Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade.
A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento.
|
Mapa coas sedes onde se xoga a Eurocopa
A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008) é a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA.
[editar] Organizadores
Os países organizadores son Austria e Suíza, que nunca antes se encargaran de acoller este torneo. É a segunda vez que a organización da Eurocopa se fai de maneira conxunta ((a primeira vez foi a Eurocopa 2000). A candidatura de Austria e Suíza foi elixida polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, por diante das candidaturas de Rusia, Hungría, Bosnia e Hercegovina-Croacia, Grecia-Turquía, Escocia-Irlanda e unha candidatura conxunta de Escandinavia composta por Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia.
Os encontros despútanse entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008. A fase clasificatoria desenvolveuse ao longo dos anos 2006 e 2007.
A copa entregada ao campión da Eurocopa, xunto ás mascotas do evento, Trix e Flix.
Son dúas, chamadas Trix e Flix. Son dous rapaces vestidos coas camisetas das seleccións de Austria (branca) e Suíza (vermella), e cos pelos peiteados en crista, semellando os Alpes. Os nomes puxéronllelos logo dunha votación aberta á participación dos cidadáns suízos e austríacos. As posibilidades eran:
- Zagi e Zigi
- Flitz e Bitz
- Trix e Flix
Co 36,3% dos votos, Trix e Flix foron os escollidos.
O St. Jakob Park da cidade
suíza de
Basilea acolleu o partido inaugural.
Cada sede acollerá tres partidos da primeira fase, e o partido inaugural xogarase en Basilea. Na segunda rolda, os partidos xogaranse entre Basilea e Viena, con 2 cuartos de final e unha semifinal en cada un, mentres a final terá lugar na capital austríaca.
Cidade |
Estadio |
Capacidade |
Basilea |
St. Jakob Park |
42.500 |
Berna |
Estadio de Suíza Wankdorf |
32.000 |
Xenebra |
Estadio de Xenebra |
30.000 |
Zúric |
Estadio Letzigrund |
30.000 |
Innsbruck |
Novo Estadio Tivoli |
30.000 |
Klagenfurt |
Estadio Wörthersee |
30.000 |
Salzburgo |
Estadio Wals Siezenheim |
30.000 |
Viena |
Estadio Ernst Happel |
50.000 |
[editar] Equipos participantes
Para a clasificación á Eurocopa 2008 realizouse un torneo previo entre setembro de 2006 e novembro de 2007. Para isto sorteáronse en Montreux, Suíza, o 27 de xaneiro de 2006 sete grupos clasificatorios, onde os dous primeiros de cada un clasificaron para a rolda final. Austria e Suíza clasificáronse automaticamente ao seren os organizadores.
O sorteo para a fase final da competición efectuouse o 2 de decembro de 2007. As 16 seleccións clasificadas foron dispostas en catro bombos en función do seu coeficiente UEFA. No primeiro bombo colocáronse Austria e Suíza, anfitrións desta edición, Grecia, campión vixente, e os Países Baixos, a selección con maior coeficiente UEFA. Croacia, Italia, República Checa e Suecia quedaron no segundo bombo, mentres que o terceiro quedou composto por Alemaña, España, Portugal e Romanía. Finalmente, o cuarto bombo estivo conformado por Francia, Polonia, Rusia e Turquía.
Destes, os equipos polaco e austríaco é a primeira vez que desputan a fase final dunha Eurocopa.
Equipos participantes |
Alemaña |
Francia |
Portugal |
Rusia |
Austria |
Grecia |
Polonia |
Suecia |
Croacia |
Italia |
República Checa |
Suíza |
España |
Países Baixos |
Romanía |
Turquía |
[editar] Calendario e resultados
[editar] Fase de grupos
7 de xuño - Basilea |
Suíza |
0 |
República Checa |
1 |
7 de xuño - Xenebra |
Portugal |
2 |
Turquía |
0 |
11 de xuño - Xenebra |
República Checa |
1 |
Portugal |
3 |
11 de xuño - Basilea |
Suíza |
1 |
Turquía |
2 |
16 de xuño - Xenebra |
Suíza |
2 |
Portugal |
0 |
16 de xuño - Xenebra |
República Checa |
2 |
Turquía |
3 |
9 de xuño - Zúric |
Romanía |
0 |
Francia |
0 |
9 de xuño - Berna |
Países Baixos |
3 |
Italia |
0 |
13 de xuño - Zúric |
Italia |
1 |
Romanía |
1 |
13 de xuño - Berna |
Francia |
1 |
Países Baixos |
4 |
17 de xuño - Berna |
Países Baixos |
2 |
Romanía |
0 |
17 de xuño - Zúric |
Italia |
2 |
Francia |
0 |
Equipo |
Pts |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
Dif |
España |
6 |
2 |
2 |
0 |
0 |
6 |
2 |
4 |
Suecia |
3 |
2 |
1 |
0 |
1 |
3 |
2 |
1 |
Rusia |
3 |
2 |
1 |
0 |
1 |
2 |
4 |
-2 |
Grecia |
0 |
2 |
0 |
0 |
2 |
0 |
3 |
-3 |
10 de xuño - Innsbruck |
España |
4 |
Rusia |
1 |
10 de xuño - Salzburgo |
Grecia |
0 |
Suecia |
2 |
14 de xuño - Innsbruck |
Suecia |
1 |
España |
2 |
14 de xuño - Salzburgo |
Rusia |
1 |
Grecia |
0 |
18 de xuño - Salzburgo |
Grecia |
|
España |
|
18 de xuño - Innsbruck |
Suecia |
|
Rusia |
|
[editar] Fase eliminatoria
[editar] Estatísticas
[editar] Goleadores
- 4 goles
David Villa
- 3 goles
Lukas Podolski
Hakan Yakin
- 2 goles
Robin van Persie
Wesley Sneijder
Zlatan Ibrahimović
Arda Turan
Nihat Kahveci
- 1 gol
|
- 1 gol (cont.)
Ivica Olić
Darijo Srna
Jan Koller
Jaroslav Plašil
Libor Sionko
Václav Svěrkoš
Thierry Henry
Michael Ballack
Christian Panucci
Andrea Pirlo
Daniele De Rossi
Giovanni van Bronckhorst
Dirk Kuyt
Ruud van Nistelrooy
Arjen Robben
Klaas-Jan Huntelaar
|
- 1 gol (cont.)
Roger Guerreiro
Deco
Raul Meireles
Pepe
Ricardo Quaresma
Cristiano Ronaldo
Adrian Mutu
Roman Pavlyuchenko
Konstantin Zyrianov
Cesc Fàbregas
Fernando Torres
Petter Hansson
Semih Şentürk
|