See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Distrito de Beja - Wikipedia

Distrito de Beja

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Distrito de Beja
Localización do Distrito de Beja

O distrito de Beja é un distrito portugués pertencente á província tradicional do Baixo Alentexo. Limita ao norte co Distrito de Évora, ao leste con España, ao sur co Distrito de Faro e ao oeste co Distrito de Setúbal e co oceano Atlántico. Abrangue un área de 10.225 km², o cal o converte o meirande distrito de Portugal. Ten unha poboación residente de 154.325 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade de Beja.

Índice

[editar] Subdivisións

O distrito componse dos seguintes 14 municipios:

  • Aljustrel
  • Almodôvar
  • Alvito
  • Barrancos
  • Beja
  • Castro Verde
  • Cuba
  • Ferreira do Alentejo
  • Mértola
  • Moura
  • Odemira
  • Ourique
  • Serpa
  • Vidigueira

Na división de Portugal en NUTS II, o distrito atópase totalmente incluído na rexión do Alentexo. No tocante ás subrexións, a subrexión do Baixo Alentexo inclúe 13 concellos, e o concello de Odemira pertence à subrexión do Alentexo Litoral. En resumo:

  • Rexión Alentexo
    • Alentexo Litoral
      • Odemira
    • Baixo Alentexo
      • Aljustrel
      • Almodôvar
      • Alvito
      • Barrancos
      • Beja
      • Castro Verde
      • Cuba
      • Ferreira do Alentejo
      • Mértola
      • Moura
      • Ourique
      • Serpa
      • Vidigueira

[editar] Xeografia física

O distrito de Beja corresponde á metade sur da chaira alentexana, irrigada por cursos de auga en xeral pequenos e que tenden a secar no verán, e flanqueada por serras baixas e pouco inclinadas.

O principal accidente do distrito é o vale do río Guadiana, que atravesa de norte a sur a súa parte oriental, separando a chaira principal dun territorio entre o río e a fronteira española que, xunto coas serras do Algarve que delimitan o distrito ao sur (Serra de Monchique, Serra do Caldeirão e Serra de Espinhaço de Cão) son as áreas máis accidentadas e de maior altitude do distrito: a Serra da Adiça e os primeiros contrafortes da Serra Morena española pasan dos 500 m de altitude. Alén destas elevacións, só a Serra do Cercal, no limite co distrito de Setúbal preto de Vila Nova de Milfontes, e a Serra do Mendro, no limite co distrito de Évora ao norte da Vidigueira, son dignas de referencia, acadando 341 e 412 m de altitude, respectivamente.

Na rede hidrográfica, ademáis do Guadiana e dos seus afluentes, hai outras dúas concas hidrográficas relevantes: a do río Sado, que nace nas imediações de Ourique e se dirixe cara o distrito de Setúbal, e a do río Mira, que nace na Serra do Caldeirão e vai desaugar no Oceano Atlántico xunto a Vila Nova de Milfontes. Alén destas redes, penetran tamén no distrito partes da conca hidrográfica do río Arade, que ten o seu nacemento preto do do Mira pero que se dirixe cara o Algarve, e da Ribeira de Seixe, que fai un val que serve de fronteira co Distrito de Faro. No distrito de Beja hai algúns encoros de grandes dimensións, como o maior de Portugal (o encoro do Alqueva, compartido co distrito de Évora e España, no río Guadiana), o encoro do Chança (Río Chança, compartido con España), o encoro de Santa Clara (río Mira), o encoro do Monte da Rocha (río Sado), o encoro do Roxo (Ribeira do Roxo) e o encoro de Odivelas (Ribeira de Odivelas).

A costa é rochosa e esténdese case en liña recta de norte a sur, sendo os principais accidentes a desembocadura do Mira e o Cabo Sardão.

[editar] Patrimonio

  • Castelo de Aljustrel
  • Castelo de Beja
  • Castelo de Mértola

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -