See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Algarve - Wikipedia

Algarve

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Algarve (NUTS II)
Algarve (NUTS II)
Algarve (NUTS III)
Algarve (NUTS III)
Algarve (provincia)
Algarve (provincia)
Típica costa do Barlavento algarvío (na foto: Praia da Marinha)
Típica costa do Barlavento algarvío (na foto: Praia da Marinha)
Campo de golf no Algarve
Campo de golf no Algarve

O Algarve é a rexión máis meridional de Portugal continental (que engloba unha subrexión estatística co mesmo nome e coas mesmas dimensións, e asemade corresponde tamén na sua totalidade à antiga provincia do mesmo nome e ao distrito de Faro.

Índice

[editar] Concellos

A rexión subdivídese en 16 concellos:

  • Albufeira
  • Alcoutim
  • Aljezur
  • Castro Marim
  • Faro
  • Lagoa
  • Lagos
  • Loulé
  • Monchique
  • Olhão
  • Portimão
  • São Brás de Alportel
  • Silves
  • Tavira
  • Vila do Bispo
  • Vila Real de Santo António

[editar] Xeografía

O Algarve limita ao norte coa rexión do Alentexo (sub-regiões do Alentexo Litoral e Baixo Alentejo), ao sur e oeste co Océano Atlántico e ao leste o río Guadiana marca a fronteira con España. O punto máis alto sitúase na Serra de Monchique, cunha altitude máxima de 902m (Pico da Fóia). Alén de Faro, teñen tamén categoría de cidade as aglomeracións urbanas de Albufeira, Lagoa, Lagos, Loulé, Olhão, Portimão, Quarteira, Silves, Tavira e Vila Real de Santo António. Todas elas agás Quarteira son sedes de concellos.

[editar] Etimoloxía

O termo "Algarve" provén de "al-Gharb al-Ândalus", nome dado ao actual Algarve e baixo Alentexo durante o domínio musulmán. O seu significado é "Andaluz Occidental", pois era a parte occidental da Andalucía musulmana.

[editar] Historia

As rexións españolas e portuguesas outrora coñecidas por al-gharb al-Andalus (em árabe: الغرب الأندلس) eran o centro musulmán máis importante da época da "Hispania Islámica", cunha importante produción cultural, científica e tecnolóxica. Daquela, a principal cidade da rexión era Silves, que en tempos da súa conquista por parte do rei Sancho I de Portugal era case 10 veces maior e estaba máis fortificada que Lisboa. O Algarve foi a última parte do territorio de Portugal conquistado aos mouros, no ano 1249 durante o reinado de Afonso III. Segundo algúns documentos históricos, a conquista definitiva do Algarve aos mouros neste reinado, a toma da cidade de Faro, foi feita de forma relativamente pacífica. En 1267, co tratado de Badaxoz , o Algarve foi recoñecido como territorio portugués fronte ás pretensións da Coroa de Castela. Curiosamente, o nome oficial do reino resultante seria frecuentemente designado como Reino de Portugal e do Algarve, aínda que nunca foron dous reinos separados. A zona occidental do Algarve denomínase Barlavento e a oriental Sotavento. Esta designación débese ao vento predominante na costa sur do Algarve, aínda que a orixe histórica desta división é incerta e bastante remota. Na Antigüidade, os Romanos consideraban no sudoeste da península Ibérica a rexión do Cabo Cúneo, que ía dende Mértola por Vila Real de Santo António até a enseada de Armação de Pêra, e a rexión do Promontório Sacro, que abranguía o resto do Algarve. O primeiro ministro do rei José I, o Marqués de Pombal, tentou efectuar unha división, nunca recoñecida polo Papado Romano, da diócese de Faro en dous bispados: Faro e Vila Nova de Portimão. O límite entre eles era o regato de Quarteira e o seu prolongamento en liña recta ata o Alentejo.

[editar] Turismo

O Algarve dispón de belísimas praias e paisaxes naturais, sendo a máis turística das provincias de Portugal. Neste aspecto destaca Vilamoura, un dos complexos turísticos máis coñecidos de Europa, xunto á praia da Falésia (concello de Loulé), Albufeira (considerada a capital do turismo) e a praia da Rocha no concello de Portimão.

[editar] Agricultura

Os produtos agrícolas tradicionais máis importantes son as producións de frutos secos (figos, améndoas e alfarrobeiras), augardente de érbedo e cortiza, especialmente nas rexións do nordeste algarvio.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -