See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Beja - Wikipedia

Beja

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Localización de Beja en Portugal
Localización de Beja en Portugal

Beja é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Beja, na rexión do Alentejo, subrexión do Baixo Alentejo e pertencente à NUTS III Baixo Alentejo, que conta cerca de 23.500 habitantes. É tamén sede da Diocese de Beja

É centro dun dos máis extensos municipios de Portugal, cn 1.140,21 km2 de área e 35.762 habitantes (2001). Está subdividido em 18 freguesías. O município limita polo Norte cos concellos de Cuba e Vidigueira, polo Leste con Serpa, ao Sur con Mértola e Castro Verde e ao Oeste con Aljustrel e Ferreira do Alentejo.

Índice

[editar] Historia

Crese que a cidade foi fundada arredor 400 anos a. C., polo pobo dos Conios, que a denominarían Conistorgis. As primeiras referencias á esta cidade aparecen no século II a.C., en textos de Polibio e de Ptolomeo.

Co nome alterado para Pax Iulia, foi sede dun convento xurídico (circunscrición xurídica), o conventus pacensis, pouco despois da súa fundación. Gozou de dereito itálico. A súa importancia é atestada polo feito pasar por ela unha das vías romanas.

No século V, os suevos apoderáranse da cidade, sucedendolles os Visigodos. Nesta altura pasa a cidade a denominarse Paca.

Do século VIII ao ano de 1162, foi posuída polos musulmáns. A caída do Califato de Córdoba en 1031, posibilitou que Beja se convertese en capital dun reino taifa. En 1144, o gobernador de Beja, Sidray ibn Wazir, apoiou a rebelión dos muridun (discípulos), conducidos por Abul-Qasim Ahmad ibn al-Husayn al-Quasi, que levantaron o Algarve contra o poder de Sevilla. No 1150, a cidade foi tomada polos almohades, anexionándoa ao seu imperio norteafricano. Fernão Gonçalves tomou a cidade para os cristiáns, conducindo as tropas do rei Afonso I, máis en 1175 a cidade voltou a ser tomada polos almohades, estando en poder musulmán até 1234, data na que o rei Sancho II, a tomou para os cristiáns definitivamente.

Recibíu o foral en 1524 e foi elevada a rango oficial de cidade en 1521, durante o reinado de Manuel I. Durante as guerra de Restauración portuguesa (1640-1667), foi ocupada por tropas portuguesas e españolas.

En 1770, Beja conseguíu ser sede dun bispado, logo de varios centos de anos. En 1808, as tropas napoleónicas, ao mando de Junot, saquearon a cidade e masacraron os seus habitantes.

[editar] Monumentos

Monumentos notábeis do centro histórico son:

  • O Castelo, sito na parte alta da cidade, que está rodeado de murallas romanas.
  • A Torre do Homenaxe, con unha altura de 40 m., obra de fins do século XIII. Desde o alto dela pódese desfroitar dun vasto panorama das "serras" fonteirizas con España e da grande chaira alentexana. No patio pódese visitar un pequeno "museo militar".
  • A catedral de Santiago, está adosada a un flanco da Torre do Homenaxe.
  • Igrexa de Santo Amaro, hoxe acolle un museo epigráfico e lapidario. É un dos raros monumentos de arte proto-románica en Portugal.
  • O Convento de Nossa Senhora de Conceiçao, fundado nen 1467, emparéntase estilisticamente con a grande igrexa de Batalha; hospeda hoxe o Museo da Raiña dona Leonor, e unha igrexa barroca.
  • A igrexa da Misericordia, de 1550.
  • Pelouriño de Beja, un dos pelouriños, ou rollos, de maior cualidade artística de Portugal, que data de inicios do século XVI.

[editar] Subdivisións administrativas (freguesías)

  • Albernoa
  • Baleizão
  • Beringel
  • Cabeça Gorda
  • Mombeja
  • Nossa Senhora das Neves
  • Quintos
  • Salvada
  • Salvador (Beja)
  • Santa Clara de Louredo
  • Santa Maria da Feira (Beja)
  • Santa Vitória
  • Santiago Maior (Beja)
  • São Brissos
  • São João Baptista (Beja)
  • São Matias
  • Trigaches
  • Trindade

[editar] Bejenses Ilustres

  • Al-Mu'tamid
  • Antônio Raposo Tavares
  • Fernando Mamede
  • Mariana Alcoforado
  • Mário Beirão


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -