See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Castela - Wikipedia

Castela

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Castela (en castelán Castilla) é unha nación[1] da Península Ibérica, antigamente foi un reino.

[editar] Xeografía

Administrativamente Castela non ten recoñecemento oficial, o territorio da rexión de Castela posuía as seguintes provincias:

Hai un certo movemento en varias provincias, popular e político, que di que non forman parte de Castela as tres provincias do antigo reino de León: León, Salamanca e mais Zamora (as dúas últimas, segundo o momento histórico), incluso certas veces partes de Valladolid e Palencia, que na actualidade si forman parte de Castela e León. Tamén se di que a provincia de Albacete non é Castela pois historicamente foi parte da Rexión de Murcia. Desde certos movementos políticos e culturais incluso se reclaman as comarcas de Requena y Utiel, actualmente na Comunidade Valenciana, pois historicamente foron parte da provincia de Cuenca.


  • Poboación: 9.521.132 habitantes (2003)
  • Superficie: 150.281 km2
  • Densidade de poboación: 63,4 hab/km2
  • Cidades importantes: Madrid, Valladolid, Burgos

[editar] Historia

Castela xurdiu como condado vasalo do Reino de León. Debe o seu nome á gran cantidade de castelos na zona. No século IX independizouse de León, aínda que os dous reinos reunificáronse definitivamente no século XIII.

Durante a Idade Media, o Reino de Castela foi espallándose cara ao sur, conquistando territorio aos árabes. Dende o tempo dos Reis Católicos dividíase en dúas rexións: Castela a Vella, que correspondía á metade norte e tiña a capital en Valladolid ou Burgos, e mais Castela a Nova, no sur do Sistema Central e con capital en Madrid.

Na época moderna Castela converteuse en nación hexemónica cultural e dominadora económica da Península Ibérica. Despois da Guerra de Sucesión Española confirmouse o castelán coma lingua oficial en toda España e creouse un modelo de estado xacobino baseado no modelo castelán.

Ao creárense as autonomías, Castela a Vella perdeu as dúas provincias de fóra da Meseta, A Rioxa (esta terra pertencía, na Idade Media, a Navarra e foi invadida polos casteláns) e máis Cantabria, e engadiuse a rexión de León, formando Castela e León. Castela a Nova dividiuse na Comunidade de Madrid, que abranguía soamente a provincia de Madrid, e máis Castela-A Mancha, que gañou a provincia de Albacete, que ata entón formaba parte da Rexión de Murcia.

Na actualidade existen algúns partidos nacionalistas casteláns minoritarios, coma Tierra Comunera (TC) ou Izquierda Castellana (Iz-Ca) que defenden a unión de todas as comunidades autónomas castelás. Ningún destes partidos ten actualmente representación en ningún dos parlamentos autonómicos.

[editar] Notas

  1. Nación (lat. natione). s. f. Comunidade de individuos cunha lingua, territorio, vida económica e idiosincrasia colectivos, con vínculos culturais e historia común.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -