Magma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Magma é un volume de rocha fundida, localizado normalmente dentro dunha cámara de magma, debaixo da superficie da Terra. Esa complexa solución de silicatos a alta temperatura, entre 650 e 1200 graos Celsius, é orixe de todas as rochas ígneas, tanto das intrusivas como das extrusivas. O magma permanece baixo alta presión e, algunhas veces, emerxe a través das fendas vulcánicas, na forma de lava fluente e fluxos piroclásticos. Os produtos dunha erupción vulcánica xeralmente conteñen gases disolvidos que poden nunca ter alcanzado a superficie do planeta. O magma acumúlase en cámaras, situadas no interior da codia terrestre, tendo, segundo a localización, leves alteracións na súa composición.