See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mérida, España - Wikipedia

Mérida, España

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mérida, España
Situación xeográfica
[[Imaxe:]]
Estado: España
Estado / Rexión autónoma: Estremadura
Provincia: provincia de Cáceres
Xeografía
Altitude: 217 msnm
Superficie: 1.157,12 km²
Poboación
Poboación total: 58.578 hab. (2007)
Densidade de poboación: 50,62 hab/km2
Xentilicio: emeritense
Información
Código postal: 06800
Alcalde:
Sitio na web:


Mérida é unha cidade española, capital da Comunidade Autónoma de Estremadura, rexión situada no Suroeste de España, sendo sede das súas institucións de goberno. Logo de Badaxoz e Cáceres, é o terceiro núcleo poboacional de Estremadura. O padrón municipal de 1 de xaneiro de 2007 outorgáballe 58.578 habitantes.


[editar] Xeografía

Mérida ubícase xeograficamente case no centro da rexión, e está atravesada polos ríos Guadiana e o Albarregas, a 217 metros de altitude sobre o nivel do mar. O seu importante conxunto arqueolóxico e monumental foi declarado pola UNESCO, en 1993, Patrimonio da Humanidade. Economicamente, Mérida é unha cidade de servizos, cunha crecente industria e un case extinguido sector primario.

[editar] Historia

Foi fundada no ano 25 a.C., co nome de Emerita Augusta, con veterans (o latín emeritus significa "licenciado") das guerras cántabras, que formaban parte das lexións V Alaudae e X Gemina, por orde do emperador Augusto, e co obxectivo de formar unha retagarda pronta a intervir nun posíbel levantamento nas zonas mineiras do peninsular e de protexer o paso sobre o Guadiana. A cidade converteuse ademais na capital da provincia da Lusitania, chegando a ser unha das cidades máis importantes do Imperio romano. Mérida, cuxo nome é unha derivación de Emerita, conserva aínda un importante legado monumental da época romana, polo que foi proclamada Patrimonio da Humanidade.

O cristianismo prendeu con forza en Mérida, sobresaíndo durante o século VI a figura do bispo Mausona. Desa fe popular foi mostra a mártir Santa Eulalia, padroeira da cidade.

No ano 713, o xeneral árabe Muza-ib-Nusair conquistou a cidade, e as súas tropas arrasarona.

Mérida foi sede Metropolitana até 1119, ano en que tal dignidade foi transferida para Santiago de Compostela. No primeiro terzo do século XIII , en 1230, as tropas cristiás de Afonso IX conquistaron Mérida, convertíndoa en sede do Priorato de San Marcos de León da Orde de Santiago.

A invasión napoléonica, a comezos do século XIX, supuxo para Mérida, igual que para o resto de Estremadura, unha lamentábel perda de parte do seu patrimonio histórico artístico. Posteriormente , a posición como nó ferroviario, convertíu a cidade nun núcleo industrial e de servizos en alza. Ese desenvolvemento víuse definitivamente impulsado coa designación de Mérida, en 1983, como capital da Comunidade Autónoma de Estremadura.

En 1994 constituíuse o Arcebispado Mérida-Badaxoz, recuperándose, así, a antiquísima sede metropolitana emeritense, retornándolle a dignidade catedralicia ao templo de Santa María la Mayor, herdeiro da igrexa arcebispal de Emerita. As orixes deste Arcebispado remontan á época romana, na que tivo doce bispados sufragáneos (Edito de Milán).

Cada periodo histórico deixou impresa a súa pegada en edificios e monumentos, que hoxe en día supoñen a súa grande riqueza arqueolóxica para gozo das actuais e vindeiras xerazóns que a visiten.

[editar] Monumentos

  • Ponte Romana, sobre o río Guadiana, remonta ao século I. Ten 762 metros de longo por 5 m de ancho, cunha altura de 11 m e largo. Posúe 60 arcos de bloques de granito.
  • Teatro romano, erguido por Agripa, xenro de Augusto, no 16-15 a.C. Ten unha capacidade de 6.000 persoas. Restaurado, foi utilizado, desde 1933, para espetáculos a aire aberto.
  • Templo de Diana, no centro da cidade. O seu espazo foi utilizado, para costruzón do pazo do conde de Corbos, o que o preservou da ruína.
  • Anfiteatro, construído tamén por Agripa no 8 a.C., tiña capacidade para 15.000 espectadores, cunhas dimensións de 126 X 102 metros. Está bastante ben conservado.
  • Casa do Mitreo, casa patricia da segunda metade do I século, contén fermoso mosaico, con alegorías do río Nilo e do Éufrate.
  • Casa patricia, é outra casa señorial da mesma época con magnífico pavimento de mosaico.
  • Lago de Proserpina ou Presa de Proserpina, a 4 Km. do centro urbano, é un estanque artificial, de obra romana, que almacenaba a auga para servizo da cidade.
  • Acueducto dos Milagros, era o acueduto romano, que transportaba á cidade, a auga depositada na presa de Proserpina. Fican restos en pé nun percorrido de 827 metros, con arcos de até 25 metros de alto. A súa técnica constructiva puido inspirar á das arquerías sustentantes da mezquita de Córdoba.
  • Arco de Traxano, un arco triunfal, romano, de 13 metros de altura e 11 de anchura.
  • Ponte do rio Albarregas, é unha pequena ponte de catro arcadas, tamén de orixe romana, que se ubica sobre a Vía da prata, antiga calzada romana que unía Gades con Asturica Augusta.
  • Museo Nacional de Arte Romana, creado en 1838, recolle o material arqueolóxico proveniente das excavacións locais. Antes ubicado no Convento de Santa Clara, ten a súa sede actual nun moderno edificio de 1984, proxectado polo arquitecto Rafael Moneo. Sorge direttamente nell'area archeologica inglobandone anche alcuni resti architettonici.
  • Museo de Arte Visigoda, acolle restos de monumentos arquitectónicos e de esculturas da época visigoda, do século V ao VIII.
  • Alcazaba situada no inicio da grande ponte romana, foi costruída polo califa de Córdoba Abd-el-Rahman II, no ano 835, sobre a muralla romana, e utilizando materiais de edificios romanos e visigodos. No patio hai mosaicos romanos e no subsolo unha cisterna visigoda.
  • Santa Eulalia, é unha pequena igrexa do século IV, edificada sobre o templo romano de Marte; foi reconstruída no século XIII, con materiais reutilizados. Diante da igrexa está o denominado, localmente, 'Hornito', un forno onde, consonte a tradición, foi queimada Santa Eulalia.
  • Ayuntamiento, sede municipal, neorrenacentista, na Praza Maior.
  • Casa solariega, na mesma Praza Maior, é unha casa aristocrática, neorrenacentista, hoxe utilizada como albergue.
  • Catedral de Santa Maria la Mayor, igrexa dos séculos XIII-XV.
A ponte romana
A ponte romana
O anfiteatro romano
O anfiteatro romano
Teatro romano
Teatro romano


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -