See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Orde de Santiago - Wikipedia

Orde de Santiago

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Emblema da Orde de Santiago – a Cruz Espataria ou a Espada Crucífera.
Emblema da Orde de Santiago – a Cruz Espataria ou a Espada Crucífera.

A Orde Militar de Santiago é unha orde relixiosa-militar castelán-leonesa instituída por Afonso VIII de Castela e aprobada polo Papa Alexandre III, tornándoa así unha orde supranacional, directamente responsábel perante o xefe máximo da Cristiandade. Malia iso, as orixes da orde son confusas, xa que, antes de ser instituída formalmente por Afonso VIII, xa o seu sobriño-neto Fernando II de León lles concedera a garda da cidade de Cáceres, na Estremadura (a cal, no entanto, tiveran que abandonar porque fora conquistada polos musulmáns).

Índice

[editar] Características da orde

Os Cabaleiros de Santiago, chamados de Santiaguistas ou Espatarios (por ser o seu símbolo unha espada en forma crucífera – ou unha cruz de forma espataria, dependendo do punto de vista), facían votos de pobreza e de obediencia, mais, seguindo a regra de Santo Agostiño ao contrario da de Cister, os seus membros non eran obrigados ao voto de castidade, e podían como tal contraer matrimonio (algúns dos seus fundadores estaban casados). No entanto, a bula papal recomendaba (non obrigaba) o celibato, e os estatutos da fundación da Orde afirmaban, seguindo un principio das cartas paulinas: "En castidade conxugal, vivindo sen pecado, seméllanse aos primeiros padres apostólicos, porque é mellor casar do que vivir consumíndose polas paixóns".

Santiago Maior como Santiago Matamouros, envolvido no manto da Orde. Pintura da escola de Cuzco, século XVII
Santiago Maior como Santiago Matamouros, envolvido no manto da Orde. Pintura da escola de Cuzco, século XVII

Afonso VIII cedeulles Uclés (en 1174), que se tornou a principal sede da orde – de onde, a designación usada nos primeiros tempos para a Orde como Orde de Uclés – e mais tarde Moya, Mira, Osa, Montiel e Alfambra.

Os Espatarios participaron na reconquista de Teruel e Castellón e combateron na batalla das Navas de Tolosa (1212). Os monarcas, primeiro de León, despois de Castela, concedéronlle innúmeros privilexios, para alén de lle daren a posesión de extensas rexións, co obxecto de as repoboar, en Andalucía e Murcia.

Durante o século XV, a orde transferiu o seu campo de actuación para a Serra Morena, e os seus mestres tomaron como residencia a poboación de Llerena (Badaxoz), proporcionando un grande crecemento na rexión.

Co pasar do tempo e o fin da Reconquista, a Orde de Santiago viuse implicada nas loitas internas de Castela. Ao mesmo tempo, debido aos seus innúmeros bens, tivo que, por varias veces, sustentar as pretensións da Coroa. Por outro lado, sendo o cargo de Gran-mestre de tamaña importancia, eran frecuentes as loitas entre grandes familias para alcanzar esa dignidade.

Debido a todos estes problemas, após a morte do Gran-mestre Alonso de Cárdenas en 1493, os Reis Católicos pediron á Santa Sé que providenciase unha forma de acabar cos problemas na administración da orde, reservando para si mesmos o mestrado da orde – medida que era ao mesmo tempo unha necesidade e unha recompensa polos servizos prestados polos reis de Castela e Aragón ao servizo da fe católica (en 1492 fora conquistado o último reduto musulmán da Península IbéricaGranada). Así, por unha bula de 1493, o papa concedeu aquela dignidade aos Reis Católicos.

Após a morte de Fernando, o Católico, tornouse gran-mestre da Orde Carlos I de España; volvidos sete anos, en 1523, o Papa Hadrián VI uniu para sempre á coroa de España os gran-mestrados das Ordes de Santiago, Calatrava e Alcántara, tornándose este un mero título hereditario dos reis de España. Até entón, o Gran-Mestre de Santiago era elixido polo Consello dos Trece, así chamado por estaren presentes trece cabaleiros designados de entre os gobernadores e comendadores provinciais da Orde. Con todo a administración ordinaria da Orde pasou o Consello de Ordes, que tiña ao primeiro unha cámara en especial dedicada á Orde de Santiago pero xa en 1566 Filipe II ordenou que se formara un consello único para gobernar todas as ordes. Calcúlase que en 1577 os ingresos da Orde de Santiago estaban en torno a 120.000 ducados e en 1572 tiña 221 cabaleiros pero a partir de Filipe IV os reis utilizaron a concesión de hábitos das ordes como mercede e premio e así en 1625 eran 925 cabaleiros e o duque de Olivares chegou a poñelos en venda.

[editar] A Orde en Portugal

Variante da cruz de Santiago, en tons de púrpura
Variante da cruz de Santiago, en tons de púrpura

En Portugal, a orde comezou tamén a actuar logo desde os seus comezos, aínda en reinado de Afonso Henriques, mais só tivo maior visibilidade a partir do reinado de Afonso II, e sobre todo, Sancho II. Detiveron como sedes o castelo de Palmela e, despois, o de Alcácer do Sal, que se tornou sede da provincia espataria portuguesa.

Foi mestre comendatario da Orde en Alcácer o grande Paio Peres Correia, que acabaría por chegar a Gran-Mestre da Orde, en Uclés, mais non sen antes ter dado unha valoroso contribución á reconquista de Portugal – as súas forzas, moitas das veces lideradas por el persoalmente, conquistaron, entre 1234 e 1242, grande parte do Baixo Alentejo e do Algarve (Mértola, Beja, Aljustrel, Almodôvar, Tavira, Castro Marim, Cacela ou Silves); foi tamén co auxilio desta Orde que Afonso III consumou a conquista do Algarve, en 1249, tomando os derradeiros redutos musulmáns de Faro, Loulé, Albufeira e Aljezur.

Como recompensa, a Orde foi agraciada, en territorios portugueses, con varias destas terras do Alentejo e do Algarve, coa misión de as poboar e defender. A iso non é alleo, aínda hoxe, o feito de moitas delas teren por patrón a Santiago Maior, e de nas súas armas figurar a cruz espataria.

Chamada máis tarde de Orde de Santiago da Espada, constituíuse en orde honorífica en Portugal, da cal o xefe do Estado portugués se constitúe o Gran-Mestre.

[editar] Gran-Mestres da Orde de Santiago

O traxe dun cabaleiro da Orde de Santiago
O traxe dun cabaleiro da Orde de Santiago
  1. Pedro Fernández (1170-1184).
  2. Fernando Díaz (1184-1186).
  3. Sancho Fernández (1186-1193).
  4. Gonzalo Rodríguez (1193-1204).
  5. Suero Rodríguez (1204-1206).
  6. Fernando González de Marañón (1206-1210).
  7. Pedro Arias (1210-1212).
  8. García González de Candamio (1214-1217) (primeira vez).
  9. Martín Peláez Barragán (1218-1221).
  10. García González de Candamio (1222-1224) (segunda vez).
  11. Fernán Pérez Chacín (1224-1226).
  12. Pedro González (1227-1237).
  13. Rodrigo Yánez (1239-1242).
  14. Paio Peres Correia (1243-1275).
  15. Gonzalo Ruiz Girón (1275-1279).
  16. Pedro Núñez (1279-1286).
  17. Gonzalo Martel (1286).
  18. Pedro Fernández Mata (1286-1293).
  19. Juan Osórez (1293-1310).
  20. Diego Muñiz (1310-1318).
  21. García Fernández (1318-1327).
  22. Vasco Rodríguez (1327-1338).
  23. Vasco López (1338).
  24. Alonso Meléndez de Guzmán (1338-1342).
  25. Fadrique Afonso de Castela (1342-1358).
  26. García Álvarez de Toledo (1359-1366).
  27. Gonzalo Mejía (1366-1371).
  28. Fernando Osórez (1371-1383).
  29. Pedro Fernández Cabeza de Vaca (1383-1384).
  30. Rodrigo González Mejía (1384).
  31. Pedro Muñiz de Godoy (1384-1385).
  32. García Fernández de Villagarcía (1385-1387).
  33. Lorenzo Suárez de Figueroa (1387-1409).
  34. Enrique de Castilla (1409-1445).
  35. Álvaro de Luna (1445-1453).
  36. Xoán II de Castela (1453, administrador).
  37. Afonso de Castela (1453-1462) (primeira vez).
  38. Beltrán de la Cueva (1462-1463).
  39. Afonso de Castela (1463-1467) (segunda vez).
  40. Juan Pacheco (1467-1474).
  41. Alonso de Cárdenas (1474-1476, en León) (primeira vez).
  42. Rodrigo Manrique (1474-1476, en Castela).
  43. Fernando II de Aragón, o Católico (1476-1477, administrador).
  44. Alonso de Cárdenas (1477-1493) (segunda vez).


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -