See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Hondarribia - Wikipedia

Hondarribia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Localización de Hondarribia
Localización de Hondarribia

Hondarribia (en éuscaro e oficialmente Hondarribia) é un municipio de case 17.000 habitantes situado no extremo noreste da provincia de Guipúscoa, a uns 20 km ao leste da capital, Donostia, na desembocadura do río Bidasoa, que fai de fronteira natural con Hendaye (Francia).

É unha localidade de carácter turístico e residencial. Nela atópase o Aeroporto de San Sebastián, coñecido pola súa ubicación tamén como Aeroporto de Hondarribia

Índice

[editar] Toponimia

O nome vasco da localidade, Hondarribia, ten o significado de o vado de area, nome que é perfectamente identificable por un vascoparlante contemporáneo e que ademais, a dicir dos historiadores, podería ter relación coa configuración do espazo onde se asentou a poboación. Ao longo da historia escribiuse de diversos xeitos, como Hundarribia, Ondarribia, ou Ondarrabia. A mención escrita máis antiga data do século XII, aparecendo por primeira vez na forma actual nun documento de finais do século XVIII. Na actualidade, ao falar coloquialmente en éuscaro, os seus habitantes chaman ao seu pobo Honddarbi (pronúnciese Onyarbi), que é unha forma sincopada de Hondarribia.


Os habitantes de Hondarribia denomínanse hondarribitarras. Adoitan recibir o apodo de viquingos debido a que se di que hai bastantes máis persoas louras en Hondarribia que na localidades limítrofes, o que adoitou ser achacado á herdanza de antigas incursións viquingas.

[editar] Xeografía

Hondarribia está ubicada na beira oeste da Bahía de Txingudi. Esta bahía está formada pola desembocadura do río Bidasoa no Cantábrico , e prolonga a fronteira internacional entre España e Francia que xa debuxaba o río Bidasoa no seu último tramo. Ao redor de dita bahía dispóñense as localidades de Hondarribia, Irún (por párte sur) e a vasco-francesa de Hendaya (na beira este) configurando un consorcio transfronterizo coñecido como Bidasoa-Txingudi.

A primitiva ubicación de Hondarribia era unha pequena altura que dominaba a bahía, aínda que na actualidade a cidade creceu polos terreos de chaira que a rodeaban. Estes terreos próximos á bahía eran antigamente marismas e areais que foron desecados en gran parte e cubertos de hortas. Actualmente están suxeitos a unha gran presión demográfica e de construción de edificios. Aínda subsisten vestixios da antiga condición da zona e consérvanse algunhas zonas lacustres, así como canles.

Cara ao sudoeste o término municipal de Hondarribia prolóngase por unha zona de outeiros baixos de escasa altitude que están drenados por pequenos afluentes do Bidasoa entre os que destaca a regata de Jaizubia.

Polo noroeste, o panorama cambia totalmente xa que se atopa a mole do Monte Jaizquibel (Jaizkibel). Este monte corre paralelo ao mar Cantábrico deste a oeste cunha altura media de 400 metros, que ten o seu punto culminante no pico de San Enrique (547 metros) situado xusto no límite occidental do termo municipal. A costa está formada por acantilados coa excepción dalgunha pequena cala e ensenada. Polo sur cae de forma bastante escarpada cara á zona baixa do municipio antes comentada.

No límite oriental do monte e preto da poboación de Hondarribia atópase o Cabo Higuer, este accidente xeográfico que se pode considerar como o comezo (ou fin) do Jaizkibel ou do Pirineo protexe a Bahía de Txingudi e a praia de Hondarribia dos embates do mar Cantábrico.

Hondarribia conta cunha gran praia, situada entre Higuer e o lugar, que é o vestixio dos areais que outrora ocupaban gran parte da zona.

[editar] Barrios

Hondarribia ten dous barrios históricos que configuran a parte máis antiga e monumental do seu casco urbano:

  • A Parte Vella ou Casco Vello (en euskera Alde Zaharra, que se corresponde ao Casco Histórico amurallado. É un conxunto con numerosos edificios de interese artístico e histórico. Aquí viven máis de 1500 persoas.
  • O barrio da Mariña ou do Porto (en euskera Portua), que era o antigo barrio dos pescadores situado extra-muros e que presenta unha arquitectura de carácter popular con casas tradicionais de pescadores de cores vivas.

[editar] Outros barrios

  • Acartegui (Akartegi).
  • Amute-Kosta : o barrio de Amute se ubica na Bahía de Txingudi xunto ás pistas do aeroporto. Ten máis de 630 veciños. O barrio de Kosta se ubica tamén preto da bahía e do aeroporto. Ten uns 350 veciños.
  • Arcoll (Arkolla).
  • Montaña (tamén chamado Gornutz): preto do cabo de Higuer.
  • Jaizubia: unha serie de urbanizacións residenciais nas zonas máis baixas do monte Jaizkibel e nas cercanías do campo de golf. Case 640 veciños.
  • Mendelu: está situado no límite co término municipal de Irún, entre leste e o barrio de Amute, do que está separado por unha canle. Ten algo máis de 630 veciños.
  • Puntal.
  • Semisarga (Zimizarga): uns 150 veciños. É un barrio de caseríos na subida a Jaizkibel.

[editar] Localidades limítrofes

Hondarribia limita ao sudoeste cos municipios de Pasaxes e Lezo, cos que comparte o monte Jaizkibel. Ao sur limita con Irún e ao leste co municipio vasco-francés de Hendaya. Hondarribia forma unha conurbación transfronteriza con estas dúas localidades veciñas. Hondarribia e Irún están separados por uns escasos 4,5 km e só hai 6,5 km do centro de Hondarribia ao de Hendaya (indo por estrada).

[editar] Historia

Os rastros máis antigos de presenza humana no termo municipal de Hondarribia remóntanse ao periodo do Eneolítico-Bronce. Trátase de varios dólmenes e cromlechs situados no monte Jaizkibel.

A tradición di que o rei visigodo Recaredo foi o fundador da poboación de Hondarribia, pero este feito semella bastante incerto. Hondarribia aparece mencionada nun texto escrito por primeira vez no século XIII como Undarribia, unha variante do seu nome vasco.

A fundación da poboación como vila realízase en 1203, cando o rei castelán Afonso VIII concédelle a Carta do Pobo e o Foro de San Sebastián. Este feito produciuse escasamente tres anos despois de que o Reino de Castela arrebatase Hondarribia ao Reino de Navarra.

Orixinalmente a xurisdicción de Hondarribia estendíase desde o río Bidasoa ata a Bahía de Pasaxes (entón Porto de Oiarso). Quedaban xa que logo dentro da súa xurisdicción Irún, Lezo, o val de Oiarzun, Rentería e Pasaxes de San Xoán. Estas localidades irían separándose co paso dos anos de Hondarribia, empezando por Rentería e Oiarzun no século XIV, seguindo por Irún en 1766, Pasaxes de San Xoán 1771 e finalmente Lezo en 1833.

Hondarribia tivo no momento da súa fundación un gran valor estratéxico para Castela. Por unha banda permitía establecer contacto terrestre entre Castela e Francia, país no que os monarcas casteláns contaban con feudos e importantes intereses; doutra banda permitía estrangular a saída natural de Navarra ao mar a través do río Bidasoa e para rematar brindaba a Castela un novo porto marítimo.

O emprazamento estratéxico de Hondarribia fronte a Francia e a presenza nas súas cercanías de vados que permitían cruzar o Bidasoa converteron a localidade nunha praza forte de importancia. A localidade foi amurallada (as murallas aínda se conservan hoxe en día) e sufriu numerosos asedios ao longo da súa historia. Cada vez que estalaba unha guerra que enfrontaba España con Francia, a localidade era a primeira en ser atacada polos franceses. Os asedios militares que viviu a vila durante a historia foron os seguintes:

  • En 1280 tropas do rei francés Felipe III o Atrevido, en guerra co rei castelán Afonso X o Sabio, intentan tomar sen éxito a vila.
  • En 1476 o rei Luís XI de Francia invade Guipúscoa e pon Hondarribia baixo sitio. É unha operación en apoio do rei portugués Afonso V e á súa muller e candidata ao trono de Castela Xoana a Beltranexa.
  • En 1521 o rei de Navarra, Enrique II, con axuda de Francia intenta recuperar o seu reino, arrebatado en 1512 por Fernando o Católico. As tropas navarras toman, tras 12 días de asedio a vila e o castelo de Hondarribia, o 18 de outubro de 1521. Posteriormente serían os casteláns quen ao mando do condestable de Castilla, Iñigo Fernández de Velasco cercaron A fortaleza que capitulou dous anos e medio despois, mediante negociación, tras unha concesión dunha amnistía por parte de Carlos I de España.
  • En 1638 no marco da Guerra dos Trinta Anos, Hondarribia sofre o seu asedio máis famoso. A fin deste asedio é celebrado cada ano polos seus habitantes co Alarde.
  • En 1719 durante as post-guerras da Guerra de Sucesión Española.
  • En 1794 é sitiada durante a Guerra da Convención.
  • En 1836 a vila é atacada durante as Guerras Carlistas por un corpo expedicionario británico.

[editar] Economía

Hondarribia é actualmente unha poboación de forte carácter residencial e turístico. O sector servizos ten un peso abafador na economía local.

[editar] Pesca

Hondarribia segue tendo un porto pesqueiro activo, o de maior importancia en Guipúscoa xunto co de Guetaria, aínda que o sector está sometido a unha forte crise desde hai décadas que fai que a súa importancia vaia decrecendo aos poucos. O peso da pesca na economía local vai decrecendo tamén co tempo. Os postos de traballo ligados directamente á mar roldan actualmente o 5% do emprego no municipio e pódese dicir que a pesca ten un peso similar no conxunto da economía local.

A principios da década de 1990 Hondarribia contaba cunha flota pesqueira de preto de 60 embarcacións e máis de 500 pescadores que desembarcaban anualmente 8000 toneladas de peixe nos peiraos da cidade.

En 2004 a flota reduciuse a unhas 35 embarcacións, que empregaban directamente a algo máis de 300 pescadores. A flota hondarribitarra está composta exclusivamente por barcos de baixura que se dividen entre embarcacións de superficie que capturan chicharro, verdel, anchoa e túnidos mediante a arte do cerco e embarcacións merluceras, dedicadas á pesca artesanal de pescada, chicharro e bonito na modalidade de pintxo-cana e á recolleita de algas. O volume de captruas é variable segundo o ano, en 2001 desembarcáronse no porto 9000 toneladas de peixe por valor de máis de 13 millóns de euros. Despois seguiron varias campañas moi malas, recuperándose parcialmente en 2004 con capturas de máis de 5000 toneladas de peixe por valor de 12 millóns e medio de euros.

Antigamente os barcos pesqueiros de Hondarribia amarraban na Bahía de Txingudi preto do mesmo corazón do lugar nos peiraos do barrio da Mariña. Actualmente, con todo, as actividades do porto pesqueiro trasladáronse ao denominado porto refuxio ubicado nas inmediaciones do Cabo de Higuer e a certa distancia do pobo, cuxas instalacións foron ampliadas e modernizadas nos últimos anos, para permitir que toda a actividade pesqueira se concentrase aquí.

O porto pesqueiro de Hondarribia atópase xestionado pola Cofradía de Mareantes de San Pedro, confraría de pescadores cuxa orixe remóntase a 1321. As instalacións portuarias son modernas e contan con sala de subastas, cámaras frigoríficas, balanzas de pesaxe, plataformas para a carga de camións, fábrica de xeo, etc. [[1]]

[editar] Administración

[editar] Demografía

Evolución demográfica 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005
4.345 5.175 5.570 6.181 5.994 7.363 8.581 10.471 11.276 13.524 14.946 15.955

Aínda que a poboación residente ao longo de todo o ano en Hondarribia é duns 16.000 habitantes, no verán a poboación aumenta notablemente xa que é unha localidade que conta con numerosas segundas residencias de veraneo.

[editar] Monumentos

O Casco Histórico de Hondarribia está declarado como Conxunto Monumental. Correspóndese co antigo recinto amurallado da vila. Aínda se conservan unha parte importante das murallas e baluartes que rodeaban o casco histórico de Hondarribia, así como as dúas portas de acceso á praza forte. No interior do casco histórico, as rúas forman un plano rectangular de rúas empedradas e belos edificios con balcóns de ferro forxado. No alto do promontorio onde se ubica o casco histórico áchase o denominado Castelo de Carlos V, xunto á Praza de Armas e a Igrexa parroquial.

[editar] Monumentos relixiosos

  • Igrexa parroquial de Santa María da Asunción e do Manzano: situada no corazón do casco histórico. Trátase dunha igrexa de estilo gótico con engadidos renacentistas. A súa construción iniciouse en 1474 e a igrexa consagrouse en 1549. A torre da igrexa que domina a paisaxe de Fuenterrabía foi construída a principios do século XVIII. No seu interior hai un pequeno museo. Está declarado como Monumento polo Goberno Vasco.
  • Ermida de Guadalupe: a ermida de Guadalupe atópase a media subida do monte Jaizkibel. A actual construción data de finais do século XVIII, aínda que un edificio anterior foi edificado xa no século XVI. No santuario venérase a imaxe da Virxe de Guadalupe, patroa da cidade. A historia da ermida está ligada á tradición da cidade e á súa festividade máis coñecida, o Alarde.

[editar] Monumentos civís

  • Castelo de Carlos V. (Parador). É o edificio máis significativo da cidade. Trátase dunha fortaleza de planta rectangular construída a finais da Idade Media na parte máis alta do promontorio onde se situaba Hondarribia. O nome que leva débese a que foi ampliada durante o reinado do emperador Carlos V, do que se di tamén que se hospedou neste castelo-palacio. En 1968 foi rehabilitado e transformado en Parador nacional, función que segue cumprindo na actualidade, sendo o único desta rede de hoteis estatais que se ubica na provincia de Guipúscoa.
  • Dentro do casco histórico hai varias casas-palacio de interese que están declaradas como munumento:
    • Palacio de Zuloaga, tamén chamada Casa de Torre Alta: é un palacio urbano situado no casco histórico. A maior parte do palacio é do século XVIII. Alberga a biblioteca municipal e o arquivo histórico. Está declarado como Monumento.
    • Casa Mugaretenea: Data de mediados do século XVI.
    • Palacio Eguiluz, tamén coñecido como Casa de Xoana a Tola. Data probablemente do século XVII, aínda que existe unha lenda que o dota de maior antigüidade e afirma que Xoana a Tola e Felipe o Fermoso hospedáronse neste palacio durante a súa viaxe de Flandes a Castela.
    • Casa Casadevante, de estilo barroco construído no século XVIII.
    • Casa Consistorial, de estilo barroco construída entre 1731 e 1740.
  • Dos numerosos elementos defensivos de carácter militar que se ubicaban no municipio de Hondarribia consérvanse os seguintes:
    • As Murallas da vila: que rodean o casco histórico munumental.
    • Portas de Santa María e de San Nicolás, de entrada á cidade amurallada.
    • Forte de Guadalupe: construído en 1900 preto da ermida de Gudalupe. Foi abandonado polo exército na década de 1970.
    • Castelo de San Telmo: situado nun acantilado xunto ao Cabo de Higuer para defender a entrada do Bidasoa dos ataques corsarios. Foi reformado no século XVIII.
    • Torreones do monte Jaizkibel: torres defensiva s situada s no monte Jaizkibel. Tres delas ubícanse dentro do municipio de Hondarribia. Atópanse en ruínas.
    • Forte de San Enrique: no monte Jaizkibel.
Casas no barrio do Porto
Casas no barrio do Porto

[editar] Barrio da Mariña

O barrio da Mariña ou do Porto (en euskera Portua) é o antigo arrabal da Magdalena, que estaba situado fóra das murallas da cidade. Era o tradicional barrio de pescadores. O máis destacable deste barrio son as súas casas tradicionais que están provistos de balcóns de madeira que actualmente píntanse de cores rechamantes e adórnanse con numerosas flores.

[editar] Cultura

No casco histórico da cidade tense rehabilitado o antigo polvorín que databa do século XVII e no seu interior ubícase actualmente un Centro de interpretación da cidade amurallada.

[editar] Gastronomía

É tradición que o 25 de abril (Día de San Marcos) as madriñas obsequien os seus afillados cunha opila de San Marcos (pastel de biscoito con ovos duros).

[editar] Deportes

O equipo de baloncesto feminino Hondarribia-Irun e o club de remo Hondarribia Arraun Elkartea son os dous clubs deportivos de maior prestixio da localidade.

O Hondarribia-Irun milita na Liga española de baloncesto feminino desde o ano 2003, téndose clasificado en varias ocasións para a disputa de competicións europeas.

Hondarribia conta cun equipo de remo de traíñas, Hondarribia Arraun Elkartea, sendo a súa traíña a "Ama Guadalupekoa" de cor verde. No ano 2005 gañou a Bandeira da Concha, unha das máis prestixiosas bandeiras do remo vasco. E en 2006 vencedor da liga San Miguel.

Hondarribia conta cun campo de golf, no que creceu o gran xogador de Hondarribia, José María Olazábal, que é un dos mellores golfistas do mundo e cun porto deportivo, onde deu os seus primeiros paseos en barco o medallista olímpico en Atenas Iker Martínez.

Un equipo de balonmán, ITE Hondarribia, que disputa a primeira división de balonmán.

[editar] Festas e tradicións

[editar] O Alarde de Hondarribia

As principais festas de Hondarribia celébranse do 7 ao 11 de setembro coincidindo coa festividade da Virxe de Guadalupe (8 de setembro), patroa da cidade.

O principal acto destas festas é o Alarde. O Alarde é un desfile de carácter cívico-militar no que participan boa parte dos veciños da localidade. Conmemórase o final do asedio de máis de tres meses ao que os franceses someteron a poboación durante a Guerra dos Trinta Anos en 1638. Na veciña localidade de Irún celébrase unha festa de características similares.

Desde 1996 colectivos de mulleres suscitan o seu dereito a participar no Alarde de Hondarribia(e no de Irún) como soldados, ademais de como cantineiras, que é o que fora ata a data o seu papel tradicional na festa. En Hondarribia, ademais das compañías do Alarde tradicional formouse unha compañía mixta de homes e mulleres chamada Jaizkibel.

[editar] Outras festas

  • En Semana Santa realízase unha Procesión de Venres Santo que se celebra polas rúas do casco antigo. Esta procesión chámase Procesión do Silencio e é unha das poucas procesións de Semana Santa que se conservan na provincia de Guipúscoa.
  • O 25 de xullo, festividad de Santiago Apóstolo celébrase a Festa da Kutxa, que celebra a toma de posesión dos cargos da Cofradía de Mareantes de San Pedro (confraría de pescadores de Hondarribia) que son renovados anualmente o 29 de xuño. Unha procesión adoita subir desde a sé da confraría no barrio da Mariña ata a igrexa parroquial situada no casco vello. Un mozo adoita presidir o desfile levando sobre a súa cabeza a arca (en euskera kutxa) onde se gardaban as actas da confraría.
  • o 15 de agosto celébranse as festas do barrio de Jaizubia pola festividade da Asunción.
  • o 4 de outubro son as festas do barrio de Amute (San Francisco de Asides).

[editar] Lecer

A praia de Hondarribia é moi ampla. Sitúase entre os portos deportivo e pesqueiro.

Para o lecer pola noite, os bares da rúa San pedro e do paseo Butrón. TAmén hai unha discoteca aberta toda a noite, a discoteca Truck, situada á beira do polideportivo e preto do porto deportivo.

[editar] Persoas soadas nacidas nesta localidade

  • Iker Martínez, ouro olímpico de vela, na categoría 49er nas olimpiadas de Atenas.
  • José María Olazábal (1966): xogador profesional de golf. Ganador de numerosos trofeos, entre eles o Masters de Augusta ou a Ryder Cup.
  • Juanito Alonso (1928): porteiro do Real Madrid durante os anos 1950.
  • Gabriel José de Zuloaga (?-1764): militar e administrador colonial. Foi gobernador e capitán xeral de Venezuela.
  • Unai Emery (1971): Ex futbolista e adestrador en primeira división do UD Almería.
  • "Kote" Pikabea (1970): Futbolista da Real Sociedade.
  • Joseba Llorente (1979) : Futbolista do Real Valladolid, da canteira da Real Sociedade.

[editar] Véxase tamén

  • Aeroporto de Donostia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -