Xeso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xeso | |
---|---|
Xeso vermello | |
Fórmula química: | CaSO4·2H2O |
Clase: | Sulfatos |
Subclase: | |
Sistema cristalino: | Monoclínico |
Cor: | Incolora, branca, amarela e vermella |
Brillo: | De vítreo a resinoso |
Dureza: | 2 |
Fractura: | Concoidea |
Exfoliación: | Perfecta |
Raia: | Branca |
Densidade: | 2,3-2,4 g/cm3 |
O xeso é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CaSO4·2H2O (sulfato de calcio dihidratado).
Índice |
[editar] Aspecto
O xeso preséntase en forma de cristais tabulares e prismáticos.
[editar] Variedades do xeso
Segundo sexa o seu aspecto externo o xeso pódese dividir en diferentes variedades:
- Alabastro, de crecemento granulado e múltiples cores.
- Selenita, tránslúcido.
Existen outros grupos menos importantes como o xeso fibroso (composto por fibras de xeso entrelazadas unhas coas outras), o xeso en frecha (crecemento de xeso maclado que recorda a forma dunha frecha) e o xeso espumoso (crecemento en escamas).
[editar] Lugares onde se atopa
É frecuente atopalo en depósitos sedimentarios asociado a rochas calizas ou arxilas. Tamén pode aparecer polo efecto da hidratación da anhidrita.
[editar] Outros sulfatos
A anhidrita é outro mineral importante da clase dos sulfatos. moi similar á escaiola.
[editar] O xeso como material de construción
O termo xeso tamén pode referirse ao produto industrial parecido á escaiola, preparado basicamente a partir da pedra de xeso natural, mediante a súa deshidratación, con ou sen adicións para modificar as súas propiedades intrínsecas, como é o fraguado, resistencia, adherencia, retención de auga e densidade, que unha vez elaborados, amásase con auga e pode ser empregado directamente. Tamén se emprega para a elaboracións de materiais prefabricados.
O xeso como produto industrial é sulfato de calcio semihidratado (CaSO4-½H2O), e comercialízase moído, en forma de po.