See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Delta fluvial - Wikipedia

Delta fluvial

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Delta do río Nilo, visto dende a órbita da terra
Delta do río Nilo, visto dende a órbita da terra

Denomínase delta ó territorio triangular formado na desembocadura dun río, mediante a acumulación de sedimentos que se depositan a medida que a corrente do río vai desaparecendo. Está composto por brazos fluviais que separan ás illas en que se viñeron depositando os sedimentos carretados por ese río, ó chegar ó mar, océano ou lago. Os depósitos dos deltas dos ríos máis grandes caracterízanse polo feito de que o río se divide en múltiples brazos que se abren e se xuntan para formar un cúmulo de canles activas e inactivas.

O delta máis famoso é o do río Nilo, e é de onde procede o nome co que denominamos a este tipo de desembocadura, pois dito río ten unha desembocadura de forma marcadamente triangular, que o asemella moito á forma da letra grega Delta , motivo polo cal foi así amentado polo historiador Heródoto .

[editar] Xénese dun delta

Este delta formouse na costa sueste de Grenlandia, preto de Narsarsuaq.
Este delta formouse na costa sueste de Grenlandia, preto de Narsarsuaq.

O delta fórmase pola deposición, nun espazo que adoita tomar unha forma triangular, do material arrastrado polos ríos ó se producir unha diminución brusca da velocidade do fluxo, que pode ser causada pola súa desembocadura no mar, nun lago, ou noutro río máis ancho e incluso nos océanos, aínda que isto último é menos frecuente.

Os deltas e os esteiros constitúen as dúas formas principais de desembocadura dos ríos nos mares, océanos, lagos ou noutros ríos máis grandes. A súa presenza nas desembocaduras está orixinada pola amplitude das mareas: cando as mareas son moi intensas, a desembocadura dos ríos nos océanos adoitan ser do tipo de esteiro xa que durante a preamar, se represan as augas do río, mentres que na baixamar se produce unha grande aceleración da velocidade das augas, o cal dá orixe a unha especie de limpeza do cauce que impide a acumulación dos sedimentos que forman as illas no caso dos deltas. É polo mesmo que os deltas acontecen máis nos lagos, mares e ata en ríos grandes, onde as augas non sofren a acción das mareas, ca no caso dos océanos abertos.

O delta do río Ganxes, na India e Bangladesh é unha das rexións máis fértiles da terra.
O delta do río Ganxes, na India e Bangladesh é unha das rexións máis fértiles da terra.

Así a todo, existen excepcións a esta regra, coma no caso do Delta do Orinoco en América do Sur e do Níxer en África, que son lugares onde a acción das mareas é moito menos importante ca nas latitudes medias.

Naqueles lugares en que a formación do delta está dominado polo río e está menos suxeito á acción das mareas, pódese formar un delta con forma polilobular. O delta do río Mississippi é un exemplo deste tipo de formacións.

Nalgúns casos bastante pouco habituais, o delta se encontra nun val moi longo e coñécese como delta fluvial invertido. Ás veces un río divídese en moitas ramas nunha área terra dentro, só para volver a se xuntar e continuar ata o mar. Isto adoita ocorrer en zonas en que antigamente puido haber un lago. O caso máis notable deste tipo é o delta interior do río Níxer.

O material que forma o delta é bastante variado, podendo estar formado por unha mestura de arxila, limo, area. Estes materiais poden ser arrastrados pola corrente en función da velocidade desta, e se amorearse ou non, segundo sexa a maior ou menor intensidade das mareas.

O solo dos deltas é xeralmente fértil aínda que algunhas veces teñen un nivel de sal algo elevado.

[editar] Deltas famosos

Arrozais no delta do Ebro
Arrozais no delta do Ebro

A continuación móstrase unha lista con algúns dos deltas máis famosos:



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -