Provincia de Salamanca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Salamanca é unha provincia española, situada no Suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.
A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao Norte con a provincia de Zamora, ao Norleste con a de Valladolid, ao Leste con a provincia de Ávila, ao Sur con a de Cáceres e polo Oeste confina con Portugal. A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castilla e León, después de León y Burgos. Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.
Índice |
[editar] División administrativa
A provincia está dividida 362 municipios, dos que máis da metade teñen unha poboación inferior a trescentos habitantes (é a segunda provincia española a respeito do número de municipios, por detrás de Burgos). Os municipios máis poboados da provincia son, aparte da capital, Béjar, Ciudad Rodrigo, Santa Marta de Tormes, Peñaranda de Bracamonte, Guijuelo, Alba de Tormes e máis Vitigudino.
Está organizada en cinco partidos judiciales: Béjar, Ciudad Rodrigo, Peñaranda, Salamanca y Vitigudino, cos escudos dos cales se compón o escudo provincial.
[editar] Xeografía física
A altitude media da provincia é de 830 m sobre o nivel do mar.
[editar] Clima
O clima é de tipo continental, con invernos fríos e secos e veráns calorosos. A temperatura media é de 3'7°C en xaneiro (poidendo baixar, en días de fortes nevadas, a varios graos baixo cero). En verán a temperatura media é de 24'2°C, aínda que pode atinxir ata os 35° ou 40°C.
[editar] Comarcas
Non existe unha división consolidada en comarcas nesta provincia, existindo numerosas contradicciones dependendo das fontes; pódense diferencias as seguintes (as veces solapándose entre elas):
- O Abadengo: Sita na zona Oeste da provincia de Salamanca, con unha extensión aproximada de 552 km², conformado por 12 concellos.
- Alba de Tormes.
- A Armuña: esta comarca exténdese ao Norte da provincia de Salamanca, limita polo Sur co río Tormes, polo Oeste con a comarca de Ledesma, polo Leste co Campo de Peñaranda e al Norte con as provincias de Zamora e Valladolid.
- Os Arribes del Duero: sita no Noroeste da provincia, seguindo o curso do río Douro, con Portugal da outra beira.
- O Campo Charro.
- O Campo de Peñaranda.
- Ciudad Rodrigo e a Serra de Gata.
- Condados e Ducados.
- O Rebollar.
- A Serra de Béjar, no Surleste da provincia.
- A Serra de Francia: situada na zona centro-meridional da provincia, limitando polo Sur con Cáceres e polo Leste con a Serra de Béjar.
- A Terra de Ledesma.
[editar] Gastronomía
Da súa gastronomía, cabe destacar, entre outros, o pernil de Guijuelo, con Denominación de Origen Protegida, e máis unha empanada típica denominada hornazo. Menos coñecidos, fóra da rexión, son o lechazo, cochinillo ou tostón asado, o farinato (procedente de Ciudad Rodrigo), o bollo maimón e mais os chochos de yema. En Salamanca é típica a sopa de allo.