See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Hunos - Wikipedia

Hunos

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os hunos eran un dos pobos bárbaros máis violentos e ávidos da guerras e pillaxes. Eran nomadas (non tiñan vivenda fixa e vivian a percorrer campos e florestas) e excelentes criadores de cabalos. Como non construían casas, vivian nos seus carros e tamén en barracas que armaban nos camiños que percorrían. A principal fonte de renda dos hunos era a practica do saque aos pobos dominados. Cando chegaban nunha rexión, espallaban o medo, pois eran extremamente violentos e cruéis cos enemigos. O principal líder deste pobo foi Átila, o líder huno responsable de diversas conquistas, guerras e batallas.

Desde que foron criados os primeiros cabalos fortes dabondo para seren montados, a historia da Asia e da Europa foi interrompida, periodicamente, por conquistadores bárbaros, cabalgando pola planicie e criando imperios.


[editar] A Estepa

A vida na Estepa da Asia Central é extremamente dura; homes e mulleres dependen para case tudo dos seus rebaños e do comercio coas nacións civilizadas á súa volta. As temperaturas no inverno decen a -40o C, e a auga é un recurso precioso. Simplemente sobrevivir nese ambiente é un éxito.

[editar] Atila

Átila o Huno, que era anón, foi considerado un dos responsabeis pola queda do Imperio Romano. As tribos xermánicas que conquistaron grandes anacos do Imperio estaban na verdade fuxindo de Átila, coñecido como o Flaxelo de Deus.

Moi pouco é sabido da vida de Átila antes dele, por volta de 433 e con máis ou menos 25 anos, subir ao trono de rei dos Hunos, xuntamente con seu irmán Bleda, a quen asasinou en 445. Segundo a lenda, Átila teria morto o seu primeiro inimigo aos seis anos de idade e carregaba a espada do deus da guerra. Tiña, segundo os cronistas, 1,20 metros de altura. No 447, Átila invadiu o Imperio Romano, derrotando todolos exércitos romanos e deixando só de conquistar Constantinopla grazas ás murallas da cidade.

O imperador pasa a pagar un imposto de 900 quilos de ouro anual aos hunos. No ano 450, o novo imperador rexeita pagar o tributo. En vez de invadir o Imperio do Oriente, Átila invade o lado occidental do Imperio; non somente era este máis fraco, ademais el tiña unha desculpa: a irmá do imperador, Honoria, fora aprisionada, suspeita de traición. Da prisión, ela enviou o seu anel a Átila, pedindolle que servise de campeón. Átila declarou que consideraba o xesto unha oferta de casamento, e pediu metade do Imperio como dote. No 451, xunto con Gaiserico, rei dos vandalos, invade o imperio cun exército con, segundo os cronistas da época, 600.000 homes. (O número real probable, segundo historiadores modernos, achegábase máis a 150.000, ainda así enorme para o século V.). Na batalla de Chalons, Átila é derrotado polo xeneral romano Aecio, mais este non ten tropas dabondo para impedir que o exército huno atravese o Danubio de volta, máis ou menos intacto. No ano seguinte, Átila invadiu novamente o Imperio, sen que desa vez nengun exército se opuxese a el. Ás portas de Roma, dá a volta, sen que ata hoxe se saiba exactamente por qué. Dous anos despois, Átila morreu dun derrame. Cando a noticia chegou a Roma e Constantinopla, rezaronse misas en todas as Igrexas agradecendollo a Deus.

[editar] Época post-Atila

Despois da morte de Átila, irromperon varias disputas entre os seus fillos polo poder. Aproveitandose diso, os pobos dominados polos hunos aproveitaronse e conseguiron se libertar do seu xugo.

Novecentos anos despois, as armas de fogo marcaban o comezo da fin dos cabaleiros nomadas. Con elas, a civilización á fin dominaría todos os pobos da Estepa.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -