See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mineral - Wikipedia

Mineral

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xofre, exemplo de mineral formado por un só elemento químico; (S)
Xofre, exemplo de mineral formado por un só elemento químico; (S)
Cinabrio, exemplo de mineral formado por varios elementos químicos; (Hg e S)
Cinabrio, exemplo de mineral formado por varios elementos químicos; (Hg e S)
Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación.

Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido.

Así pois, as tres características básicas dos minerais son:

  • Material inorgánico de orixe natural.
  • Material sólido, salvo raras excepcións.

Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou por varios, como o cinabrio.

Índice

[editar] Clasificación

Un mineral pode ser clasificado con certa facilidade a simple vista, pero isto non sempre é posible. En moitas ocasións é necesario levar a cabo un estudo químico da súa estrutura para poder saber ante que nos atopamos. É logo necesario, para un estudo completo dos minerais, que se teñan en conta non só os aspectos externos e físicos da peza, tamén é importante o estudo dos átomos que o compoñen e a súa relación estequiométrica entre eles (fórmula química).

[editar] As propiedades físicas dun mineral

  • A cor, debida á absorción de determinadas lonxitudes de onda polos átomos dun mineral, non é demasiado significativa, salvo nalgúns minerais.
  • A dureza é a resistencia dun mineral a ser raiado por outro e a capacidade de raiar a un terceiro. Mídese segundo a escala de Mohs.
  • A fractura, é a forma na que racha un mineral.
  • A exfoliación é a capacidade dun mineral de ser separado en diferentes subestruturas. Pode ser: xeométrica, perfecta (como as láminas das micas), imperfecta (como a da pirita), moi imperfecta ou inexistente.
  • A raia é a cor do pó dun determinado mineral. Mentres que a cor poder variar dun exemplar a outro nun mesmo mineral, a raia será sempre a mesma.
  • A densidade é a relación entre a masa da materia e o que ocupa (volume). Mídese en g/cm3.

[editar] Clasificación química e estrutural

A clasificación que utilizamos hoxe en día para estudar os diferentes tipos de minerais foi proposta en 1938 polo alemán H. Strunz. Esta séguese a usar nos nosos días, aínda que axustada lixeiramente. Baséase no estudo da composición química dos minerais para dividilos despois en diferentes clases. As clases son as seguintes:

  • Clase VII: Fosfatos, wolframatos, vanadatos e outros, con presenza de fósforo (ex.: volframita, piromorfita).
  • Clase VIII: Silicatos, formados por silicio e osíxeno como compoñentes comuns (ex.: mica, feldespato). Os silicatos conforman o grupo máis abundante na codia terrestre (cun 90% de presenza). Desta forma, e segundo a súa estrutura interna, os silicatos subdivídense nas seguintes subclases:
    • Nesosilicatos.
    • Sorosilicatos.
    • Ciclosilicatos.
    • Inosilicatos.
    • Filosilicatos.
    • Tectosilicatos.
  • Clase IX: Sustancias orgánicas, formados por procesos nos que a intervención da natureza é clave (moitos científicos non consideran esta clase como unha verdadeira clase de minerais por estar presente a natureza na formación dos exemplares); (ex.: ámbar, copal).

[editar] Clasificación segundo caracterice unha rocha ou non

  • Minerais esenciais: son os minerais que sempre aparecen nun determinado tipo de rocha, polo que caracterizan á mesma.
  • Minerais accesorios: son minerais que poden ou non aparecer nun determinado tipo de rocha, polo que non caracterizan á mesma. Cando aparecen, preséntanse en cantidades mínimas.

[editar] A presenza dos minerais na codia terrestre

Os minerais están formados pola unión de diversos elementos químicos, pero a abundancia duns elementos e a escaseza doutros fai que só uns poucos elementos sexan de importancia e a ter en conta na formación dos minerais terrestres. O osíxeno e o silicio supoñen o 75% do volume total da codia terrestre. Estes elementos, xunto co ferro, sodio, potasio, calcio, aluminio e magnesio, supoñen o 99% do volume total e polo tanto o 99% de presenza no proceso de formación dos minerais terrestres.

Así pois, non tódolos minerais son igual de abundantes na Terra. A táboa que segue móstranos cales son os máis importantes segundo o seu volume total que representan:

Mineral Volume
Plaxioclasa 42%
Ortoclasa 22%
Cuarzo 18%
Anfíbole 5%
Piroxeno 4%
Biotita 4%
Magnetita 2%
Olivina 1%
Apatito 1%
Outros 1%

Aínda así, existen na Terra máis de 4.000 especies diferentes de minerais.

Artigo principal: Lista de minerais

[editar] A xénese mineral

A formación dos minerais ven dada a través dos seguintes 5 tipos de mecanismos coñecidos:

  • Cristalización: Ó baixar a temperatura dunha masa fundida (o magma, por exemplo), as vibracións térmicas dos átomos diminúen e as forzas atractivas tenden a enlazalos quimicamente. Fano así moitos silicatos coma o cuarzo.
  • Sublimación dos gases: Ó arrefriar un gas, os átomos xúntanse e cristalizan en forma de minerais. O exemplo máis típico é o do xofre que aparece na base das fumarolas volcánicas.
  • Alteración superficial: Ven provocada polos axentes meteorolóxicos. Os minerais expostos a eles oxídande e hidrátanse e transfórmanse noutros. É o caso da pirita que se converte en limonita ó sufrir estes procesos.
  • Precipitación das sales: Ó baixar a temperatura dunha solución, o disolvente evapórase e o soluto cristaliza debido ó descenso da temperatura e a presión. Así fano por exemplo a halita e a calcantita.
  • Metamorfismo: O aumento da presión e temperatura fai que algúns minerais troquen a súa estrutura e se transformen noutros. É o caso do grafito, que se converte en diamante se isto acontece.

[editar] Galería

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -