See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Boeing - Wikipedia

Boeing

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Boeing 777, un dos modelos máis recentes do fabricante
Boeing 777, un dos modelos máis recentes do fabricante

Boeing é un dos principais fabricantes de avións e equipos aeroespaciais do mundo. O seu nome completo é Boeing Commercial Airplanes Co. e a súa sede central atópase na cidade de Chicago. As súas maiores fábricas están situadas nos arredores da cidade de Seattle, no estado de Washington.

Índice

[editar] Historia

A compañía, orixinalmente chamada "B&W", foi fundada por William Edward Boeing e George Conrad Westervelt en 1916. Ao ano seguinte xa adquiríu o nombre de "Boeing Airplane Company". William E. Boeing estudara na universidade de Yale e traballara inicialmente no sector da madeira, onde se convertíu nun hombre acaudalado, e onde adquiríu coñecementos sobre estruturas de madeira que máis tarde resultaríanlle de utilidade para a construción de avións. A compañía fundouse nun veello graneiro feito de madera que era denominado o "graneiro vermello" (Red Barn).

En 1934 Boeing xa era unha compañía moi grande, e William E. Boeing optou por vender todas as súas participacións a raíz da lei que se promulgara despois da gran depresión, que obrigaba ás empresas de certa dimensión a dividirse en varias unidades máis pequenas e independentes.

Pouco después a compañía estableceu un acuerdo coa Pan American World Airways para desenvolver e construír un hidroavión civil, capaz de transportar pasaxeiros en rutas transoceánicas e deseñado para utilizar a auga como pista de aterraxe. En xuño de 1938 o novo avión, denominado Boeing 314 Clipper, realizou o seu primeiro voo. Foi o maior avión da súa época, no que tiñan cabida 90 pasaxeiros en voos de día e 40 en voos nocturnos. Un ano máis tarde inaugurouse o primeiro servizo regular entre a costa leste dos Estados Unidos e Inglaterra. A partir de entón foron establecéndose outras rutas de longo alcance co Clipper, ata que Pan American dispuxo de voos a destinos en todo o mundo.

[editar] Boeing na Segunda Guerra Mundial

Durante a Segunda Guerra Mundial Boeing construíu unha cantidade xigantesca de bombardeiros. Moitos dos seus traballadores foron mulleres de homes que foran á guerra. Nos comezos de marzo de 1944 a produción incrementárase de tal xeito que cada mes saían da fábrica 350 avións. Para previr un ataque dende o aire, os edificios das fábricas foron cubertos con vexetación e elementos do campo a modo de camuflaxe.

Durante os anos de guerra, as principais compañías estadounidenses fabricantes de avións colaboraron estreitamente, de modo que o bombardeiro B-17 Flying Fortress de Boeing foi ensamblado tamén por Lockheed e por Douglas; mentres que o B-29 Superfortress foi ensamblado por Bell e por Martin.

Finalizada a guerra foron cancelados todos os pedidos de bombardeiros e 70.000 traballadores de Boeing atopáronse sen emprego. A compañía fixo todo o posible para xerar novas vendas, para o cal fabricou o Stratocruiser, un avión de pasaxeiros baseado nun avión militar. Non obstante, este modelo non tivo o éxito agardado, polo que Boeing tivo que buscar outras alternativas para superar a crise. Conseguíuno en boa medida mediante a venda de avións militares deseñados para o transporte de tropas e como avións nodriza que permitían a outros avións repostar no aire.

[editar] O motor de reacción

A mediados dos anos 50 a tecnoloxía avanzou significativamente, o cal permitiu a Boeing desenvolver produtos totalmente novos e innovadores. Un dos primeiros foi un mísil teledirixido de curto alcance, deseñado para respostar a ataques de avións inimigos. Nestes anos a Guerra Fría xa era un feito, e Boeing utilizou os seus coñecementos de mísiles de curto alcance para desenvolver un intercontinental.

Boeing introduciu en 1955 o primeiro avión comercial de reacción dos Estados Unidos. Previamente xa apareceran dous avións deste tipo en Europa, o Comet fabricado no Reino Unido, e o Caravelle, fabricado en Francia. Co novo avión, o 707, Boeing converteuse no líder dos fabricantes de reactores para pasaxeiros. Tratábase dun avión cuatrimotor con capacidade para 156 pasaxeiros e destinado a rutas longas. Pouco despois Boeing desenvolveu una segunda versión deste avión, o 720, para rutas máis curtas, e uns anos máis tarde apareceu o 727, un avión de capacidade semellante, pero dotado de tres motores, e concebido para rutas medias e curtas. Este avión tivo de inmediato unha acollida moi positiva polas compañías aéreas, polos pilotos e polos pasaxeiros pola súa comodidade e fiablidade. Aínda que en 1984 deixou de fabricarse, a comenzos do século XXI todavía atopábanse en servizo uns 1.300 727 en todo o mundo.

[editar] Avións civís

  • Boeing B-40
  • Boeing B-80
  • Boeing Monomail
  • Boeing 247
  • Boeing 307 Stratoliner

[editar] Avións militares

B-17 (en primeiro plano) e B-52 voando xuntos
B-17 (en primeiro plano) e B-52 voando xuntos
  • Boeing B-29 Superfortress
  • Boeing B-47 Stratojet
  • Boeing B-50 Superfortress
  • B-52 Stratofortress
  • Boeing B-52G/H Stratofortress
  • Boeing C-17A Globemaster
  • Boeing C-97 Stratofreighter
  • Boeing E-3 Sentry
  • Boeing E-4 Air Force One
  • E-6 Mercury
  • Boeing EC/RC-135
  • Boeing KC-135 Stratotanker

[editar] Ligazóns externas

Páxina de Boeing en España Páxina de Boeing


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -