Provincia de Palencia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Provincia española situada na comunidade autónoma de Castela e León, no centro-norte desta comunidade.
A súa poboación é de 173.409 habitantes segundo o censo de 2005, en enorme regresión, se temos en conta que en 1960 contaba con 237.426.
A Provincia de Palencia ten unha extensión de 8.029 quilómetros cadrados.
As maiores entidades de poboación desta provincia son Palencia, Aguilar de Campoo, Venta de Baños e Guardo.