Novo Testamento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámase Novo Testamento a unha parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que descreben os primeiros tempos do cristianismo e un Apocalipse, o de Xoán.
O termo é unha tradución do Latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Η Καινη Διαθηκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para descreber as súas relacións con Deus (vexa II Coríntios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o cánone de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.
Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito en un curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco mais.
[editar] Libros do Novo Testamento
Ademais dos catro evanxeos, inclue os seguintes libros:
- Actos, de autoria atribuída a Lucas relata a historia dos primeiros cristiáns após a morte de Cristo.
- Romanos - Paulo
- I Corintios - Paulo
- II Corintios - Paulo
- Gálatas - Paulo
- Efesios - Paulo
- Filipenses - Paulo
- Colosenses - Paulo
- I Tesalonicenses - Paulo
- II Tesalonicenses - Paulo
- I Timóteo - Paulo
- II Timóteo - Paulo
- Tito - Paulo
- Filemon - Paulo
- Hebreos - anónima, tradicionalmente atribuída a Paulo.
- Santiago - Santiago.
- I Pedro - Pedro
- II Pedro - Pedro (alguns estudiosos actualmente acreditan que teña tido un outro autor)
- I Xoán - Xoán (as epístolas xoaninas son ocasionalmente atribuídas a membros da sua comunidade de discípulos, embora esta primeira carta se asemelle bastante ao estilo e vocabulário do evanxeo atribuído a Xoán)
- II Xoán - Xoán
- III Xoán - Xoán
- Xudas - Xudas, irmán de Santiago.
- Apocalipse - Tradicionalmente identificado con Xoán o evanxelista.