Pireneos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Pireneos constitúen unha cordilleira no sudoeste da Europa que forman unha fronteira natural entre a península Ibérica e Francia, e esténdense entre o Mar Cantábrico e Mar Mediterráneo por aproximadamente 430 km do océano Atlántico (Golfo de Biscaia) ao mar Mediterráneo (Cabo de Creus).
Na súa maior parte, a súa crista principal forma a fronteira franco-española, co principado de Andorra entre os seus dous grandes viciños. A principal excepción a esa regra constituea o Val de Arán, que pertence á España mais localizase na face norte da cordilleira. Outra anomalía orográfica inclúe a catarata de Cerdania e o enclave español de Llívia.
A súa orixe está no pregamento alpino, os materiais predominantes on calcarias, cuarcitas e lousas, o seu relevo é máis abrupto na parte central, con altitudes máximas de 3356 m no Monte Perdido e 3404 m no Aneto