See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Bandeira da Unión Europea - Wikipedia

Bandeira da Unión Europea

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bandeira de Unión Europea
Bandeira de Unión Europea
Uso
...
[[Imaxe:FIAV {{{Uso}}}.svg|20px]]Image:FIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 26 de mayo de 1986
Cores      Azul Pantone Reflex Blue

     Amarelo Pantone Yellow

A bandeira da Unión Europea consta de doce estrelas douradas sobre fondo azul e está vencellada á representación da Unión Europea. Nun comezo, sería o símbolo empregado polo Consello de Europa, quen adoptaría a bandeira o 8 de decembro de 1955 inspirándose probablemente nalgún dos múltiples deseños que se atribúen a Arsène Heitz, pintor de Estrasburgo, co propósito manifesto de que fose utilizada polo maior número de organizacións posible, fomentando así a integración de Europa.

Índice

[editar] Historia

Madonna en Gloria (Carlo Dolci, c. 1670)
Madonna en Gloria (Carlo Dolci, c. 1670)

En 1955 a Unión Europea existía soamente baixo a forma de Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (formada por seis Estados membros). Pero o Consello de Europa, que tiña un maior número de membros, creouse varios anos antes co obxectivo de defender os dereitos humanos e promover a cultura e integración de Europa. Deste xeito, o Consello de Europa adoptaría o actual deseño e fomentaría a súa utilización por parte doutras institucións europeas.

Coincidindo co centenario do nacemento de Robert Schuman, a Comunidade Europea (CE) adoptouna o 26 de maio de 1986, pasando a ser empregada por todas as institucións europeas. Máis tarde, logo da firma do Tratado de Maastricht en 1992 polo que se establecía a Unión Europea, o emblema pasou a ser parte integrante das institucións vencelladas á UE, así como as vencelladas ao Consello de Europa. Algunhas asociacións católicas sosteñen que a bandeira europea está baixo a influencia da arte relixiosa católica. En verdade, Arsène Heitz, o deseñador da bandeira, segundo o seu testemuño, dixo que se inspirou no halo duodecaestelado co que a arte relixiosa católica representaba á Virxe María (Apocalipse 12:1).[1] Particularmente inspirouse na representación vista na capela da Medalla Milagrosa en París: a Virxe María con manto azul, rodeada de doce estrelas.

[editar] Deseño

Deseño da bandeira
Deseño da bandeira
  • Deseño e proporción da estrela: A estrela debe obterse a partir dun pentágono regular, alongando cada un dos lados da figura para crear as puntas. Así, cada punta será un triángulo equilátero que posúe un lado común con respecto ao pentágono orixinal. Cada unha das estrelas terá, segundo o devandito, cinco puntas. O tamaño da estrela virá determinado polo raio da circunferencia na que queda inscrita, do xeito que tal radio será 1/3 con respecto á lonxitude da diagonal do rectángulo da bandeira.
  • Deseño e proporcións da bandeira: A bandeira será un rectángulo cuxa base terá unha lonxitude dunha vez e media a altura. As diagonais do rectángulo coincidirán cun dos lados de catro dos pentágonos que darán lugar ás estrelas.
  • Ubicación das estrelas: As doce estrelas de cinco puntas están dispostas en círculo, de xeito que a súa localización responde á situación das horas na esfera dun reloxo. Así, cada estrela deberá de ter unha separación igual con respecto ás dúas máis próximas, e gardar unha equidistancia con respecto ao centro da circunferencia. A distancia entre o centro da estrela cincunscrita e o centro da circunferencia que trazan as doce estrelas deberá de ser un sexto da lonxitude da diagonal do rectángulo da bandeira.
  • Orientación das estrelas: A orientación das estrelas debe seguir a mesma dirección trazando así sete liñas paralelas respecto da altura da bandeira, así como perpendiculares con respecto á liña que marca o ancho da bandeira.

[editar] Simboloxía

Círculo

  • Representación da unidade e da integridade.
  • Segundo a filosofía griega, o círculo representa o símbolo da perfección.
  • Símbolo de igualdade, xa que toda estrela garda igual distancia con respecto ao centro da circunferencia.

Número doce

  • Doce é o número de países integrantes da Unión no ano 1986 cando se fixou definitivamente o deseño da bandeira.
  • O reloxo ten doce horas. A situación tradicional das horas coincide co deseño da bandeira.
  • O ano, segundo o calendario gregoriano, divídese en doce meses.
  • No Novo Testamento, Xesús rodeouse de doce apóstoles.
  • De vita Caesarum de Suetonio, crónicas sobre os doce primeiros césares da Roma imperial.
  • Os deuses maiores do Olimpo, segundo a mitoloxía grega, eran doce.
  • A base do Dereito romano foron, nas súas orixes, as doce táboas da lei.
  • O zodíaco está composto por doce signos.
  • As doce tribus de Israel.
  • O 12 é un número composto, que ten os seguintes factores propios: 1, 2, 3, 4 e 6. Como a suma dos seus factores é 16 > 12, trátase dun número abundante.
  • O poliedro de 12 caras recibe o nome de dodecaedro. O dodecaedro regular ten as caras en forma de pentágonos regulares, e dentro del se pode inscribir un icosaedro regular.
  • A Lúa xira arredor da Terra doce veces por ano.
  • Utilización tradicional do sistema duodecimal no canto do sistema métrico decimal.
  • Os doce traballos de Hércules na mitoloxía grega.

[editar] Erros frecuentes

Os erros máis frecuentes á hora de representar a bandeira da Unión Europea adoitan consistir na adición dun maior número de estrelas ao conxnto, debido á falsa crenza de que cada estrela representa un Estado. A pesar diso, coas recentes ampliacións e co número cada vez maior de estados que pertencen á UE, é un erro que vai caendo pouco a pouco en desuso.

Outro dos fallos que máis se cometen consiste en situar un número correcto de estrelas, na posición adecuada, pero orientadas erroneamente. As estrelas haberán de trazar unha liña perpendicular respecto á base cunha punta superior, non podendo ter, baixo ningún concepto, orientacións distintas. É frecuente ver as estrelas representadas rotando dependendo da súa posición na circunferencia.

[editar] Curiosidades

O deseño fixo que algúns destaquen a súa similitude coa bandeira da Unión internacional paneuropea, institución fundada a comezos do século XX para promover a unidade europea.

Tamén hai quen sobresae a semellanza da bandeira coa que orixinariamente utilizou os Estados Unidos, cuxa composición era circular debido ao reducido número de estados que compoñían o país. A pesares diso, aquela bandeira posuía trece estrelas.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -