Paralelismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na lírica, o paralelismo é unha figura estilística consistente en estruturar unha composición en varios conxuntos seguindo o mesmo esquema. Lógrase coa repetición de estruturas formais e/ou semánticas. É o esquema típico da cantiga peninsular. Baséase nunha máxima repetición cunha mínima información que se amplía e matiza coa variación.
Na lírica galego-portuguesa medieval o paralelismo desenvolvíase facendo que os versos da primeira cobra (aquilo que non é refrán dentro da estrofa) fosen semellantes ós da segunda cobra; e así sucesivamente, agrupando as estrofas de dúas en dúas.
Índice |
[editar] Sistemas de repetición
O principal é o refrán.
- Repetición literal ou verbal, repetición de palabras
- Repetición estrutural, repetición sintáctica e rítmica
- Repetición semántica, repetición de ideas ou conceptos.
[editar] Tipos de paralelismo
- Paralelismo imperfecto
- En cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións, se ben estes pares non están relacionados entre si. O esquema seguido é abR-a'b'R/cdR-c'd'R.
- Paralelismo perfecto
- En cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións e, ademais, estes pares están encadeados normalmente polo procedemento do "leixa-pren" (o segundo verso da primeira estrofa é o primeiro da terceira, o segundo da segunda é o primeiro da cuarta, etc.). Só aparece en cantigas con estrutura de dístico. O esquema seguido é abR-a'b'R/bcR-b'c'R/cdR-c'd'R...
[editar] Sistemas de variacións
Unida á repetición atópanse variacións que permiten a progresión do pensamento e evitan a monotonía externa que se puder derivar do paralelismo. Aparecen dentro do paralelismo literal e respostan a tres tipos básicos:
- Por sinonimia ou semi-sinonima (dormir / folgar, ferir / tirar)
- Por alteración sintáctica (andar vi / vi andar)
- Por equivalencia semántica, mediante a negación do concepto oposto (leixa-las guarir / non as quer matar)
O paralelismo pode ser por repetición ou por substitución
[editar] Exemplos de paralelismo por inversión e por substitución
[editar] Paralelismo por substitución
Nunha cantiga de amor (o normal é que se dea na cantiga de amigo)
-
-
-
-
- Em Lixboa, sobre lo mar
-
-
-
-
-
-
-
- barcas novas mandei lavrar,
-
-
-
-
-
-
-
- ai mia senhor querida.
-
-
-
-
-
-
-
- Em Lixboa, sobre lo ler
-
-
-
-
-
-
-
- barcas novas mandei fazer,
-
-
-
-
-
-
-
- ai mia senhor querida.
-
-
-
-
-
-
-
- ... (Joan Zorro)
-
-
-
[editar] Paralelismo por inversión
-
-
-
-
- Mandad'ei comigo,
-
-
-
-
-
-
-
- ca ven meu amigo;
-
-
-
-
-
-
-
- e irei, madr', a Vigo
-
-
-
-
-
-
-
- Comigu'ei mandado,
-
-
-
-
-
-
-
- ca ven meu amado;
-
-
-
-
-
-
-
- e irei, madr', a Vigo
-
-
-
-
-
-
-
- ... (Martín Codax)
-
-
-
[editar] Outros exemplos
- En Otero Pedrayo (Os señores da terra). Construcións paralelísticas:
-
-
-
-
-
- En Santos a trasfega e a cobranza das rendas do viño, acabazado ou non. No inverno a decota dos valentes carballos, a matanza dos porcos. (páxina 82)
- ...criados e criadas, rapaces e rapazas [...] xente de axuda e de xornal (páxina 82).
-
-
-
-
- No soneto, de Miro Villar, Miro os meus dedos orfos:
-
-
-
-
-
- Miro os meus dedos (verso 1) / Miro nos meus dedos (verso 5)
- Todo agora é silencio (versos 9 e 12)
-
-
-
-
Véxase Figuras estilísticas