See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
El Niño - Wikipedia

El Niño

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

El Niño e La Niña son alteracións significativas de curta duración (12 a 18 meses) na distribución da temperatura da superficie da auga do Océano Pacífico, con profundos efeitos no clima. Estes eventos modifican un sistema de flutuación das temperaturas daquel océano chamado Oscilación Sur e, por esa razón, son referidos moitas veces como OSEN (Oscilación Sur-El Niño – ver embaixo). O seu papel no quencimento e enfriamento global é unha área de intensa investigación, aínda sen un consenso.

El Niño foi orixinalmente recoñecido por pescadores da costa oeste da América do Sur, observando as baixas capturas, asociadas á ocorrencia de temperaturas máis altas do normal no mar, normalmente no fín do ano – de aí a designación, referíndose ao “Neno Xesús”, relacionado co Nadal.

Durante un ano “normal”, ou sexa, sen a existencia do fenómeno El Niño, os ventos alíseos sopran na dirección oeste a través do Océano Pacífico tropical, orixinando un exceso de auga no Pacífico occidental, de xeito que a superficie do mar é preto de 1/2 metro máis alta nas costas da Indonesia que no Ecuador. Isto provoca a resurxencia de augas profundas, máis frías e carregadas de nutrientes na costa occidental da América do Sur, que alimentan o ecosistema mariño, promovendo inmensas poboacións de peixes – a pescaría de anchoveta no Chile e Perú xa foi a maior do mundo, cunha captura superior a 12 millóns de toneladas por ano. Estes peixes, pola súa vez, tamén serven de sustento aos paxaros mariños abundantes, cuxas feces depositadas en terra, o guano, serven de materia prima para a industria de fertilizantes.

Cando acontece un El Niño, que ocorre irregularmente en intervalos de 2 a 7 anos, cunha media de 3-4 anos, os ventos sopron con menos forza en todo o centro do Océano Pacífico, resultando nunha diminución da resurxencia de augas profundas e na acumulación de auga máis quente do normal na costa oeste da América do Sur e, consecuentemente, na diminución da productividade primaria e das poboacións de peixe.

Outra consecuencia dun El Niño é a alteración do clima en todo o Pacífico ecuatorial: as masas de ar quentes e húmidas acompañan a auga máis quente, provocando choivas excepcionais na costa oeste da América do Sur e secas na Indonesia e Australia. Pensase que este fenómeno é acompañado pola deslocación de masas de ar a nivel global, provocando alteracións do clima en todo o mundo. Por exemplo, durante un ano con El Niño, o inverno é máis quente que a media nos estados centrais dos Estados Unidos, en canto que nos do sur hai máis choiva; por outro lado, os estados do noroeste do Pacífico (Oregon, Washington, Columbia Británica) teñen un inverno máis seco. Os veráns excepcionalmente quentes na Europa e as secas en África parecen estar igualmente relacionadas co aparecimento do El Niño.

La Niña é o fenómeno inverso, caracterizado por temperaturas anormalmente frías, tamén no fín do ano, na rexión ecuatorial do Océano Pacifico, moitas veces (mais non sempre) seguindo a un El Niño. Tamén xa foi denominado como “El Viejo” ( ou sexa, a antítese do “neno”) ou aínda o “Anti-El Niño”.

[editar] OSEN (Oscilación Sur-El Niño)

A Oscilación Sur é a flutuación interanual da presión atmosférica ao nivel do mar no Océano Pacífico, debida a variacións na circulación atmosférica. Normalmente, os ventos alíseos sopran para sudoeste (no hemisferio sur), levando a auga da superficie do mar aquecida na rexión do ecuador para a costa da Indonesia e Australia e, con ela, masas de ar tamén aquecidas. No entanto, a forza dos ventos varía dun ano para outro, provocando diferenzas na temperatura e pluviosidade dos varios continentes á beira daquel océano.

Aparentemente, estas variacións tamén se rexistran nos restantes océanos, mais ficaron máis coñecidas polas anomalías coñecidas polo nome “El Niño”, que foron descobertas no Océano Pacífico. Por esa razón, as anomalias pasaron a ser estudadas en termos de prever a ocorrencia daquel evento e moitas veces úsase a expresión OSEN (Oscilación Sur-El Niño ou ENSO, da expresión en inglés) como sinónimo do El Niño ou da Oscilación Sur e aplícase a anomalias do clima e da circulación mariña en calquer océano – os fenómenos OSEN do Océano Atlántico ocorren 12-18 meses despois de ocorreren no Pacífico.

A Oscilación Sur é acompañada a través do Índice de Oscilación Sur (IOS ou SOI, en inglés), que é a diferenza normalizada entre a presión atmosférica medida no Tahití (na Polinesia Francesa) e en Darwin, na Australia. Un valor alto do IOS (grande diferenza de presións) significa ventos máis fortes que a media e normalmente está asociado a unha situación de “La Niña”, ou sexa, auga con temperatura superficial máis fría que a media na costa occidental da América do Sur, e vice-versa.

Unha vez que estes fenómenos teñen unha grande influencia no clima, provocando secas ou cheas e, polo tanto, afectando a agricultura e, en xeral, a economía dos países, o estudo da Oscilación Sur e das súas anomalias ou OSEN, ten unha grande importancia, non só para a economía mundial, mais tamén para a comprensión dos fenómenos climáticos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns Externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -