxoz) en 1933.

Coa súa creación buscábase aproveitar os numerosos monumentos históricos e artísticos, así como as paraxes de gran beleza que posúe España, para situar uns establecementos que permitisen coñecer a variada riqueza cultura, artística, histórica e paisaxística do país

A rede de Paradores abarca gran parte da xeografía española, desde os Pireneos ata as Illas Canarias. Boa parte deles están situados en edificios de interese histórico-artístico, talles como castelos ou mosteiros, que foron debidamente rehabilitados para usos hostaleiros. Outros, na súa maioría os de recente apertura, son de nova planta.

Tales establecementos adoitan estar situados en zonas apartadas e afastadas dos habituais circuítos turísticos. Deste xeito, ningunha das principais cidades de España (como Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla ou Bilbao) conta cun, aínda que todas teñen algún parador próximo. Nas Illas Baleares tampouco hai Paradores de Turismo, Canarias, con todo, conta con cinco (A Gomera, O Hierro, Tenerife, A Palma e Gran Canaria) así como Ceuta e Melilla, as dúas cidades autónomas do norte de África.

No ano 2006, a rede de paradores estaba formada por 91 establecementos.[1] O Plan de Expansión de Paradores inclúe a apertura de novos establecementos nos próximos anos, co obxectivo de alcanzar en 2008 a cifra de 100 paradores abertos ou en proxecto.[2]

En Portugal, pódese atopar establecementos equivalentes aos Paradores de Turismo españois; recibindo a denominación de Pousadas.

[editar] Paradores en Galicia

En Galicia hai estes paradores:

Hai outro parador programado en Muxía.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -